Actividades
TEATRO: O FEO DE CARAMUXO
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 27/01/2023 - 11:18O mércores 25 de febreiro o alumnado de Educación Infantil gozou da obra de teatro: "O FEO DE CARAMUXO", ofertada polo Concello de Vimianzo.
SAMAÍN E MAGOSTO 2022
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 28/10/2022 - 21:01Xa chegou o Samaín e o magosto ao noso cole.
Hoxe estivemos gozando dunha xornada marabillosa, aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría.
A continuación podedes ver o ben que o pasamos.
(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)
8 DE MARZO: "MULLER,PODES SER O QUE QUEIRAS SER"
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 14/03/2022 - 10:45Baixo o lema " Muller, podes ser o que queiras ser", con motivo da conmemoración do día 8 de Marzo, ao longo da semana pasaron polo CEIP Plurilingüe San Vicenzo mulleres de diferentes profesións para mostrar a figura da muller en distintos ámbitos laborais.
Moitísimas gracias a todas as que colaborastes!
Foi un orgullo contar con vos!
ÁRBORES DA NOSA CONTORNA
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 03/03/2022 - 15:33
Este curso, en relación co proxecto de centro, "ARTE-NATUREZA-MOVEMENTO", decidimos elaborar entre todos un libro onde recollemos información sobre as distintas ÁRBORES DA NOSA CONTORNA.
Preme na imaxe e interactúa con ela para ver os traballiños feitos polos distintos cursos:
25 Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 29/11/2021 - 12:07
No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra das actividades que se fixeron no centro para conmemorar o día 25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
FESTEXAMOS! SAMAÍN E MAGOSTO 2021
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 08/11/2021 - 18:16TEATRO NA SEMANA DO LIBRO: O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 26/04/2021 - 18:17
Soraya Lema, antiga alumna do centro, e Adela Dios presentaronos a obra O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS, fábula inspirada no relato "A Fraga das Paxariñas" de Xela Arias, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS
"Dúas Rapazas aventureiras atópanse co exército das paxariñas: a paxariña traductora, a poeta, a música e a reivindicativa. Todas elas forman a alma de Xela. Falan moitas lingüas, máis unha úneas a todas: a lingua galega. A través de fábulas e contos con acompañamento musical descubrimos a vida e obra da escritora."
Moitas grazas por vir!! Encantounos!!
GRANDES MULLERES GALEGAS: DO DÍA DE ROSALÍA AO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 22/02/2021 - 18:45
Hoxe cúmprense 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha das mulleres máis representativas da cultura galega. Ao longo do tempo e na actualidade, son moitas as mulleres galegas que destacaron en distintos eidos (cultural, literario,deportivo, político...).
Investigaremos sobre algunhas delas ata o 8 de Marzo, día da conmemoración da Muller Traballadora.
Preme nas imaxes se queres ver que imos coñecendo de cada unha delas:
BICOS E AGARIMO NESTE NADAL TAN ESPECIAL!
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 21/12/2020 - 18:30Este ano, polo Nadal, o Apalpador propúxonos levarlle unha morea de agarimo á residencia de anciáns DomusVi de Vimianzo.
O alumnado do centro, por suposto, encheu o saco do Apalpador con postais e un mural xigante, onde recollen os mellores desexos para os usuarios e traballadores da residencia de maiores.
Dende o centro damos as gracias á ANPA e aos traballadores e usuarios de DomusVi pola súa implicación e colaboración, para poder levar a cabo esta actividade coa que potenciamos valores fundamentais para lograr unha sociedade cada día mellor e máis solidaria.
(PREMA PARA VER O VÍDEO)
25 N- Déixaa que Baile!
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 27/11/2020 - 14:13O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero baixo o lema "DÉIXAA QUE BAILE!!". Todas as clases participaron na creación do Lazo Xigante con collage de fotos dos nenos, aprenderon a canción "Déjala que Baile" e elaboraron os seus zapatos morados con menxases para o agresor, que deixamos no cole a modo de exposición.
Se queredes ver como quedaron, poñede un ollo ao seguinte vídeo!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
