SEGUIMOS COAS LEITUGAS

AS LEITUGAS DAN MOITO XOGO

As leitugas que nos creceron nos bancais de infantil do ano pasado están dando moito xogo. Case todos os niveis aproveitaron para facer algunhas actividades na horta con elas.

Os nenos e nenas de infantil levaron unha cada para a casa.  Nun  vasiños de iogur plantaron cada un a súa e tan contentos que foron.

 

Os alumnxs de quinto de primaria aproveitaron para facer plantación nos bancais de interior e poñelos nunha zona onde lle dea ben o Sol.

Moi bo traballo!! Seguide así. Este ano imos ter leitugas dabondo.

 

 

 

 

Os nenos e nenas de primaria tamén plantaron leitugas nun dos bancais exteriores.