Saltar navegación.
Inicio

Samaín

Samaín de nivel

Finalmente o samaín pasou polo CEIP San Vicenzo, non sen poucos sobresaltos.

A nosa biblioteca convertiuse nun lugar lúgubre e desafiante no cal, todos aqueles/as que tiveron o coraxe de adentrarse tiveron a posibilidade de observar estranas transformacións dos cabácidos: marcianos de prata, subamarinistas, paisanos con boina, Frankestein, teteiras asesinas,etc.

     

Pero as sorpresas non remataron aquí, durante toda a xornada o centro veuse poseido polo escuro: estranos sons de portas que se abren, desgarradores gritos de horror, sobrecolledores tronos, berros de noxentas criaturas inimaxinables...Un senfín de sons inundaron os pasillos poñendolle boa dose de pánico ás clases hoxe.

Algúns alumnos/as levaron unha sorpresa ao comprobar que as súas clases se converteran da noite para a mañá na casa dos pesadelos.

O desenlace final foi verdadeiramente apocalíptico: como saída da mais terrible película de terror, unha bruxa sorprendeunos a todos e percorreu todas as aulas creando auténticas situacións de pánico.

 

Exposición: Un samaín de medo!

Este ano celebramos o Samaín no noso centro dunha maneira TERRORÍFICA. Xa sabedes! esa data chea de acontecementos inexplicables, seres doutros mundos e estranas criaturas se fan presa das nosas vidas por un día verdadeiramente arrepiante.

Pero, non vos adiantamos nada. Se queredes velo,terá que ser polos vosos propios ollos.

Haberá unha exposición na biblioteca de estranas criaturas feitas con cabaza e iluminadas por dentro. Estades convidados a visitala tódolos pais e nais que así o desexedes en sesión de portas abertas co seguinte horario:

Este Venres

Mañán: de 10.00 a 10.50

Tarde: de 16.00 a 16.30

Distribuir contido