Saltar navegación.
Inicio

OBRADOIRO PARA FAMILIAS E EDUCADORES: USO DE PANTALLAS NA INFANCIA

NOVA DATA DE REALIZACIÓN O VINDEIRO XOVES 18 DE ABRIL DE 2024 NO MESMO HORARIO.

*APLAZADA POR MOTIVOS DE SAÚDE, PENDENTE DE ESTABLECER NOVA DATA.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PARA O CURSO 2024/2025

Do 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2024/2025.

 

Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h á 13:30h.

 

 

Poden consultar toda a documentación necesaria no seguinte arquivo adxunto.

. INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN

CLUB DE LECTURA 3º CICLO: INVISIBLE DE ELOY MORENO

No Club de Lectura do alumnado de 3º ciclo analizan a lectura de "Invisible" de Eloy Moreno, que leron ao longo do primeiro trimestre:

 

CONTACONTOS EN FEBREIRO

    

ENTROIDO 2024

Aquí unha pequena mostra dos nosos disfraces de Entroido neste 2024:

 

DIA DA PAZ: A REDE DOS DEXESOS

O alumnado de Educación Infantil elaborou unha obra polo día da Paz, baseada nas instalacións artísticas A CHAVE NA MAN da xaponesa Chiharu Shiota e EU DESEXO O TEU DESEXO da brasileira Rivanne Neuenschwander´s.  Convidouse ao alumnado de primaria a intercambiar os seus desexos e participar tamén nesta creación artística. O obxectivo é que os nosos desexos pola paz se estendan a todo o mundo e se fagan realidade.

 

CLUB DE LECTURA: A BRUXIÑA DA SORTE - CONCHA BLANCO

   No Club de Lectura do alumnado de 4ºA analizan a lectura de "A bruxiña da sorte" de Concha Blanco, que leron ao longo do primeiro trimestre:

 

COLLAGE DE INVERNO: HERVÉ TULLET

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso mural de inverno,inspirado no artista Hervé Tullet, que decora a entrada do noso centro.Foi elaborado polo alumnado de 3º ciclo en colaboración cos membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares:

PANXOLIÑA DE NADAL DO CEIP SAN VICENZO :NOITE DE NADAL!

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo desexámosvos unhas FELICES FESTAS coa nosa panxoliña de Nadal, elaborada coa colaboración principal de Adrián Pombo, mestre de música, o profesorado do equipo de Dinamización da Lingua Galega e, por suposto, todo o alumnado do centro como artistas principais.

Esperamos que vos guste!

 

 

 

Distribuir contido