Saltar navegación.
Inicio

Bádminton - Campionato comarcal infantil 2015-2016

O pasado xoves 26 celebrouse na Serra de Outes o campionato comarcal infantil de bádminton.O Ceip San Vicenzo estivo representando por 4 xogadores/as que competiron de maneira fantástica, e o que é máis importante, desfrutaron dunha magnífica xornada de deporte na cal ademais de xogar ao bádminton tiveron a oportunidade de facer novos/as amigos/as.
 
Cada xogador/a disputou 2 partidos. Na categoría feminina, Ainhoa Vigo Pérez Karina Mouzo Pazos de 6ºB, foron as nosas representantes. As dúas realizaron uns magníficos partidos. Karina demostrou un gran nivel de xogo gañando un dos seus partidos namentres que Ainhoa non foi quen de acadar a vitoria a pesar de xogar de maneira fantástica. Aníbal Calo Méndez e Brian Canosa da Silva de 6º A, foron os nosos representantes na categoría masculina. Brian competíu moi ben contra rivais con moito nivel ante os que non puido acadar o triunfo. Aníbal demostrou o seu alto nivel de bádminton logrando o triunfo nun dos seus partidos.Tanto Karina como Aníbal deberán esperar aos resultados finais para saber se están clasificados para a seguinte fase. Pase o que pase, debemos darlle a noraboa aos/ás nosos/as catro representantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É DIVERTIRSE E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.