Blog Deporte Escolar

Por beatrizgonzalez
29/03/24

Merendas saudables do mes de marzo.

O alumnado de Educación Infantil e Primaria, segue coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de marzo. 

Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de marzo recomendamos receitas e merendas con amorodos, leituga e cenorias.

Aquí vos damos conta do saudable que merendan @s alumn@s do CEIP Nº2 de Tui. Noraboa rapazada.

 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
26/03/24

Xornada de Loita Escolar.12 de Junio Día Mundial contra el Trabajo Infantil. Gifs animados

C.E.I.P Nº2, C.E.I.P N°1, C.E.I.P Randufe,  C.E.I.P Guillarei, C.E.I.P Rebordáns de Tui e C.E.I.P Sobrada de Tomiño.

Hoxe venres día 22 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada de loita escolar na que participarón o alumnado de 4° de Educación Primaria do noso centro.  Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas!.

Preme na seguinte imaxe para ver os resultados e o video da proba.

 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
14/03/24

Xornadas Multideportivas.

C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.I.P Goián de Tomiño.

14-03-24

O pasado xoves día 14 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 3ºA e 5ºA do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas

 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
06/03/24

Xornadas Multideportivas.

C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.I.P Sobrada de Tomiño.

05-03-24

 

O pasado martes día 05 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 4ºA e 6ºB do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Tui. Grazas

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
03/03/24

A Milla

Marzo 2024

ODS 8 e 9

Biodiversidade

O Piñeiro en Galicia.

Durante o mes de febreiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de febreiro coñecemos o ODS 8: Traballo decente e crecemento económico e o  ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. As madeiras son recollidas de restos de podas ou caidas.

 

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer a influencia do piñeiro no Baixo Miño. O piñeiro foi usado para repoboar os montes de Galicia a comezos do S.XX, dando lugar ao nacemento dunha cadea industrial de aserradeiros e empresas madeireiras con traballo decente e favorecendo o crecemento económico daquela época tal como promoven o ODS 8. Na actualiade a industria, innovación e infraestructuras fan dos piñeiros un gran recurso en aproveitamento da resina,así como excelentes coutos micolóxicos, etc...tal como busca promover o ODS 9

 

 

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de marzo, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.

Etiquetas: