Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2022

Aquí vos deixamos unha pequna mostra do noso Festival de Fin de Curso 2021/2022

 

COIDA DO PLANETA

O alumnado de 3º de primaria foi facer un tramo do Camiño dos Faros (de Camelle a Traba). Tamén aproveitou para deixar a praia aínda máis limpa do que a atopou.

GRAFFITI : "PASAR TEMPO XOGANDO NUNCA SERÁ TEMPO PERDIDO"

Para continuar co noso proxecto de centro "Arte-Natureza-Movemento", o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar, xunto con profesionais, na creación dun Graffiti que decora o patio de Educación Infantil co lema: " Pasar tempo xogando nunca será tempo perdido".

 

PLAN IGUALDADE DO CEIP PLURILINGÜE SAN VICENZO

Ao longo deste curso escolar iniciamos unha serie de actividades para levar a cabo o Plan de Igualdade do centro, coa intención de darlle continuidade nos vindeiros cursos. Este baséase nos seguintes principios:

  • Transversalidade: a igualdadede xénero como un principio transversal e sempre presente na nosa actividade educativa.
  • Sociedade igualitaria: a construción dunha sociedade na que homes e mulleres serán iguais empregandoa educación como medio para combatir todas as formas de discriminación.
  • Violencia 0 nas aulas e na sociedade: é imprescindible a sensibilización e a concienciación na comunidade educativa do problema da violencia de xénero na sociedade e a loita pola súa total desaparición. 

 

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra dalgun das actividades:

A ENTRADA NA EDUCACIÓN INFANTIL

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2022-2023

No documento adxunto achégase o listado de libros para o vindeiro curso 2022-2023. 

 

 

*Dende o centro recoméndase non mercalos ata ter a titoria inicio de curso, que se levará a cabo antes do inicio das  clases cos mestres correspondentes, por se xurdira algún cambio.

VISITA Á DOMUS CO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O pasado 24 de Maio o alumnado de sexto de primaria tivo a oportunidade de realizar unha visita ao museo DOMUS da Coruña.

Dentro da visita o protagonismo centrouno un taller de circuítos onde puideron experimentar con múltiples elementos dun circuíto eléctrico e resolver os problemas que se lle plantexaban. Tamén realizouse unha visita polas tres exposicións do museo:

  • A primeira dedicada ao xenoma humana, onde puideron coñecer os segredos que oculta o noso ADN e como os nosos hábitos afectan a nosa saúde.
  • A segunda adicada as intelixencias múltiples de Howard Gardner.
  • A terceira adicada a evolución da especie humana e a responsabilidade que temos como especie dominante sobre o planeta.

     

FIN DE CURSO: ULTIMAS SESIÓNS DE CONTACONTOS

 

 

O alumnado participou nas últmas sesións de contacontos e do Clube de Lectura ao longo do mes de maio:

 

      

ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Hoxe, xoves 19 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para a presentación de solicitudes na secretaría do centro rematará o día 17 de xuño de 2022, (co fin de poder completar no centro o proceso de rexistro na aplicación antes do 22de xuño, tal como dipón a convocatoria).

 

Poden consultar máis a información premendo AQUÍ.

Poden descargar os ANEXOS para a presentación da solicitude presencial a continuación:

 

Orde do 29 de abril de 2022 (convocatoria - DOG Nº 95)

 

 

* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.

 

LETRAS GALEGAS 2022

 

Este ano con motivo da conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 preparamos unha coreografía para a canción "Terra de Tanxugueiras" con todo o alumnado do centro.

Ademais coa axuda de familias voluntarias elaboramos un mural da bandeira de Galicia recollendo as nosas "palabras preferidas en galego" que recopilamos con axuda de alumnado e profesorado.

Queremos agradecer ás familias colaboradoras a súa participación, así como ás alumnas voluntarias o seu esforzo por facer de coreógrafas e ensinarnos os pasos de baile a tódalas clases.

 

PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DA COREOGRAFÍA

 

 

Por outra parte o alumnado do centro coñeceu a vida e obra de FLORENCIO DELGADO, homenaxeado este ano, realizando  diversas actividades. Podedes ver unha mostra do traballo artístico de 1º ciclo e 5º de EP premento no imaxe:

 

Distribuir contido