Actividades e celebracións
DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS- 10 DE DECEMBRO
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 11/12/2020 - 10:02Mural elaborado polo todo alumnado do centro para conmemorar o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
"TODA PERSOA TEN DEREITO Á EDUCACIÓN"
VIDEO DO ALUMNADO DANDO APOIO Á SOCIEDADE DURANTE COVID-19
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 23/04/2020 - 10:58O alumnado do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén quere dar a súa mostra de ánimo á sociedade e apoio a todos os profesionais que están axudándonos a superar esta situación tan complicada. Deixámosvos aquí un pequeno vídeo.
ÁRBORE DOS PAREADOS!
Enviado por Administrador o Mér, 11/03/2020 - 15:39
Achégase a primavera e as árbores comezan a botar folla. No noso cole naceu unha árbore con unhas follas moi especiais!
Preme no seguinte enlace ou escanea o código QR para vela:
https://www.thinglink.com/scene/1293955817875177474
- Actividade relacionada co noso proxecto de centro: Coidemos o noso planeta.
HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER
Enviado por Administrador o Mér, 04/03/2020 - 20:09ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA
O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.
Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:
CHARLA EDUCATIVA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Enviado por Administrador o Ven, 24/01/2020 - 10:09O día 21 de xaneiro tivemos no centro unha charla sobre "os riscos asociados ás novas tecnoloxías e o uso das redes sociais" para o alumnado de 5º e 6º de primaria, impartida pola Garda Civil.
CONTACONTOS - "PEDRINA NA MONTAÑA" DE SORAYA LEMA CARBALLO
Enviado por Administrador o Mér, 11/12/2019 - 20:03
Hoxe visitounos Soraya Lema para falarnos dos Penedos de Pasarela en forma de conto: "Pedrina na Montaña".
Gracias Soraya pola túa actuación!
Fin de Ano 2015
Enviado por Administrador o Xov, 07/01/2016 - 12:41As nenas e nenos de Ed. Infantil, adiantámonos un pouco ao Fin de Ano e xa o celebramos o 18 de decembro.
Primeiro preparamos a merenda, uns renos/madalena que estaban boísimos.
Tamén tomamos as uvas coas badaladas do reloxo da Porta do Sol, e pasamos polo "photocall".
E despois a festa...o baile...e os xogos...
Que o amor, a paz e a felicidade, formen parte da nosa vida neste ano que está empezando. FELIZ ANO NOVO!!
Excursión a Santiago de Compostela
Enviado por Administrador o Lun, 14/12/2015 - 11:10- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
