novas

O PROGRAMA VOZ NATURA RECIBE A MEDALLA DE OURO DA CRUZ VERMELLA

O PROGRAMA VOZ NATURA RECIBE A MEDALLA DE OURO DA CRUZ VERMELLA

Mañá Xoves 10 de maio a raíña Leticia entregará en Santiago de Compostela a Medalla de Ouro da Cruz Vermella ao programa de educación medioambiental Voz Natura.

A organización valorou o traballo desenvolto polo programa para implicar aos nenos e xóvenes no cuidado da natureza.

Deixámos aquí o link da noticia para que poidades consultala.

 

PLANTACIÓN MÉRCORES 25 DE ABRIL

PLANTACIÓN MÉRCORES 25 DE ABRIL 

O pasado mércores 25 de abril voltaron á horta os alumnos de 2º. Desta vez plantaron leitugas e cenorias, para o que contaron coa axuda das súas titoras e da profe Bea.

 

Ademais, os alumnos de 6º A comezaron coas quendas de rego e coidado da horta, que cada día está máis bonita.

PLANTACIÓN XOVES 19 ABRIL

PLANTACIÓN XOVES 19 ABRIL

O pasado xoves 19 de abril foi un día de moito tránsito na horta. Viñeron os nenos de 5 Anos A, 3º B, 3º C, 4º A e 4º B.

Os nenos de 5 anos A plantaron algunhas fresas, para o que contaron coa axuda da súa titora Noe.

 

Os nenos de 3º B plantaron uns marabillosos repolos xunto coa súa titora Mª Xosé e a profe Sara.


Os nenos de 3º C, xunto coa súa titora e o profe Luis, plantaton cebolas.

 

Finalmente, os nenos de 4º, xunto coas súas titoras Yessi e Melania, plantaron brócoli e acelgas.

PRIMEIRO DÍA DE PLANTACIÓN

PRIMEIRO DÍA DE PLANTACIÓN

O pasado mércores 18 de abril o alumnado de 2º e de 4 Anos de Infantil inauguraron a plantación da horta.

Os nenos de 2º plantaron leitugas e berzas coa axuda da profe Bea.

Os nenos de 4 Anos plantaron leitugas e tamén cenorias.

A partir de agora teremos que esperar para ver como vai crecendo todo!

COMEZAMOS A PREPARAR A TERRA

COMEZAMOS A PREPARAR A TERRA

O pasado venres 13 de Abril veu ao cole o señor Alfonso coa súa fresadora para arranxar e preparar todo o terreo no que imos situar a horta.

Despois, a profe Bea e a profe Sara colocaron os carreiros para separar as diferentes zonas e xa vedes que bonitiño quedou o espazo.

Prepadados... listos... ISTO COMEZA!

MONTAXE DOS ARMARIOS DA HORTA

MONTAXE DOS ARMARIOS DA HORTA

Antes de comezar coa plantación na horta, os alumnos de 6º Andrea, Carlota, Marcos L., Marcos C. e Carmen, xunto co seu titor Luis, estiveron montando os armarios nos que se gardará todo o material que temos para desenvolver este proxecto.

Entre pezas, portas, tornillos e instruccións case nos perdemos, pero ao final quedaron ben bonitos!

Moitas grazas pola vosa colaboración compis!

 

ESTADO ACTUAL DA HORTA DO COLE

ESTADO ACTUAL DA HORTA DO COLE

Por mor das obras do comerdor escolar que levan activas dende o principio do curso e tamén debido aos numerosos temporais que vimos sufrindo, a horta do cole atópase actualmente no estado que amosamos nas fotografías... PERO TRANQUILOS!! Porque imos deixala ben bonita.

Seguiremos informando!

 

BENVIDOS AO BLOGUE DE VOZ NATURA

BENVIDOS AO BLOGUE DE VOZ NATURA

Estade moi atentos porque nas vindeiras semanas iremos subindo información sobre as actividades que levaremos a cabo este curso escolar 2017/18 na horta do cole.

Distribuir contido