FORMACIÓN PARA FAMILIAS: COMO MOTIVAR AO ALUMNADO?
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 03/03/2023 - 13:51O pasado mércores 1 de marzo tivemos no centro un obradoiro para as familias sobre como motivar ao alumnado. Este realizouse da man da nosa compañeira Alba Vieites Lestón, autora do libro "Quiero ir al Cole: Herramientas y recursos para motivar al alumnado"- Saralejandría Ediciones.
Moitas grazas ás familias que asistiron e mostraron o seu interese por participar.
ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PAARA O CURSO 2023/2024
Enviado por ROCÍO o Xov, 02/03/2023 - 13:54Do 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024.
Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h á 13:30h.
Poden consultar toda a documentación necesaria no seguinte arquivo adxunto.
ENTROIDO 2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Sáb, 18/02/2023 - 11:48Así celebramos este 2023 e nosa semana de Entroido. O peche da semana foi cun estupendo desfile inspirado en contos e películas infantís.
Que ben o pasamos!!
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS. RESERVA CURSO 2023/2024.
Enviado por ROCÍO o Xov, 16/02/2023 - 14:20Todas as solicitudes presentadas polo alumnado de 6º de Ed. Primaria foron admitidas.
Poden consultar a listaxe definitiva no taboleiro de anuncios situado no interior do centro
educativo.
CLUB DE LECTURA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 13/02/2023 - 18:18Esta semana o club de lectura" Biblioleo" recoméndanos "Operación salvar salchicha" para pasar uns momentos moi divertidos:
LECTURAS DA SEMANA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 13/02/2023 - 18:11Esta semana as nosas madriñas lectoras prepararon un contiño: "Paco". Un ratiño que só precisaba un abrazo para ser feliz:
CONTACONTOS DA SEMANA
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 02/02/2023 - 16:03Esta semana e para todo infantil "Guapa", un contiño que nos ensina a valorarnos tal e como somos.
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 02/02/2023 - 11:12Con motivo da celebración do Día da Paz, o luns 30 de xaneiro, Javier Sampedro e Soraya Lema representaron no noso centro unha obra teatral con acompañamento musical, que nos invita a reflexionar sobre a importancia da paz no mundo.
Ademais, coa colaboración de todo o alumnado do centro, construimos o noso " Muro da Paz" con bonitos mensaxes reivindicativas polo Día da Paz.
A continuación unha pequena mostra en imaxes:
CLUB DE LECTURA : " UN ABUELO INESPERADO"
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 30/01/2023 - 10:57Nesta semana o club de lectura Biblioleo debullamos a noveliña "Un abuelo inesperado".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »