Relixión
MOITAS FELICIDADES A TODOS OS ANTONIOS/AS
Enviado por Maribel o Lun, 13/06/2011 - 12:11MOITISIMAS FELICIDADES PARA TODOS OS QUE HOXE ESTADES DE SANTO.QUE PASEDES UN DÍA MOI FELIZ! NON ESQUEZADES DE PEDIRLLE A SAN ANTONIO TAMÉN SAÚDE PARA AS VOSAS MASCOTAS.
POEMAS PARA A PAZ
Enviado por Maribel o Mér, 09/02/2011 - 15:28Na clase de relixión e con motivo do día da Paz os alumnos/as de 6º, traballamos a poesía para a paz.Para inspirarnos lemos varios autores.Resultou unha actividade moi creativa.Para compartir con vos este día e todos do ano, eleximos un poema de Concha Blanco.¡Disfrutádeo!
A PAZ
Venme buscar ao peirao
gaivota de mar adentro
Soa estou.
Por equipaxe levo
pena e dor
e unha ponla de oliveira
para trocar por canción.
Venme buscar.
soa estou.
Cruzaremos anchos mares
moitas fragas e desertos.´
Pedirémoslles aos gobernos
por tantos nenos famentos
que padecen inxustizas,
miseria, desatención.
Venme buscar coas túas ás.
Axúdame co peteiro.
Viaxemos día e noite
Corramos o mundo enteiro.
Que haxa Paz.
Fóra a guerra!
Que morra a fame.
fartura na terra!
subiremos ata o Sol
ata as nubes e as estrelas
coa cor de verde esperqnza
da poliña de oliveira.
A CINCENTA
Enviado por Maribel o Lun, 07/02/2011 - 13:52
O pasado 2 de febreiro o 3º ciclo do Ceip San Vicenzo viaxaron ata Santiago para poder disfrutar dunha obra musical de ópera no Auditorio de Galicia.A interpretación de Cincenta correu a cargo dunha compañía teatral catalana.Foi unha experiencia extraordinaria, porque era a 1º vez que disfrutabamos dunha ópera dentro do programa de concertos didácticos que se veñen de realizar todos os anos.O día rematou cunha partida de bolos no centro comercial a máis dunha merendola.Unha xornada moi ben aproveitada. ¡Así da gusto!
MOITAS FELICIDADES A TODOS OS BRAIS!
Enviado por Maribel o Xov, 03/02/2011 - 15:22
DÍA DE LECER PARA O 3º CICLO
Enviado por Maribel o Ven, 17/12/2010 - 15:45OS ALUMNOS DO 3º CICLO DO CEIP SAN VICENZO VISITAN A CORUÑA.A XORNADA DE LECER COMEZARÁ NA TORRE DE HÉRCULES (DECLARADA PATRIMONIO DA HUMANIDADE) E REMATARÁ CUNHA SESIÓN DE PATINAXE SOBRE O XEO NO COLISEUM. O REGRESO TERÁ LUAR ARREDOR DAS 4:30.DESEXAMOS QUE A DISFRUTEN MOITO! |
|
A catedral de Santiago
Enviado por Maribel o Xov, 08/04/2010 - 17:36O BOTAFUMEIRO
Enviado por Maribel o Xov, 08/04/2010 - 17:12sentímolo, flash non está dispoñible.
xacobeo 2010
Enviado por Maribel o Xov, 25/02/2010 - 17:59OS NENOS DE 3º CICLO ESTÁN A ELABORAR UNS TRABALLOS SOBRE O ANO XACOBEO 2010: SIGNIFICADO DO CAMIÑO,CANDO SE INICIO,CON QUE FRECUENCIA SE PRODUCE, AS DISTINTAS RUTAS...... EXPOÑERANSE NO CORCHO DO PASILLO DO 3º CICLO
