Skip to Content

Decembro 2019

DEPORTE ESCOLAR. Balonmán Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 19-20

O pasado martes día 17 de decembro de 2019, tivo lugar o Torneo de Nadal de  Balonmán, organizado polo Clube Balonmán Tui, para o alumnado de 1º a 6º que tivo lugar  no Pavillón Novo de Tui . O horario dos partidos foi  de 16:00h a 19:00h. Unha xornada estupenda da que disfrutamos de balonmán cos nenos de nenas das escolas de Tui e Tomiño.

Gracias ao Clube Balonmán Tui por cotar con nós.

 

Handball 19-20

On December 17th, it was Christmas handball tournament organized by Tui’s handball club in Tui’s pavillion for students from 1st to 6th grade. It was a great day and we enjoyed playing with the students from Tui and Tomiño.

DEPORTE ESCOLAR. Balonmán Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 19-20

O vindeiro martes día 17 de decembro de 2019, dará comezo a competición escolar de Balonmán, para o alumnado de 1º a 6º que terá  lugar  no Pavillón Novo de Tui . O horario dos partidos será  de 16:00h a 19:00h. Todo o alumnado deberá estar ás 15:55 no pavillón novo e será recollido alí ás 19:00h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chándal do mesmo. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Deporte na escola: Torneo de Balonmán

cofinanciado

DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 19-20

 O vindeiro martes día 17 de decembro de 2019, dara comezo a competición escolar de Balonmán, para o alumnado de 1º a 6º que terá  lugar  no Pavillón Novo de Tui . O horario dos partidos será  de 16:00h a 19:00h. Todo o alumnado que queira participar nesta proba, deberá traer esta notiña asinada antes do vindeiro venres día 13 de decembro.

Aquí podedes descargar a notiña de inscripción.

Dinamización Intercentros CEIP Nº2 de Tui- CEIP Sobrada

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2- Ceip Sobrada

Curso 19-20

Martes día 12 de decembro de 2019

 O pasado martes  día 12  de decembro de 2019  tivo lugar no pavillón vello de Tui a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre o Ceip Nº2 e o Ceip Sobrada. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h e os cursos participantes do noso colexio foron 4ºA e 6ºC. 

Foi unha xornada onde todo o alumnado desfrutou da práctica do minibalonmán, volei, bádminton, baloncesto e fútbol-sala.

Moitas grazas ao alumnado e profesorado do noso centro, do colexio de Sobrada por esta xornada distendida e deportiva.

 

 
 
Intercentres dynamization CEIP Nº2- CEIP Sobrada.

On December 12th, students from 4th Grade A and 6th Grade C shared a great time playing with the students from CEIP Sobrada. They played Volley, Badminton, Basketball and Football.

Deporte na Escola: Dinamización Intercentros CEIP Nº2 de Tui- CEIP Sobrada

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Martes día 12 de decembro de 2019

 O vindeiro martes  día 12  de decembro de 2019  terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºA, 6ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Deporte en Tui. Torneo de Nadal de Bádminton

Torneo de Nadal de Bádminton

IES San Paio 

20-12-19

Xa está aquí, a cuarta edición do Torneo de Nadal - Deputación de Pontevedra, que organiza o Club Bádminton Tui.

Será como é costume na tarde do día 20, último venres antes das vacacions de nadal. E pasaremos unha tarde de bádminton e festa no Pavillón do IES San Paio de 16 a 21 h.

Xogarase en 4 categorías: Sub11, Sub15, Absoluto e Recreativo

É necesario inscribirse previamente no email ou teléfonos do clube (cbtui2015@gmail.com / 649 901 305 / 685 960 370)
Os inscritos deberán levar o día do torneo  un kilo de comida que será entregado a Sos Tomiño Baixo Miño.

Non tardedes en inscribirvos, esperamosvos!

 

Deporte na Escola: Volei

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 19-20

O mércores día 4 de decembro  tivo lugar a 2ª  xornada da competición escolar de volei no Pavillón do Ceip Randufe. Esta tamén foi a derradeira xornada da competición, na que se levou a cabo a entrega de medallas a tódolos participantes.

Na categoría benxamín participaron 3 equipos formados por nen@s de 3º e 4º. Na categoría alevín participaron 4 equipos do noso colexio, formados por alumnado de 5º e 6º.

 Tamén participou un alumno na categoría infantil. Noraboa a tod@s por esta xornada de volei, onde o importante foi a convivencia e o volei.

 Aquí vos deixamos o enlace a Agrudebam onde podedes ver os resultados. Moitas grazas a Agrudebam por xornadas coma esta.

 

Volleyball championship

On December 4th there was the school Volleyball championship in CEIP Randufe. It was the last journey of the competition so the medals were handed too.

From our school three teams from 3rd and 4th grade and 4th teams  from 5th and 6th grade, among others,  participated.

 

Here you have some pictures of the jorney.

Deporte na escola:Volei

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 19-20

O Mércores día 4 de decembro,  terá lugar a 2ª  xornada da competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Esta tamén será a derradeira xornada da competición, na que se levará a cabo a entrega de medallas a tódolos participantes. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chándal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/



by Dr. Radut