Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: 1º CICLO DE PRIMARIA

A continuación unha pequen mostra en imaxes da excursión de fin de curso do primeiro ciclo: 

 

 

 

SOLICITUDES PARA COMEDOR CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

Seguindo as Instrucións 2/2023 que regulan o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2023/2024, todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor dende o 5 de xullo ao 12 de xullo de 2023.

A continuación deixámoslle acceso á circular coas instruccións necesarias para realizar a solicitude, así como o acceso a Autodeclaración Responsable e á Solicitude de colaboración no comedor:

PRAZO: As solicitudes recolleranse no centro ata o día 12 de xullo de 2023.

Un saúdo

A dirección

REUNIÓNS INICIAIS SETEMBRO 2023

A continuación recóllense as datas e horas das reunións de inicio de curso:

 

FESTIVAL FIN DE CURSO XUÑO 2023

Aquí recollemos unha pequena mostra do noso festival de fin de curso:

PLAN DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2023_24

Premendo no enlace poden acceder ao Plan de Acollida para o curso 2023-2024 onde se fai referencia ás normas básicas e organización do centro para o vindeiro curso (subceptible de pequenas modificacións en setembro 23):

 


 

ARTE CON LEANDRO LAMAS

O alumnado de 5º e 6º de primaria colaborou con Leandro Lamas na elaboración dun mural de Rosalía de Castro e alegraron a entrada do noso cole coas súas cores.

Aquí tes unha pequena mostra do proceso en imaxes:

SAÍDA DE INFANTIL FIN DE CURSO: CAMPO DA AREOSA

Como despedida do curso, o alumnado e profesorado de Educación Infantil gozaron dunha mañá no Campo de Areosa, en Vimianzo.

Alí aproveitaron para coñecer o terreo,ver os cabalos, facer unha búsqueda de tesouros, merendar todos/as xuntos e, por suposto, xogar e xogar!!

Agradecemos a colaboración da Asociación Cabalar e Cultural Monte Faro por achegarnos os animais e darnos a oportunidade de poder velos de cerca.

 

     

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 5º E 6º DE PRIMARIA

 O alumnado de 5º e 6º de primaria gozaron dun marabilloso día de excursión, onde visitaron a exposición de Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña, merendola no Parque de San Pedro e remataron o día cunha explosión de diversión no Urban Planet de Oleiros.

   

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

 Premendo no seguinte enlace pode acceder ao listado de libros para o vindeiro curso 2023-2024:

 

 

*RECOMÉNDASE AGARDAR A SETEMBRO Á TITORÍA DE PRINCIPIO DE CURSO PARA COMPRAR LIBROS, POR SI HOUBERA VARIACIÓNS

 

 

O ALUMNADO DE 5º GOZA COA MÚSICA

Os alumnos e alumnas de 5º disfrutan da música concentrados no ritmo e gozando dos seus logros:

    

Distribuir contido