Saltar navegación.
Inicio

Exposición: Un samaín de medo!

Este ano celebramos o Samaín no noso centro dunha maneira TERRORÍFICA. Xa sabedes! esa data chea de acontecementos inexplicables, seres doutros mundos e estranas criaturas se fan presa das nosas vidas por un día verdadeiramente arrepiante.

Pero, non vos adiantamos nada. Se queredes velo,terá que ser polos vosos propios ollos.

Haberá unha exposición na biblioteca de estranas criaturas feitas con cabaza e iluminadas por dentro. Estades convidados a visitala tódolos pais e nais que así o desexedes en sesión de portas abertas co seguinte horario:

Este Venres

Mañán: de 10.00 a 10.50

Tarde: de 16.00 a 16.30