Skip to Content

Monthly archive

ZONA DAS SEMENTES

 

AS NOSAS SEMENTES

Curso 2021-22

 Na nosa zona das sementes cada vez temos máis. Grazas aos talleres de extracción que fixeron os nenos e nenas de infantil e primaria, imos recolectando sementes para poder plantar cando chegue a época.

 Se vos animades a facer algunha destas actividades na casa,en familia, podedes sacarlle algunha fotiño se vos apetece e enviárnola por correo electrónico e nós publicarémolas no blogue de Voz Natura.

Campo a Través Escolar Zonal

Preme na foto para ver os resultados da proba de Campo a Través Escolar que tivo lugar  o pasado 28 de Outubro no CEP Pedro Caselles de Tomiño.

Exposición de Cabazas

Preme na imaxe se queres ver o vídeo da exposición de Cabazas.

PROCESO DE RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Aprobado pola XUNTA ELECTORAL)

Día 08-11-21: Exposición do Censo Electoral e reclamacións ata 15-11-21.

Días 09 ao 16-11-21: Presentación de candidaturas (Impreso para recoller na secretaría). Prégase xuntar fotografía.

Día 17-11-21 ás 11:50h.Sorteo público para a elección de pais/nais, e personal da administración e servizos para as Mesas Electorais.               

Día 17-11-21: Proclamación de candidatos/as.

Días 18 e 19-11-21: Reclamación de candidaturas.

Día 23-11-21 Ás 9:00 h. constitución da Mesa Electoral de naís / pais de alumnos/as e votacións de  09:10 a 16:15 horas. 

Día 23-11-21 Ás 16:20 h. constitución da M. E. persoal de administración e servizos, e votacións de 16:20 a 16:50 h.

Día 23-11-21: Ás 17:00 h. constitución da Mesa Electoral de profesores/as e  votacións de 17:00 a 17:30 h.

Día 30-11-21: Proclamación de candidatos electos.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves, 11 de novembro de 2021

            Xornada de Xogos Populares, en horario escolar de mañá, terá lugar o vindeiro xoves día 11 de Novembro de 2021. A proba levarase a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 6º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 6º sairá do colexio ás 9:30h e volta ao mesmo arredor das 13:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente dende ás 10:30 ás 12:30h.

Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios e sen acceder ás instalacións do CEP Pedro Casselles, para cumprir coas medidas Covid-19.

Preme na foto para acceder ao regulamento da chave, da billarda e dos bolos celtas.

Campo a Través Escolar Zonal 21-22 para 3º e 5º

Campo a Través Escolar Zonal 21-22.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Mércores  24  Novembro 2021

            Campo a Través, en horario escolar de mañá, vai ter lugar o vindeiro mércores 24 de Novembro de 2021. A proba levarase a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

Pinchade aquí se precisas descargar a autorización da proba para asinar e entregar na escola.

Eurocidade Urban Trail Night.

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 27 de Novembro de 2021

Eurocidade Valença- Tui

 O vindeiro sábado día 27 de Novembro de 2021, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio ao avituallamento, como voluntarios. Convidamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na proba como voluntarios que cubran a seguinte notiña. A colaboración consistirá en repartir o avituallamento aos corredores na zona do Centro Interfederado de Tui entre as 20:00 e as 21:20h, estando sempre acompañados de mestres do colexio e as familias se o consideran oportuno.

 Preme aquí para descargar a folla de inscripción.

Se eres adulto e queres participar, preme no cartel para acceder a web da proba.

 

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves, 11 de novembro de 2021

            Xornada de Xogos Populares, en horario escolar de mañá, tivo lugar o vindeiro xoves día 11 de Novembro de 2021. A proba levouse a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 6º de Educación Primaria, que competiron por equipo clase  e asistiron á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada, moitas grazas a Agrudebam e a todas as escolas por permitirnos xornadas tan divertidas.

SEGUIMOS COAS LEITUGAS

AS LEITUGAS DAN MOITO XOGO

As leitugas que nos creceron nos bancais de infantil do ano pasado están dando moito xogo. Case todos os niveis aproveitaron para facer algunhas actividades na horta con elas.

Os nenos e nenas de infantil levaron unha cada para a casa.  Nun  vasiños de iogur plantaron cada un a súa e tan contentos que foron.

 

Os alumnxs de quinto de primaria aproveitaron para facer plantación nos bancais de interior e poñelos nunha zona onde lle dea ben o Sol.

Moi bo traballo!! Seguide así. Este ano imos ter leitugas dabondo.

 

 

 

 

Os nenos e nenas de primaria tamén plantaron leitugas nun dos bancais exteriores. 

 

 



by Dr. Radut