GRAFFITI : "PASAR TEMPO XOGANDO NUNCA SERÁ TEMPO PERDIDO"
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 16/06/2022 - 13:22
Para continuar co noso proxecto de centro "Arte-Natureza-Movemento", o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar, xunto con profesionais, na creación dun Graffiti que decora o patio de Educación Infantil co lema: " Pasar tempo xogando nunca será tempo perdido".