Skip to Content

As nosas actividades

BIODIVERSIDADE DAS AVES

BIODIVERSIDADE DAS AVES

Club de ciencias

 

No club de ciencias seguimos coa elaboración dos murais coa información máis relevante da diversidade de aves da contorna.

Dende o patio podemos ver cada día varios niños. Na primavera comezan a preparar todo para recibir ás súas crias.

Agora moito máis motivados ao ter a madeira para a elaboración das caixas nido.

 
 

 

 

 

 

MADEIRA PARA CAIXAS NIDO

MADEIRA PARA AS CAIXAS NIDO

Curso 23-24

Club de ciencias

Imagen de Casa Pajaros Exterior de Madera, para Colgar en el Jardin, Jaula Nidos de Pajaros Agaporni, Pajareras para Canarios, incubadora

No club de ciencias seguimos avanzando co noso proxecto sobre a biodiversidade das aves da contorna.

Grazas a aportación de  Marmolería Norfert S.L en Guillarei, unha familia do cole, xa temos a madeira para elaborar as nosas caixas nido.

Nas próximas semanas comezaremos co taller de elaboración das 42 caixas nido.

 

Moitísimas grazas pola vosa aportación e por colaborar sempre.

 

 

ELABORACIÓN DE XABÓN CON ACEITE

 

TALLER DE ELABORACIÓN DE XABÓN NATURAL

 

 Cómo hacer jabón casero: el truco de las abuelas para reciclar el aceite  usado

O 20 de marzo e o 4 de abril o alumnado de 6º e 4º de primaria tiveron un taller de elaboración de xabón empregando  aceite reciclado.

Esta foi outra actividade do programa Ponte a Zero do CEIDA, na que ademáis de elaborar xabón con aceite e plantas aromáticas da nosa horta, aprendemos como se pode reducir a contaminación substituindo produtos de limpeza comúns por outros máis respectuosos co medio ambiente coma o vinagre, o limón ou o bicarbonato.

Animádevos a dar un pequeno gran cambio nos vosos fogares!! 

 

 

 

ACTIVIDADE: QUEN VIVE AÍ?

 

ACTIVIDADE:

QUEN VIVE AÍ?

 

Ponte a Zero: Guía de Recursos Educativos sobre Residuos, Compostaje y  Huerta Escolar | CEIDA

 

 

O 2 de abril tivemos outra actividade do programa "Ponte a Zero" desenvolvido polo CEIDA.

Os rapacxs puideron ver e identificar  os diferentes insectos que viven no composteiro e na horta, tamén aprenderon a función que ten cada un deles na elaboración do compost.

Observáronos moi de cerca coas lupas e os microscopios, unha actividade que os tivo atentos e interesados dende o principio ata o fin.

 

 

DA HORTA AO PRATO

DA HORTA AO PRATO

RECEITA: REVOLTO DE GRELOS

 

 

 

Co bo tempo xa comezamos a ver os froitos da horta. Os pequenos agricultores de 2º de primaria plantaros grelos e agora é tempo de recoller e cociñar.

Prepararon un delicioso revolto de grelos no comedor ao que lle engadiron trociños de xamón, chourizo ou queixo.

 

 

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

Está semana con motivo do día mundial da auga os alumnos de 3⁰ e 4⁰ de primaria foron convidados a unha actividade didáctica no edificio da Área panorámica de Tui.
Coñeceron a través de xogos a importancia da auga e como facer un uso responsable dela, dando resposta ao ODS 6: Auga limpa e saneamento.

Lembraron o ciclo da auga e os pasos que se levan a cabo nunha grande depuradora.

Remataron cantando o rap da auga acompañados pola concelleira de Cultura e o xerente do Consorcio, entre outros, déronlle un pequeno agasallo que levaron para á casa.
A actividade estivo organizada polo Consorcio do Louro coa colaboración do concello de Tui.

Tamén os convidaron a participar no concurso de debuxo infantil que convoca o Consorcio do Louro e Aqualia, co lema “ Misión Sostible: Acción salvar o planeta.

