Saltar navegación.
Inicio

COLABORADORES DE BIBLIOTECA

 

Este curso a biblioteca conta cun equipo de alumnado colaborador excepcional. Son nenos e nenas de 3º ciclo de primaria que axudarán  a que as nosas bibliotecas se atopen sempre ordenadas e listas para gozar as lecturas e aventuras dos nosos libros!

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA AXUDA!

 

 

 

ASÍ COMEZAMOS 4º DE INFANTIL

Un curso maís comezaron no cole novos nenos e nenas. Neste mes de setembro houbo xogos, risas, contos, cancións...e tamén choros, caprichos, sono...Isto último imos olvidalo e neste vídeo imos recordar os momentos bonitos. Esperamos de corazón que teñan unha boa experiencia nesta nova etapa e... a seguir medrando!!

CARTA DO RATIÑO LEO

 

Esta semana o alumnado recibiu a carta da mascota da biblioteca, o Rato Leo, pedindo voluntarios para formar parte dos nenos e nenas contacontos do cole.

A aventura comeza xa!

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: 1º CICLO DE PRIMARIA

A continuación unha pequen mostra en imaxes da excursión de fin de curso do primeiro ciclo: 

 

 

 

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

Podedes consultar as listaxes definitivas de Fondolibros no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio e na aplicación fondolibros/cidadán.

Así mesmo, entregaranse os cheques de libros de texto e material escolar os días 11 e 12 de xullo ou 4 e 5 de setembro na Secretaría do centro.

Horario Secretaría mes de xullo: de 10:00h á 13:00h.

LISTAXES PROVISIONAIS DE LIBROS DO FONDO

Publicadas listaxes provisionais de libros do fondo.

Podedes consultar no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio ou na aplicación Fondolibros/Cidadán.

Prazo de reclamacións: 2 días seguintes a esta publicación.

 

REUNIÓNS INICIAIS SETEMBRO 2023

A continuación recóllense as datas e horas das reunións de inicio de curso:

 

FESTIVAL FIN DE CURSO XUÑO 2023

Aquí recollemos unha pequena mostra do noso festival de fin de curso:

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Aberto o prazo de formalización de matrícula para todos aqueles nenos e nenas que comezarán neste colexio para o curso 2023/2024.

O prazo rematará o día 30 de xuño de 2023.

Podedes recoller na secretaría do centro os impresos de formalización, que deberán ser cubertos e asinados por ámbolos dous proxenitores, 

ou descargar o seguinte arquivo adxunto:

 

Distribuir contido