Skip to Content

Monthly archive

24 DE FEBREIRO DE 2021.- DÍA DE ROSALÍA

Para Galicia Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora. Xeración tras xeración, a súa figura é un referente que está por riba de ideas e xeografías. Para os galegos e galegas ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for os une tanto arredor do sentimento de pertenza a unha terra.

Neste ano no que todos os traballos de centro teñen que facerse virtualmente para respectar os grupos estables de convivencia, ocurríusenos poñerlle música a un dos seus poemas máis coñecidos da súa obra Cantares Gallegos: "Adiós ríos, adiós fontes"

Este é o alumnado do 2...rapeando a Rosalía!!

 

(É un vídeo un pouco longo.....pode tardar en carregar)

PRÓXIMAMENTE...

Pois iso...... que será o que está a argallar o equipo Voz Natura do 2?.......

 

Hai moito movemento estes días..... e van aparecendo cousas.....


Estade atentos!!!

Baile Galego

Baile Galego.

Este curso, aprendemos e investigamos sobre o noso folclore e tradicións. Tui e o noso entorno contan cunha riqueza incalculable nese senso. A cantidade de Asociacións Culturais, grupos e bandas de gaitas, de baile coas que conta, fan posible que a nosa cultura, os nosos bailes se transmitan de xeneracións a xeneracións. Aquí vos deixamos un documento no que podemos saber un pouco máis das tradicións de Galicia.

DECORAMOS AS LETRAS PARA O MURAL

DECORAMOS LETRAS PARA O MURAL DE VOZ NATURA

Curso 21-22 

Para elaborar o mural de Voz Natura pedimos aos alumnxs de cuarto que nos achegasen os que poidesen calquera elemento natural que tivesen na casa ou preto.

Trouxeron millo, piñas, flores, cortezas, cabaza de esponxa, paus, ramas, castañas, noces... 

Con todos, decoramos as letras do mural de Voz Natura e a mesa na que se van a por as cabazas.

 

 

 

     

 

 

Campo a Través Escolar Zonal 21-22.

Campo a Través Escolar Zonal 21-22.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Mércores 24 de novembro de 2021

            A proba de Campo a Través Escolar Zonal, tivo lugar o pasado mércores día 24 de novembro de 2021. A proba levouse a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 3º e 5º de Educación Primaria, que competirón por equipo clase. Aquí vos deixamos os resultados da proba e as fotos da mesma.

 

Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos.

 

Atoparedes máis fotos en e máis información dos resultados premendo na seguinte imaxe.

 

Noraboa aos participantes, aos gañadores, aos organizadores por esta fantástica xornada.

SEMILLEIROS

 

2ºB PLANTAN XUDÍAS

Curso 21-22

Os alumn@s de 2ºA plantaron xudías nos semilleiros para na primavera pasalas á horta. 

Encantoulle andar cas mans na terra contar as sementes.

Boa colleita pequenos agricultor@s. 

BO NADAL!!!

A pesar de que pola Covid-19 non puidemos celebrar no cole a chegada do Nadal como os nosos nenos e nenas o merecen....aquí vos deixamos unha mostra do bo facer tanto dos nenos coma dos mestres e mestras.

Todo o cole aprendeu a panxoliña "O meu Nadal Perfecto".As mestras de infantil e o mestre Ramiro fixeron un gran esforzo que deu un gran resultado.

Os nosos nenos e nenas de Primaria deron por turnos un concerto dende a súa aula para o resto do cole a través de vídeoconferencia.

Os nosos nenos e nenas de Infantil fixeron uns vídeos preciosos onde podemos ver o ben que o pasaron aprendendo a panxoliña e a súa letra en lingua de signos.

Porque por moito que o virus teña cambiado a nosa forma de relacionarnos no cole.....entre todos seguimos formando...o Número 2!!

Premede nas imaxes para ver os vídeos dos nenos e nenas de infantil 4 e 5 anos:

 

 

 

BENESTAR EMOCIONAL

O benestar emocional é un concepto amplo que ten que ver, non só coa experiencia subxectiva de sentirse ben, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de xeito positivo ou adaptativo as contrariedades que se presentan na vida cotiá.

 

 

 

 

 

Programa de Intelixencia Emocional 

(Programa elaborado pola Diputación de Gipuzkoa)

 

3 - 4 anos 5 anos

 

6 - 8 anos 8 - 10 anos 10 - 12 anos
 Anexos  Anexos  Anexos

Recursos para expresar as emocións e sentimentos.

Mindfulness.

Recursos para expresar as emocións e sentimentos.

As emocións indícannos que persoas, situacións ou cousas nos resultan atractivas, divertidas e agradables, ou pola contra, aburridas e desagradables. Isto será fundamental á hora de relacionarnos cos demáis e vannos dar información moi importante que debemos interpretar e xestionar correctamente.

As emocións básicas son: alegría, ira, tristeza, asco, sorpresa e medo...

Debemos expresar as emocións, xa que iso axudaranos a nós e ao noso alumnado a:

  • Liberar tensión.
  • Identificar e entender as emocións.
  • Ser capaz de separarte da emoción, ser obxectivo.
  • Que os demáis te poidan axudar a xestionar esas emocións.
  • Permitenos evitar e solucionar posibles conflictos.
  • Axuda a ser consciente das carencias e necesidades de cada quen.

 Cada persoa ten a súa forma de expresar as emocións. Todo vai depender de como se sinta ne momento, o seu medo a ser rechazado, a facer o ridículo...

 Ao noso alumnado seralle de gran axuda:

  1.  Que as mensaxes sexan en primeira persoa. Eu sintome así...
  2.  Especial coidado coa linguaxe non verbal que mostramos: O ton de voz, o volume...

  3.  Facerlle  preguntas concretas para que sexan participes.

  4.  Feedback constructivo. Pode ser de moita utilidade na resolución de conflictos.

  5. Asertividade. Que a comunicación e relación sexa de respeto e valoración. Fomentando vínculos emocionais sanos.

Por todo isto imos enumerar algunhas propostas, que segundo a idade do noso alumnado nos poder ser de gran utilidade.

1. Paletas de emocións. De gran utilidade para identificar as diferentes emocións.

 2. Cuadernos das emocións. De gran utilidade para expresar as diferentes emocións. Un traballo dos compañeiros do CEIP de Balaídos que nos pode ser de referencia.

 3. Panel das emocións. Pode ser unha opción interesante e divetida para  a creación propia de un panel onde expresar as diferentes emocións. 

           3.1 Como construir un panel das emocións.

 

 

            3.2 Panel das emocións para Educación Infantil.

 

 3.3 Panel das emocións II para Educación Infantil.

  

 3.4. Cariñograma. Panel das emocións para Educación Infantil.

  

 4. Expresar emocións con música, pintura e contos. Pode ser unha experiencia bonita e enriquezodora, na que se expresan emocións pintando, según o que a música e os contos nos fan sentir. 

 

5. Manualidades para expresar emocións. Unha experiencia práctica para traballar con nen@s. 

 

 

 

6. Dominó dos sentimentos. Unha experiencia práctica para traballar con nen@s. 

 

7. Actividades para traballar as emocións con nenos.  Propostas para traballar as emocións con nenos de diversas maneiras.

8. Técnicas para traballar as emocións con nenos.  Propostas para traballar as emocións con nenos de diversas maneiras.

 

 

9. As emocións através do espello.  Proposta para traballar as emocións de xeito consciente con nenos diante do espello.



by Dr. Radut