Skip to Content

As nosas actividades

CONCURSO " AS AVENTURAS DE MELUCHA"

CONCURSO DE REDACCIÓN

AS AVENTURAS DE MELUCHA.

Curso 2021-22

Dende "Miel de Galicia" chegounos este concurso de redacción tan interesante e invitámosvos a participar.

 

As tres mellores historias serán ilustradas e editadas para que formen parte da biblioteca da escola.

 

 

Que teño que facer para participar

Para participar escribe un conto coas aventuras da abella Melucha  seguindo as bases que aparecen a continuación.É doado, debe estar escrito en en folios DinA 4, a man, en galego e un máximo de 5 folios.

Achégallo ao teu profe antes do 11 de novembro.

Bases completas

1. “As aventuras de Melucha” é un concurso literario co tema central do concurso “Mel de Galicia”, Melucha dende a flor ao tarro.

2. Poderán participar nenos e nenas matriculados en Educación Primaria de Colexios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Os traballos presentaranse en formato DinA4, escritos a man e con redacción en galego, máximo 5 folios.

 

5. Os tres mellores contos serán ilustrados e editados no libro “As aventuras de Melucha”.

6. Os cativos e colexios poderán optar aos seguintes premios:

Para os tres cativos gañadores un lote de Mel de Galicia, máis dez exemplares do libro “as aventuras de Melucha” e un diploma acreditativo.

– Para os trinta primeiros colexios que envíen os contos o premio será un hotel de insectos e un exemplar do libro “As Aventuras de Melucha”.

 

Esperamos as vosos contos! 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2021-22

A NOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS.

Curso 21-22

Todo o traballo das familias deu o seu froito. Chegaron moreas de cabazas de diferentes tipos, formas e cores . Tamén  trouxestes alimentos que podemos obter delas: cabelo de anxo, pipas de cabaza, mermelada... ,incluso esponxas naturais que se poden facer cun tipo de cabaza, a luffa.

Moitas grazas pola vosa implicación. 

 

DECORAMOS AS LETRAS PARA O MURAL

DECORAMOS LETRAS PARA O MURAL DE VOZ NATURA

Curso 21-22 

Para elaborar o mural de Voz Natura pedimos aos alumnxs de cuarto que nos achegasen os que poidesen calquera elemento natural que tivesen na casa ou preto.

Trouxeron millo, piñas, flores, cortezas, cabaza de esponxa, paus, ramas, castañas, noces... 

Con todos, decoramos as letras do mural de Voz Natura e a mesa na que se van a por as cabazas.

 

 

 

     

 

 

XA TEMOS GRELOS EN INFANTIL

NA HORTA XA NACERON OS GRELOS

Curso 21-22

 

O traballo xa deu o seu froito, hai unhas semanas os nenos e nenas de 5 anos de infantil plantaron  sementes de grelos. Coa axuda da súa profe Bea foron coidando deles e nun abrir e pechar de ollos, teñen a súa parcela na horta chea de grelos.

Que ilusión comezar a ver vida na horta!! Noraboa!!

 

 

 

 

EN INFANTIL PLANTAN GRELOS

 

SEMENTEIRO DE  GRELOS EN INFANTIL

Curso 21-22

Os nenos e nenas de 5 nos  plantaron as sementes dos grelos. Agora toca regalos e  esperar para ver que ocorre. 

Temos todos moita ilusión por ver cando sairán!!

 

 

 

 

 

 

EXTRAEMOS SEMENTES

EXTRAEMOS SEMENTES

Os alumnos de 5 anos e os de terceiro estiveron extraendo sementes de diferentes froitos ao longo desta semana en diferntes talleres.

Sacaron sementes de  tomates,pementos, sandías..

 

Os nenos e nenas de 5 anos pasárono xenial sacando sementes de tomates da variedade Cherry, de sandía, de pementos, de grelos...

Algún incluso lle botou un bocado á sandía, e por suposto non deixaron de recibir eses cheiriños tan característicos, sobre todo dos pementos.

 

Os nenxs de terceiro animáronse a facer un taller para a extracción das sementes dos tomates. Empregaron a parte das mans, un moedor, que lles axudou a extraer o zume.

 

 Aproveitaron para degustar o zume, inda que creo que non tivo moito éxito

 

 

 

Noutro día os rapaces e rapazas de terceiro fixeron outro taller, nesta vez tocoulle o turno aos pementos. Foi curioso ver como algún se animou a probalo.

 

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 EXPOSICIÓN DE CABAZAS 

Este ano con Voz Natura queremos unirnos á “ I Feira da Cabaza” que se celebra ao longo de todo o mes de outubro no municipio de Tui. Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acollen exposicións de cabazas  e actividades relacionadas con este producto.

Gustaríanos dar a coñecer a variedade de cabazas que hai. É un froito autóctono, de moi fácil coidado, vistoso e que ofrece moreas de posibilidades, dende gastronómicas ata decorativas.

No cole faremos a nosa propia exposición  de cabazas, para iso, precisamos da vosa colaboración e gustaríanos que participasedes de xeito voluntario.

É moi sinxelo, so tedes que achegarnos cabazas con formas ou tamaños orixináis, cabazas decoradas, obxectos que podamos elaborar ou obter das cabazas (esponxas, cabelo de anxo…)…  deixamos liberdade á vosa imaxinación, calquera producción propia que teña que ver coas cabazas estaremos encantados de recibila.

Con todas elas faremos unha exposición no corredor principal e mostraremos as fotografías de todas elas.

Aconsellamos que non as vaciedes xa que duran moi pouco, se as queredes  decorar de Samaín é mellor pegarlle adornos, pintalas ou non poñerlles nada. Animámosvos a participar e a realizar esta actividade en familia.

 

 

 

 

PREPARAMOS A TERRA DOS BANCAIS

PREPARAMOS  BANCAIS 

Curso 21-22

A nosa horta vai collendo forma. Viñeron rechear os bancais de terra, pero... precisaba de ser estirada.

Os alumnos e alumnas de quinto ofrecéronse  para deixar algúns listos  e poder transplantar as leitugas que nos creceron do curso pasado.

Gracias granxeiros!

 

 

 

 

 

GRAMÓN PARA CUBRIR AS ZONAS DE NON CULTIVO

GRAMÓN

En Voz Natura seguimos naturalizando espazos. Estamos preparando gramón para que enraice e transplantar nas zonas de non cultivo. 

Esta vez foron os nenos e nenas dos cuartos os que se animaon a facerlo.

 

Actividad Deportiva en Tui

I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro en Tui

EXPOSICIÓNS,DEMOSTRACIÓNS GASTRONÓMICAS, VISITAS GUIADAS...

Ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense a I Feira da Cabaza con exposicións en moitas das parroquias tudenses e rutas de sendirismo guiadas: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Unha mostra de produtos que irá medrando semana a semana, e na que se poderán ver múltiples variedades de cabazas, e algunhas de gran tamaño.

A Feira pecharase o sábado 30 e o domingo 31 de outubro en Tui centro cunha gran exposición e venda de cabazas e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto. Tamén cada fin de semana continuarán as visitas guiadas a pozas e regadíos nas parroquias que leva a cabo o club AndaTui.

Nas rutas previstas visitarán boa parte das pozas e regadíos existentes en cada parroquia para explicar a importancia que tiñan no cultivo da cabaza.

A feira está organizada pola Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, Comunidade de Montes de Baldráns, Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, Pancho Cultural de Randufe, e Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, contando coa colaboración do Concello de Tui. 

 

Dende o cole queremos unirnos a esta iniciativa e facer a nosa propia exposición de cabazas.

 

I Feira da Cabaza

LUGARES DE EXPOSICIÓN

  • Areas - Centro Cultural
  • Baldráns – Casa da escola
  • Caldelas – Multiusos da Comunidade de Montes
  • Guillarei – Centro Cultural
  • Paramos – Local no Monte das Penizas
  • Pazos de Reis – Centro Cultural
  • Pexegueiro – Centro Cultural
  • Randufe – Pancho Cultural
  • Rebordáns – Centro Cultural

RUTAS de Sendeirismo GUIADAS

 

  • Sábado, 2 de outubro ás 10 h. Paramos.  Saída dende o Alto das Penizas
  • Domingo,  3 de outubro ás 10 h. Caldelas. Saída dende o local da Comunidade de Montes na ribeira   
  • Sábado,  9 de outubro, ás 17 h.  Guillarei. Saída dende o casa  cultural
  • Domingo, 10 de outubro, ás 10 h. Rebordáns. Saída  dende  a casa cultural 
  • Martes, 12 de outubro, ás 10 h. Randufe. Saída dende o adro da Guía 
  • Sábado, 16 de outubro, ás 17 h. Pazos de Reis. Saída dende casa cultural no Anxo
  • Domingo, 17 de outubro, ás 10 h. Pexegueiro. Saída   dende a casa cultural
  • Sábado, 23 de outubro ás 17 h.  Baldrans. Saída dende a casa cultural
  • Domingo, 24 de outubro, ás 10 h. Areas. Saída   dende a casa cultural
  • Domingo, 31 de outubro, ás 10 h. Tui centro. Saída dende  o Paseo da Corredoira.

Máis información na web do Concello de Tui.

 

RECOLLENDO LEITUGAS E FABAS

 RECOLLENDO LEITUGAS E FABAS

Curso 21-22

Nas bancadas de infantil creceron leitugas e fabas do curso pasado. Os alumnos de 4º recolléronas e pasáronas a macetas. Cando teñamos  a bancada lista, sen manlas herbas e con plástico negro, transplantarémolas para que sigan crecendo.

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2021-22

NATURALIZAMOS ZONAS COMÚNS CON PLANTAS DECORATIVAS

Curso 21-22

Benvidos a un novo curso, e como non podería ser de outra maneira, reabrimos a nosa horta.

Para as novas familias que pasan a formar parte da nosa comunidade educativa gustaríanos contarlle os innumerables beneficios de ter unha horta escolar, os máis importantes poderíamos resumilos en:

  • Crear lazos afectivos coa contorna.
  • Fomentar o coidado da natureza.
  • Valorar a auga e non malgastala.
  • Traballar en equipo.
  • Fometar unha alimentación sa e equilibrada.
  • Colaborar no desenvolvemento sostible e coidado do planeta.


Por todos estes motivos e moitos máis, gustanos coidar da horta, dende os máis pequenos ata os maiores, todos podemos aportar algo.

Arrancamos con moitas ganas este novo curso, con novas ideas e novas propostas, esperamos que vos guste velas tanto como a nós levalas a cabo.

Aceptamos calquera colaboración e axuda que as familias nos queirades brindar.

Deixámosvos cunhas fotos dos alumnos de cuarto curso naturalizando os espazos comúns con plantas decorativas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut