Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Publicadas Listaxes Definitivas de Libros de Texto.

Poden consultar no taboleiro de anuncios do centro as Listaxes Definitivas de Libros de Texto de Fondolibros adxudicados ao alumnado para o vindeiro curso 2020/2021 ou accedendo a Portal Xunta-Fondolibros-Cidadáns.

Publicadas Listaxes Provisionais de Libros de Texto.

Xa poden consultar no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de libros de texto adxudicados ao alumnado para o vindeiro curso 2020/2021.

Poden consultalo tamén accedendo ao Portal Xunta-Fondolibros-Cidadáns.

Formalización de Matrícula.

Do 1 ao 10 de xullo, estará aberto o prazo para a Formalización de Matrícula.

Poden recoller o impreso correspondente no Centro.

Horario Secretaría:  luns a venres, de 10:30 á 13:00 h.

RECOMENDACIÓNS PARA OS CAMBIOS DE ETAPA EDUCATIVA

Entrando nesta publicación (pinchar no título) poden ver os documentos adxuntos con información de interese para as familias do alumnado que comeza en 4º de Educación Infantil e en 1º de Educación Primaria.

 

VÍDEOS DE 2º DE PRIMARIA

 CORONAVIRUS NON É UN PRÍNCIPE NIN UNHA PRINCESA

Como consecuencia desta anómala situación vivida tamén polos máis pequenos e pequenas, o alumnado de  2º A,  nesta última quincena do curso,  traballou a Lingua Castelá no proxecto “Todos somos  actores e actrices”,   preparando un  pequeno conto no que a protagonista explica como viviu esta pandemia  na súa familia e recórdanos as medidadas de hixiene que non debemos esquecer. 

Grazas a todas as familias pola súa colaboración!

 

A NOSA LINGUA, AS NOSAS TRADICIÓNS

"O alumnado de 2ºB de E. P. celebra ter unha lingua propia, por iso nos adicamos a gravar refráns,descripcións, ditos populares e fermosas palabras en galego, recollidas nun recuncho, nun monumento ou nunha paisaxe do noso Concello de Vimianzo".

 

Aberto o prazo para solicitar comedor.

Pinchando no titulo desta publicación, poderán acceder á autodeclaración, á solicitude de colaborador/a no comedor escolar para o curso 2020/2021 e á circular informativa.

Aberto o prazo para solicitar transporte escolar:

Só teñen que vir ao centro a solicitar transporte escolar, aquelas familias que sexan usuarias excepcionais (as que vivan a menos de 2 Km do centro).

Ante calquera dúbida, acudir ou chamar ao centro.

A Dirección do Centro

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2020/2021

Publicada  a listaxe de Libros de Texto e material didáctico impreso para o vindeiro Curso 2020/2021.

Podédela ver no colexio e tamén no seguinte arquivo adxunto.

ADMISIÓN ALUMNADO. Curso 2020/2021

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020/2021.

Vimianzo, 12 de xuño de 2020.

Secretaria

RECOLLIDA E ENTREGA DE MATERIAIS E LIBROS

Estimada famimilas,

Como sabedes xa estamos na Fase 2, polo que o goberno xa autoriza a presenza do profesorado no centro e permite a recollida e entrega de material escolar e libros por parte das familias. Ata o momento non estábamos autorizados.

Co fin de que podan vir entregar e recoller os materiais e libros dos seus fillos/as evitando aglomeracións e respetando as medidas hixiénicas recomendadas, a organización establecida é a seguinte:

  • Días 1-2 de xuño: Infantil
  • Días 4-5 de xuño: 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Días 10-11-12: 3º,4º,5º,6º de Educación Primaria.

Cada familia será citada polos titores para unha hora concreta nos días establecidos, para que podan acudir por quendas. Deben traer bolsa para a recollida dos materiais e, aquelas persoas que dispoñan na súa casa dos libros de Fondo Libros, deben devolvelos para poder acceder ás axudas correspondentes no vindeiro curso. Rogamos que veñan con mascarillas e guantes para manter as medidas de seguridade necesarias.

RULETA DE PALABRAS - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria utilizou unha forma orixinal e motivadora de aprender e repasar os contidos de distintas materias.

Anímaste a ver canto sabes ti? Pincha nas imaxes e ponte a proba!!

 

           

 

 

           

 

 

Distribuir contido