Saltar navegación.
Inicio

Blogues

CONTACONTOS DA SEMANA

 

   

A BIBLIOTECA TEN VIDA

A nosa biblioteca cobra vida. Atopamos aos auxiliares de biblioteca ordenando os libros e asesorando sobre lecturas. Tamén atopamos a varios grupos de alumnos e alumnas contacontos practicando as lecturas que van ir ler a outros cursos.

 

O ALUMNADO DE 4º MERGÚLLASE NA LINGUAXE DE SIGNOS

 

Os nenos e nenas de 4ºA aceptaron o reto e ensínanvos unha mostra do ben que aprenderon a desexar un feliz aniversario en linguaxe de signos.

COLABORADORES DE BIBLIOTECA

 

Este curso a biblioteca conta cun equipo de alumnado colaborador excepcional. Son nenos e nenas de 3º ciclo de primaria que axudarán  a que as nosas bibliotecas se atopen sempre ordenadas e listas para gozar as lecturas e aventuras dos nosos libros!

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA AXUDA!

 

 

 

ASÍ COMEZAMOS 4º DE INFANTIL

Un curso maís comezaron no cole novos nenos e nenas. Neste mes de setembro houbo xogos, risas, contos, cancións...e tamén choros, caprichos, sono...Isto último imos olvidalo e neste vídeo imos recordar os momentos bonitos. Esperamos de corazón que teñan unha boa experiencia nesta nova etapa e... a seguir medrando!!

CARTA DO RATIÑO LEO

 

Esta semana o alumnado recibiu a carta da mascota da biblioteca, o Rato Leo, pedindo voluntarios para formar parte dos nenos e nenas contacontos do cole.

A aventura comeza xa!

 

NOFC PARA O CURSO 23_24

Acceso as NOFC no ficheiro adxunto que aparece a continuación: 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: 1º CICLO DE PRIMARIA

A continuación unha pequen mostra en imaxes da excursión de fin de curso do primeiro ciclo: 

 

 

 

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

Podedes consultar as listaxes definitivas de Fondolibros no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio e na aplicación fondolibros/cidadán.

Así mesmo, entregaranse os cheques de libros de texto e material escolar os días 11 e 12 de xullo ou 4 e 5 de setembro na Secretaría do centro.

Horario Secretaría mes de xullo: de 10:00h á 13:00h.

Distribuir contido