 

 
 

ECOSISTEMAS NAS AULAS

PROXECTO ECOSISTEMAS NAS AULAS

 

Os alumnxs de 5º de primaria visitaron a ecohorta para buscar e aprender sobre a biodiversidade de bichos que viven nela. Atoparon bastantes tipos de insectos, vermes, caracois, lombrigas...

Decidiron investigar sobre tres deles.

CARACOIS

LOMBRIGAS

ESCARABELLOS

Para poder observalos máis a fondo crearon ecosistemas nas aulas e para elo precisaron: unha botella, terra mollada, plantas e animais.

Cada día foron observando os seus movementos, alimentación... e foron anotando os cambios que ían levando a cabo segundo a reacción dos animais, coma botar auga por se a terra está moi seca, ou facer máis buratos nas botellas por se non tivese o suficiente osíxeno.

Despois de dúas semanas de observación, puxéronos en liberdade, deixáronos todos de novo na horta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DA HORTA AO PRATO

POSTA A PUNTO DA HORTA

 

O pasado mércores día 13 de marzo o alumnado de 6ºA estivo traballando na horta, cacaron malas herbas aos cultivos e descubriron a biodiversidade  que vive entre as fresas, leitugas, herbas aromáticas, allos porros, remolachas, grelos e frambuesas. 

 

 

 

 

A MILLA. BIODIVERSIDADE ARBÓREA

A MILLA

Biodiversidade arbórea da contorna.

 

O noso alumnado está a realizar millas a diario no patio do cole. O obxectivo é percorrer moitas millas e lograr a colección de medallas dos ODS que están elaboradas coa madeira de diferentes tipos árbores típicas da zona. Deste xeito coñecen a biodiversidade arbórea da contorna e as súas propiedades, os distintos ODS, ao tempo que fan deporte. 

Cada mes reciben unha carta da mascota da biblioteca, "Bit", que os invita a percorrer as millas para ir conseguindo as medallas de todos os ODS. Ademáis, cada mes propón que se investigue sobre un tipo de árbore diferente, xa que as medallas van feitas desas madeiras. 

Neste mes de febreiro conseguiron as medallas dos ODS 8 E 9, que están elaboradas con madeira de piñeiro.

Estas son as árbores que levamos coñecito ata o mes de marzo:

  • En novembro foi o eucalipto. Medallas para presentar os ODS 1 e 2  feitas de madeira de  eucalipto. 
  • En decembro foi o castaño. Medallas para presentar os ODS 3,4 e 5 feitas de madeira de   castaño.
  • En xaneiro foi o loureiroMedallas para presentar os ODS 6 e 7 feitas de madeira de   loureiro.
  • En febreiro foi a sobreiraMedallas para presentar os ODS 8 e 9 feitas de madeira de   sobreira.
  • En marzo foi o piñeiroMedallas para presentar os ODS 10 e 11 feitas de madeira de   piñeiro.

 

 

Ademáis da carta con información sobre a árbore, cada clase recibe as follas de rexistro mensual, nelas recollen as  millas que fan cada día. 

No panel do corredor central, vanse  rexistrando as millas de cada clase e as medallas que cada clase consigue.

 

Pekerecicla

PEKERECICLA

Curso 23-24

Esta semana o alumnado de infantil  tivo outra actividade do programa "Ponte a Zero" do CEIDA.

Con esta actividade  educamos e sensibilizamos sobre a redución e boa xestión dos residuos urbanos, apoiando o ODS 12: Produción e consumo responsable, tamén chamado, o obxectivo da receclaxe. 

Pekerecicla  é unha proposta dirixida aos máis cativos que  educa na reciclaxe, onde a través dunha historia e varias actividades os alumnxs van completando as diferentes etapas da vida e transformación dos residuos urbanos e domésticos, para a súa correcta reciclaxe e recordando a importancia dos tres "R": Recicla, Reutilizar e Reducir.

 

CHARLA BOSQUE ATLÁNTICO

 

CHARLA SOBRE O BOSQUE ATLÁNTICO

Curso 23-24

O pasado  mércores 6 de marzo, tivo lugar unha charla formativa sobre o Bosque Atlántico e a súa biodiversidade para o alumnado de 6ºEP. Dando resposta aos ODS 4: Educación de calidade, ao ODS 13: Acción polo clima e o ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres. 

Coñecemos un pouco máis as súas características, a flora propia deste bioma e recoñecimos algunhas das variedades na nosa contorna.

Moi interesante! Desexando por en práctica o aprendido. Gazas ao concello de Tui por facelo posible.

 

O xogo ga miñoca

O XOGO DA MIÑOCA
 
Actividades do CEIDA
 
 
 
Hoxe os cativxs de 1⁰B tiveron unha das actividades do programa " Ponte a Zero" desenvolvido polo centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIDA), coa fin de educar e sensibilizar sobre a redución e boa xestión dos resíduos urbanos, apoiando os ODS 12 " Produción e consumo responsable" , tamén  chamado o  obxectivo da reciclaxe.
Reciclar conleva aforrar materias primas, enerxía, auga e reducir as emisions de gases do efecto invernadoiro.
 
 
"O Xogo da miñoca"
 
gusano-imagen-animada-0030
 
 
A modo de xogo foron reforzando os  seus coñecementos sobre a reciclaxe, clasificaron  resíduos e sensibilizáronse cos beneficios que ten Reducir, Reciclar e Reutilizar ♻️para o  medio ambiente. Tamén aprenderon a importancia que ten a biodiversidade que vive  no composteiro, coma as miñocas ou os bechos bola, que  airean o compost e fan que sexa de calidade.
Nás próximas semanas tocaralle  a 1⁰A facer a actividades.
 

Deporte na Escola

A Milla

Marzo 2024

ODS 8 e 9

Biodiversidade

O Piñeiro en Galicia.

Durante o mes de febreiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de febreiro coñecemos o ODS 8: Traballo decente e crecemento económico e o  ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. As madeiras son recollidas de restos de podas ou caidas.

 

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer a influencia do piñeiro no Baixo Miño. O piñeiro foi usado para repoboar os montes de Galicia a comezos do S.XX, dando lugar ao nacemento dunha cadea industrial de aserradeiros e empresas madeireiras con traballo decente e favorecendo o crecemento económico daquela época tal como promoven o ODS 8. Na actualiade a industria, innovación e infraestructuras fan dos piñeiros un gran recurso en aproveitamento da resina,así como excelentes coutos micolóxicos, etc...tal como busca promover o ODS 9

 

 

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de marzo, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.

CAMPAÑA AFORRO DE AUGA E ENERXÍA

 

VISITA DOS ENXEÑEIROS

"CAMPAÑA AFORRO AUGA E ENERXÍA"

Curso 23-24

Este venres tivo lugar a campaña de aforro de auga e enerxía, dando resposta ao 0DS 6: Auga limpa e saneamento e ODS 7: Enerxía asequible e non contaminante.

Foi unha visita moi interesante da man de Alejandro Pardo, enxeñeiro de enerxías renovables, Manuel abeledo, enxeñeiro de enerxías e Omar Lomba, mestre de EP, estes dous últimos antigos alumnos do noso colexio. Con eles aprendemos  e incluso poidemos experimentar, moitas grazas por xerarnos entusiasmo pola importancia da auga e da enerxía non contaminante.

Ao rematar o taller o alumnano de 6º de EI entregounos un decálogo de aforro de auga elaborado por eles.

o alumnado de 3ºEP achegounos normas de aforro de enerxía na escola e na casa. Agora toca poñelas en práctica.

Excelente campaña dos nosos alumnos, noraboa!

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAÑA AFORRO DE AUGA E ENERXÍA

 

CAMPAÑA AFORRO AUGA E ENERXÍA

Curso 23-24

Este venres 26 de xaneiro teremos unha campaña de aforro en auga e enerxía para todo o alumnado, organizada polas clases de 6ºEI e 3ºA EP, que son os encargados das ODS 6 E 7 do mes de xaneiro.

Os relatores das actividades serán:

  • Alejandro Pardo enxeñeiro de enerxías renovables
  • Manuel Abeledo enxeñeiro de enerxías
  • Omar Lomba, mestre de EP

Todos eles antiguos alumnos do noso colexio.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut