Skip to Content

As nosas actividades

HOTEL DE INSECTOS

 

HOTEL DE INSECTOS

O ano pasado participamos nun concurso de redacción promocionado por “Miel de Galicia”,  enviamos  unhas redaccións sobre unha abella chamada Melucha.

Conseguimos un hotel de insectos e uns botes de mel,que degustaremos na festa de fin de curso nuns anaquiños de pan tostado.

 

Este ano mercamos algún máis e  colocámolos na moreira do colexio e nalgunha outra árbore, para ver a que insectos lles apetece ser os primeiros en reservar unha habitación.

 

 

QUEN VIVE NO NOSO PATIO?

 

 

QUEN VIVE NO NOSO PATIO?

Os 3º e os 4º animáronse a facer unha actividade conxunta. Saíron ao patio a buscar que tipo de bichos e insectos viven alí, procuraron no medio da herba, no composteiro, na horta… atopamos moitas variedades: saltóns, caracois, miñocas, bichos bola, arañas, abellas…

Logo recolleron algunha información en murais para compartir todo o que investigaron co resto dos compañeiros do colexio

 

 

 

 

 

 

PROXECTO DO MAR

 

 PROXECTO DO MAR EN INFANTIL

Curso 22-23

En infantil estamos cun proxecto mediombiental e multidisciplinar. Convertéronse  en buzos e investigaron o mar, as  súas riquezas e os perigos que o ameazan.

Comezamos partindo dun centro de interese moi común nos máis cativos, os animais, neste caso, os peixes.

Trouxeron sardiñas e buscaron o seu esqueleto, a espiña. Traballaron o calamar, onde viven e que comen. Tamén coñeceron, tocaron e uliron un polbo de cerca,contaron as súas patas.

Finalmente o polbo Lolo acabou na cazola. Aprenderon como se cociña e botáronlle sal e pemento doce. Chegou o momento de degustar este manxar galego, aínda que non todos se animaron.

 

 

 

 

 

 

 

AFORRO DE ENERXÍA

AFORRO ENERXÉTICO

 

Iniciamos unha actividade para o aforro enerxético. Cada vez que saímos das aulas, ao recreo, ao ximnasio… temos que deixar as luces apagadas.

Deste xeito promovemos os ODS, sobre todo o obxectivo 12  "Produción e consumo responsable".

 

SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN

 

 

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN

(Curso 22-23)

 

O pasado martes 13 de xuño os terceiros foron de excursión á illa de San Simón con parada no museo Meirande. No museo comezamos cun vídeo que nos contaba como sucedeu a batalla de Rande no ano 1702 e que tivo unha duración de día e medio. Tamén nos ensinaron como evolucionou o traxe de buzo e puidemos ver as maquetas dos barcos que libraron a batalla.

Xa na illa descubriron todos os seus segredos e realizaron unha xincana por equipos moi divertida. Tamén vos animamos a descubrir a lenda sobre a dragoa Coca, unha lenda que non nos deixou indiferentes.

Á volta disfrutaron dunhas fermosas vistas da ría de Vigo na cuberta do barco, toda a viaxe estivo amenizada con música.

Unha saída emocionante!

 

 

 

Aliméntate ben

As árbores do patio ensinan os seus froitos.

Coa chegada de mellores temperaturas no mes de xuño de 2023, as  árbores que plantamos no patio no mes de xaneiro do ano 2022, xa teñen os seus primeiros froitos. Están ben fermosas cos coidados do alumnado do noso cole. Este ano temos a proba dos mirabeis e paraguaios.

 

Actividades no Medio Natural

Tui en Ruta 23.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade estivo destinada os/as 50 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o luns 19 e martes 20 de xuño de 2023.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 19 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei e finalizamos coa visita de Gustavo Rodríguez e David Fernández, dous antigos alumnos da escola e dous referentes no mundo do ciclismo a nivel mundial.

2ª Xornada: O día 20 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.

Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.

 

Actividades no Medio Natural

Aloiada 23

O C.E.I.P. Nº2,  o C.E.I.P. Nº1,  o C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, de C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei e C.E.I.P. de Caldelas, en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.

Dita actividade estivo destinada os/as 120 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.

En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 15 e o venres 16 de Xuño de 2023.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:

 

1ª Xornada: O día 15 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

2ª Xornada: O día 16 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º gozamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.

Aliméntate Ben

Patata GIFs | Tenor

As  familias sacan as patacas

Saco de patatas. bolsa de arpillera de dibujos animados llena de papa  madura montón, ingredientes alimentarios, ilustración vectorial aislado  sobre fondo blanco | Vector Premium

 

Hoxe mércores 14 de xuño de 2023 un equipo de familias, estiveron traballando arreo na horta da escola. Con aparellos de labranza, sacaron as boas patacas que medraron e que plantaran o alumnado de infantil. Moitísimas grazas a todas as familias polo seu esforzo e o seu tempo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut