Equipo Tics
VIDEO DO ALUMNADO DANDO APOIO Á SOCIEDADE DURANTE COVID-19
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 23/04/2020 - 11:58O alumnado do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén quere dar a súa mostra de ánimo á sociedade e apoio a todos os profesionais que están axudándonos a superar esta situación tan complicada. Deixámosvos aquí un pequeno vídeo.
HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER
Enviado por Administrador o Mér, 04/03/2020 - 21:09ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA
O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.
Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:
BOOKTUBERS XANEIRO 2020
Enviado por Administrador o Lun, 27/01/2020 - 15:41Que ben explicas os contos os nosos alumnos e alumnas! se queredes velos poñédelle un ollo o seguinte vídeo...
Booktubers
Enviado por Administrador o Lun, 11/11/2019 - 22:57Os nenos e nenas de 3ºe 4º de Primaria iniciaron a actividade Booktubers e recomendaron varios libros. Queredes coñecelos?
SAMAÍN 2019/20
Enviado por Administrador o Lun, 11/11/2019 - 22:35Normas para publicar fotos de menores nas redes sociais
Enviado por Administrador o Lun, 07/09/2015 - 22:10Formación sobre a web do centro
Enviado por Administrador o Mér, 03/11/2010 - 13:55Os servizos centrais de asesoramento Avalar (os antigos SIEGA) levan colgando dende hai un tempo na páxina xeral de Webs Dinámicas un montón de cursos online para manexo da web.
O acceso dos cursos non require nigún tipo de pagamento nin inscripción. O acceso é libre e podedes aprobeitar un montón de actividades e leccións. Moitas destas experiencias foron liberadas directamente de PLATEGA, onde anteriormente formaron parte dos proxectos de formación de profesorado.
Evidentemente, a realización libre destes cursos non acreditarán ningunha certificación nin acreditación de horas de formación oficicais. Pero aínda así quen os aprobeite estará adquirindo un montón de coñecementos moi útiles para poder desenvolverse na web do centro, canto menos.
Animádevos.