8 DE MARZO: "AS MULLERES DA NOSA VIDA "
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 10/03/2023 - 11:00O alumnado de 3º de primaria conmemorou o 8 de marzo con entrevistas baixo o lema "As mulleres da nosa vida".
Aquí unha pequena mostra do resultado:
OBRADOIROS 8M: Día da Muller Traballadora
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 10/03/2023 - 10:40Con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, a axente de igualdade do Concello de Vimianzo, Xiomara Lazo, ofreceu para o alumnado de primaria obradoiros sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no Concello de Vimianzo.
FORMACIÓN PARA FAMILIAS: COMO MOTIVAR AO ALUMNADO?
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 03/03/2023 - 13:51O pasado mércores 1 de marzo tivemos no centro un obradoiro para as familias sobre como motivar ao alumnado. Este realizouse da man da nosa compañeira Alba Vieites Lestón, autora do libro "Quiero ir al Cole: Herramientas y recursos para motivar al alumnado"- Saralejandría Ediciones.
Moitas grazas ás familias que asistiron e mostraron o seu interese por participar.
ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PAARA O CURSO 2023/2024
Enviado por ROCÍO o Xov, 02/03/2023 - 13:54Do 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024.
Horario de secretaría: De luns a venres, de 12:30h á 13:30h.
Poden consultar toda a documentación necesaria no seguinte arquivo adxunto.
ENTROIDO 2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Sáb, 18/02/2023 - 11:48Así celebramos este 2023 e nosa semana de Entroido. O peche da semana foi cun estupendo desfile inspirado en contos e películas infantís.
Que ben o pasamos!!
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS. RESERVA CURSO 2023/2024.
Enviado por ROCÍO o Xov, 16/02/2023 - 14:20Todas as solicitudes presentadas polo alumnado de 6º de Ed. Primaria foron admitidas.
Poden consultar a listaxe definitiva no taboleiro de anuncios situado no interior do centro
educativo.
CLUB DE LECTURA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 13/02/2023 - 18:18Esta semana o club de lectura" Biblioleo" recoméndanos "Operación salvar salchicha" para pasar uns momentos moi divertidos:
LECTURAS DA SEMANA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 13/02/2023 - 18:11Esta semana as nosas madriñas lectoras prepararon un contiño: "Paco". Un ratiño que só precisaba un abrazo para ser feliz:
CONTACONTOS DA SEMANA
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 02/02/2023 - 16:03Esta semana e para todo infantil "Guapa", un contiño que nos ensina a valorarnos tal e como somos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »