Saltar navegación.
Inicio

Educación física

Xa temos nova mascota para o blog de educación física

Despois de un longo e duro proceso de selección de entre todas as mascotas elaboradas por alumnos/as do noso centro... xa temos representantre oficial do noso blog de educación física!

Coa axuda das vosas votacións finalmente resultou gañador o "Rino Vicentino", un super-rinoceronte futbolista que dende agora pasa a dar nome ao noso blog e ademais figura na barra esquerda da nosa web. Dende agora xa podedes visitar o sitio de educación física facendo click directamente nel.

XORNADA DE ACTIVDADES COMPLEMENTARIAS

O xoves 4 de xuño tivo lugar no noso colexio unha xornada de actividades complementarias. O evento consistiu na realización de bailes modernos, rap, esgrima e salvamento.

Os alumnos que participaron nesta actividade foron 5º A, 5º B e 6º B. Ademais do noso colexio, participaron os centro de Ponte do porto, Muxía e Fisterra.

Esta actividade queda enmarcada dentro do programa Deporte na Escola que desenvolve a Consellería de educación xunta coa Secretaría Xeral para o Deporte. 

 

Para ver imaxes pincha aquí

OLIMPIADA DE ATLETISMO EN ZAS

O mércores 20 de maio tivo lugar unha olimpiada de atletismo en Zas na que participaron colexios de toda a comarca da costa da morte: Ceip de Baio, Cpi de Zas, Ceip Ponte do Porto, Ceip Mar de fora e Ceip Sardiñeiro de Fisterra, e por suposto o noso Ceip San Vicenzo de Vimianzo.

A xornada enmarcada dentro do programa deportivo DEPORTE NA ESCOLA, promovido pola Consellería de Educación, tivo un éxito de participación. 

As probas que se realizaron foron:
  • 1 volta a pista (314 m. para benx. e 374 para alevíns)
  • Salto de lonxitude
  • Salto de altura
  • Lanzamento de peso (2 kg)
  • Lanzamento de xabalina (o anteriormente explicado)
  • 60 metros lisos
  • 200 metros lisos
  • Relevos  4 x 50.
 Os atletas participantes demostraron unha grande destreza na realización de cada unha das probas. A competición estivo moi reñida e ao final da mesma os nenos e nenas de Vimianzo acadaron uns magníficos resultados que se viron reflectidos na consecución das correspondentes medallas. Parabéns a tódolos participantes e organizadores de dito evento.  

 

 

 

(ver mais fotos)

DEPORTES NA ESCOLA:CEIP SAN VICENZO (VIMIANZO)-CEIP OS MUIÑOS (MUXIA)

O vindeiro mércores 11 de marzo xogarase a terceira xornada de encontros entre centros dentro do programa deportivo DEPORTE NA ESCOLA. Nesta ocasión os alumnos do noso centro xogarán cos de Muxía (CEIP OS MUIÑOS).

 

Os cursos que participarán nesta xornada son 3º A, 4º B, 5º A e 6º B.

 

As actividades que se realizarán son: en 3º e 4º, fútbol, brilé e balón torre, e en 5º e 6º, fútbol, brilé e baloncesto.

 

Esta xornada terá lugar en horario de mañá, de 10 a 13 h.

Golper ou xestos técnicos básicos no badmington

GOLPES BAIXOS:

 

  • O SAQUE: É o golpe co cal se pon a pluma en xogo.

 

  • O LOB: É un golpe defensivo que se realiza cerca da rede. Vai dirixido alto e cara o fondo da pista.

 

  • A DEIXADA: É un golpe de precisión, que ten por obxectivo facer caer o volante xusto detrás da rede. A deixada alta é cando se golpea o volante sobre a cabeza, e a baixa cando se golpea por debaixo da cintura.

 

GOLPEOS INTERMEDIOS:

 

  • DRIVE: Este golpe considérase de ataque. O punto de contacto co volante está entre o peito e a cabeza. O volante vai o máis preto posible da rede e cunha traxectoria paralela ao chan.

 

GOLPEOS ALTOS:

 

  • SMACH OU REMATE: É un golpe ofensivo por excelencia. Este golpe realízase nunha parte elevada, e leva unha traxectoria cara o chan.

Xornadas de Atletismo

O mércores 29 de abril celebraremos no noso colexio unha xornada de atletismo na que participarán todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.
As probas a realizar serán:
60 metros lisos.
200 m. lisos.
Salto de lonxitude
Salto de altura
Lanzamento de peso (2 kg)
Lanzamento de xabalina
Os nenos/as que obteñan mellores marcas representarán ao CEIP San Vicenzo nunha xuntanza de atletismo que se celebrará en Zas o 20 de maio xunta outros colexios.

XORNADA DE ATLETISMO

29/04/2009 14:30
29/04/2009 16:30
Etc/GMT

O mércores 29 de abril celebraremos no noso colexio unha xornada de atletismo na que participarán todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.

As probas a realizar serán:
- 60 metros lisos.
- 200 m. lisos.
- Salto de lonxitude
- Salto de altura
- Lanzamento de peso (2 kg)
- Lanzamento de xabalina

Os nenos/as que obteñan mellores marcas representarán ao CEIP San Vicenzo nunha xuntanza de atletismo que se celebrará en Zas o 20 de maio xunta outros colexios.

 

D´ESCANDALO (5º A) CAMPEÓN DA LIGA DE FÚTBOL 2009

Hoxe xogouse a final da liga de fútbol entre os equipos Galactic Football (6º A) e D´escandalo (5º A).

O partido foi moi emocionante e rematou con empate a un goles. Os goles foron marcados por Mauro de 5º, e por Roberto de 6º.

Na tanda de penaltis D´escandalo gañou por 3 - 2.

Na liga de brilé está en primeira posición Jumangie.

Á volta das vacacións comezaremos unha liga de baloncesto, polo que xa podedes ir facendo os equipos.

Que teñades unhas boas vacacións. 

GALACTIC FOOTBALL

 

D´ESCANDALO

DEPORTE NA ESCOLA: CEIP SAN VICENZO (VIMIANZO) - CEIP OS MUIÑOS (MUXIA)

11/03/2009 10:30
11/03/2009 13:00
Etc/GMT

 

O vindeiro mércores 11 de marzo xogarase a terceira xornada de encontros entre centros dentro do programa deportivo DEPORTE NA ESCOLA. Nesta ocasión os alumnos do noso centro xogarán cos de Muxía (CEIP OS MUIÑOS).

 

Os cursos que participarán nesta xornada son 3º A, 4º B, 5º A e 6º B.

 

As actividades que se realizarán son: en 3º e 4º, fútbol, brilé e balón torre, e en 5º e 6º, fútbol, brilé e baloncesto.

 

Esta xornada terá lugar en horario de mañá, de 10 a 13 h.

 

DEPORTE NA ESCOLA: CEIP SAN VICENZO - CEIP AREOUTA, CEIP MAR DE FORA (VIMIANZO)

10/02/2009 10:30
10/02/2009 13:00
Etc/GMT

O luns día 16 os alumnos/as de 3º B, 4º A, 5º B e 6º A, xogan contra os/as de  Fisterra.

As actividades que se realizarán son: fútbol, balon torre, baloncesto e brilé.

Esta é unha actividade dentro do programa da consellería de cultura e deporte: DEPORTE NA ESCOLA.

Boa sorte a todos/as! 

 brilé
Distribuir contido