Skip to Content

Monthly archive

RECICLAR REUTILIZAR E REDUCIR

 

ACTIVIDADES FEITAS CON MATERIAIS DE REFUGALLO OU ELEMENTOS NATURAIS

Curso 21-22

Os diferentes equipos do cole uníronse para propor actividades feitas con materiais de refugallo ou elementos naturais, contribuíndo a reducir a contaminación do planeta reutilizando e dando unha segunda vida a moitos obxectos que irían a parar aos contenedores da basura.

Neste vídeo recollemos algunhas delas.

 

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

O día 3 de decembro, celebrouse o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós, o venres 10 de decembro Gustavo Rodríguez e Aida Valiño.

(preme na imaxe para acceder á información)

Exposición de adornos de Nadal

Dende Voz Natura, deixamos este  pequeno vídeo que recolle todo o voso traballo. Coma sempre moitísimas grazas por participar e animarvos a facer esta actividade en familia.

Esperamos que todos estes preciosos adornos vos acompañen nestas festas.

Felices Festas e que teñades un moi bo Nadal!!

SEMILLEIROS

 

2ºB PLANTAN XUDÍAS

Curso 21-22

Os alumn@s de 2ºA plantaron xudías nos semilleiros para na primavera pasalas á horta. 

Encantoulle andar cas mans na terra contar as sementes.

Boa colleita pequenos agricultor@s. 

SEMILLEIROS

 

2ºA PLANTARON CABAZAS

Curso 21-22

  As sementes de cabaza son das que máis nos trouxestes as familias. 

  Na clase de 2ºA animáronse a facer semilleiros de cabazas. Cando  chegue a primavera pasaranas para a horta. 

  A parte de estar en contacto coa natureza traballaron matemáticas xa  que tiveron que calcular cantas precisarían si tiñan que plantar de tres  en tres.

 Conseguiremos comer exquisitas cremas de cabaza? 

 

 

VISITA DE HIDROGRÁFICAS

VISITA DE HIDROGRÁFICAS

Curso 21-22

 

 

 

 

 

 

 

ZONA DAS SEMENTES

 

ZONA DAS SEMENTES

Curos 21-22

 

Este ano gracias a vós imos ter una colleita moi ecolóxica, temos sementes de sobra para plantar. 

Coma sempre é un pracer contar con familias así que se apuntan a participar e colaborar con calquera actividade ou proposta que facemos, que as veces sabemos que pode facerse complicado debido ao nivel de vida que levamos pero sempre sacades un oco.

Esta é un pequeno vídeo con todas as sementes que nos foron chegando ao longo destes días.

Agora empezaremos a facer semilleiros e na primavera xa poderedes empezar a ver os froitos na horta.

 

 

PLANTAS

Á clase de 3ºB chegou Ramón.

   

O alumnado de 3ºB recibiu no mes de decembro un agasallo especial. Ramón un amigo da escola que lles viu a ensinar moitas cousas da auga regaloulles un cactus, pero non é un cactus calquera. El é Ramón un novo compañeiro de clase ao que cuidar e mimar, para que medre saudable.

Campo a Través

Carreira Castro San Miguel Oia I Memorial Alejandro Gómez.

San Miguel de Oia Dec 2021

O pasado fin de semana celebrouse a Carreira de Campo a Través Castro San Miguel, este ano coa adicatoria ao atleta Alejandro Gómez.

Co Club Atletismo Tui participaron Elena e Violeta de 3ºC, alumnas da nosa escola, que quixeron compartir con nós os seus éxitos. Noraboa campionas e noraboa ao Club Atletismo Tui polo seu gran traballo.

 



by Dr. Radut