Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

PADRIÑOS LECTORES: "O libro dos Porcos"

 

Esta semana os nosos padriños lectores, Saray e Román, prepararon " O libro dos Porcos" para os máis pequenos. Un contiño para reflexionar sobre o importante que é a colaboración para ter unha vida mellor!

8 DE MARZO: "AS MULLERES DA NOSA VIDA "

O alumnado de 3º de primaria conmemorou o 8 de marzo con entrevistas baixo o lema "As mulleres da nosa vida".

Aquí unha pequena mostra do resultado:

OBRADOIROS 8M: Día da Muller Traballadora

Con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, a axente de igualdade do Concello de Vimianzo, Xiomara Lazo, ofreceu para o alumnado de primaria obradoiros sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no Concello de Vimianzo.

 

 

 

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: COMO MOTIVAR AO ALUMNADO?

O  pasado mércores  1 de marzo  tivemos no centro un obradoiro para as familias sobre como motivar ao alumnado. Este realizouse da man da nosa compañeira Alba Vieites Lestón, autora do libro "Quiero ir al Cole: Herramientas y recursos para motivar al alumnado"- Saralejandría Ediciones.

Moitas grazas ás familias que asistiron e mostraron o seu interese por participar.

 

SEMANA DA PRENSA

 

 

                

 

 

 

ENTROIDO 2023

Así celebramos este 2023 e nosa semana de Entroido. O peche da semana foi cun estupendo desfile inspirado en contos e películas infantís.

Que ben o pasamos!!

CLUB DE LECTURA

Esta semana o club de lectura" Biblioleo" recoméndanos "Operación salvar salchicha" para pasar uns momentos moi divertidos:

 

LECTURAS DA SEMANA

Esta semana as nosas madriñas lectoras prepararon un contiño:  "Paco". Un ratiño que só precisaba un abrazo para ser feliz:

 

CONTACONTOS DA SEMANA

Esta semana e para todo infantil "Guapa", un contiño que nos ensina a valorarnos tal e como somos.

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz, o luns 30 de xaneiro, Javier Sampedro e Soraya Lema representaron no noso centro unha obra teatral con acompañamento musical, que nos invita a reflexionar sobre a importancia da paz no mundo. 

Ademais, coa colaboración de todo o alumnado do centro, construimos o noso " Muro da Paz" con bonitos mensaxes reivindicativas polo Día da Paz.

A continuación unha pequena mostra en imaxes:

 

    

Distribuir contido