Saltar navegación.
Inicio

Actividades e celebracións

OS MAIOS

27/05/2009 14:30
27/05/2009 16:30
Etc/GMT

"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.

(Álbum de fotos) 

  


Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...

Algunhas das cantigas eran:

Escoiten nosos señores
o que lles imos cantar:
as copras que tran "Os maios"
floridos hastra namáis.

Estén todos moi atentos
que imos escomenzar,
deprendan o que cantamos
axúdennos ó acabar.

Cantar, cantarlle ó "maio" florido.
Cantar, cantarlle unha vez máis.
Cantar, cantarlle ó "maio" garrido.
Cantar, cantarlle así sen parar.


Maio da mariña

Xa chegou o "Maio"
florido e galán.
Chegou tra-lo inverno
e antes do verán.

Baixou dende o cumio
do castelo antergo.
ata o val do Eume
doce e señoreiro.

"Maio" rameiro:
bicou as campiñas
i en cada bicada
naceron floriñas.


"Maio" amarigoso
bicou as cerdeiras
e ahí tede-las froitas
máis ricas da terra.

Xa chegou o "Maio"
da nosa mariña
"Maio" namorado
do mar e da andoriña.

Chegou dende lonxe
acollédeo ben
nesta noble vila
de Galicia "edén"

Videoconferencia no Telecentro

O pasado Venres 15 de Maio os compañeiros do 3º ciclo acudiron ao telecentro para realizar unha actividade moi interesante.

Mantiveron unha "videoconferencia" con alumnos do colexio de Abegondo. 

A mais de 50 km de distancia, pero unidos por unha pantalla e unha conexión a internet, todos puidemos homenaxear a Ramón Piñeiro.

 

 

(ver mais fotos)

 

O burro

Hoxe o burro do Enroido chegou ao noso colexio sembrando a discordia.

Contan que algunha clase rcibiu a visita do burriño ata en mais de oito veces ao longo do día... pero como ninguén quería quedar co burro ao final do día... a viaxe do pobre animaliño foi tomando tintes dramáticos.

¿Quen quedou co burro ao final?

 

  Se queredes ver as fotos premede no burro.

 

 

Entroido no CEIP San Vicenzo

20/02/2009 10:00
Etc/GMT

 O venres 20 de febreiro celebramos a festa do Entroido
 

Distribuir contido