Skip to Content

Monthly archive

CURSOS DE VERÁN DE PIRAGÜISMO

 Piragüismo Cursos de Verán

Xullo- Agosto

Instalacións Club Kayak Tudense

 O Club Kayak Tudense, organiza nas quincenas de Xullo e Agosto, en horario de 10:00h a 12:00h , Cursos de Verán de Piragüismo, para nen@s entre 8 e 13 anos, nas instalacións do Club Kayak. Todos os interesados poderedes contactar co club no telefóno: 669219912.

 

Animamosvos a probar e disfrutar de todos os deportes e posibilidades que vos ofrece o Río Miño. A ben seguro, o ides pasar moi ben.

AGASALLO DE REIS

 

Os Reis Magos trouxéronnos de agasallo para os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui o arranxo do chan do Ximnasio.

Os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, queremos darlle as grazas aos Reis Magos, porque durante as vacacións de Nadal estiveron traballando moito, no noso ximnasio, lixaron, barnizaron e arranxaron o chan do ximnasio...tamén queremos darlle as gracias ao Concello de Tui e ao Club Bádminton Tui que lles axudaron no arranxo e no pintado das pistas. Moitas, moitas gracias.

 

 

FESTA DO JUDO VIGUÉS

Festa do Judo Vigués

O pasado día 18 de decembro de 2016, tivo lugar no Ifevi en Vigo a festa do Judo Vigués,na que participaron varios nenos e nenas do noso colexio, Lía Salvado, Erea Diez, Titanio, Ruth Blanco, Aloia Pato e moitos máis. Foi unha xornada moi importante para tod@s @s participantes, boa mostra diso é a foto que adxuntamos do Faro de Vigo.

Esta información foi facilitada pola familia de Aloia Pato e Uxía Soliño. Moitísimas gracias por achegarnos información tan interesante.

ROBERT MARCHAD DE 105 ANOS BATE O RECORD DO MUNDO

ROBERT MARCHAD DE 105 ANOS BATE O RECORD DO MUNDO

O francés Robert  Marchand de 105 anos, bate o record da hora en bicicleta na súa categoría.

O pasado día 4 de Xaneiro de 2017, o francés Robert Marchand estableceu o récord mundial de 22,547 kilómetros da hora en bicicleta dentro da categoría de corredores que, coma  él, teñen 105 ou máis anos de idade.

A proba tivo lugar no velódromo nacioan de Saint-Quentin-en-Yvelines, ao  suroeste de París  e no que superou fai tres anos o seu propio récord da hora cun total de 26,927 kilómetros.

Marchand definese como o deportista máis vello do mundo, naceu o 26 de novembro de 1911 en Amiens ao norte de Francia.

Ademáis de facer moito deporte durante toda a súa vida, Marchand sempre tivo hábitos de vida saudables, coma  comer moita froita e verduras, non fumar, tomar pouco café e menos alcohol….o que fixo posible que chegara  a idade de 105 anos en tan boa saude. 

Actualmente fai  unha hora diaria de estiramentos, a continuación fai outra hora de exercicio físico na sua bicicleta estática na casa e o resto do día pasao leendo para manter o seu cerebro activo.

Un modelo de deportista a seguir por todos nós, sen dubida.

CAMPIONATO MUNDIAL DE BALONMÁN

Campionato Mundial de Balonmán

Francia do 11-29 de Xaneiro 2017.

Dende o  día 11 ata o 29 de Xaneiro de 2017, terá lugar en Francia, o Campionato Mundial de Balonmán Masculino, no que España xogará no grupo B, e atoparase nos seus primeiros partidos coas selección de: Eslovenia, Macedonia, Islandia, Tunez e Angola.

Aquí vos deixamos un enlace a web oficial do campionato, para que estades atentos aos partidos e aos horarios dos mesmos. http://www.francehandball2017.com/en/

Moita sorte Hispanos!!.

XORNADAS DE BÁDMINTON

 

Competición de Bádminton

Curso 16-17

O Vindeiro martes día 17 de Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, como comprobaredes no calendario será os Martes pola tarde, nas instalacións do Pavillón do Ceip de Randufe. Serán Martes alternos, comezaremos coa categoría alevín o Martes 17 e o Martes 24 será o turno dos Benxamíns e dos Infantís.

Aquí vos deixamos o calendario e as follas de inscripción para que vos animedes a participar, cantos máis sexamos, mellor.

Folla de inscripción, categoría benxamín: aqui

Folla de inscripción, categoría alevín: aqui

 

REGATA MIÑO INTERNACIONAL

Regata Miño Internacional

8 de Xaneiro de 2017

Tui

O pasado domingo día 8 de Xaneiro de 2017, en horario matinal, tivo lugar aXXXVII Regata Miño Internacional-XIII Copa Presidente de la Diputación de Remo Olímpico, organizada polo Club Remo do Miño.

A proba tivo lugar dende san Pedro da Torre ata as instalacións do Centro Interfederado de Tui. Na mesma participaron embarcacións Cuatro-scull e Oito con timonel, nas categorías, xuvenil, absoluta e veterano.

Moitos equipos participaron neste evento: equipos galegos, de Madrid, de Portugal e incluso a participación do equipo británicoTrinity Boat Club da Universidade de Cambridge.

A nosa noraboa boa a todos os participates especialmente a aqueles que foron alumn@s do noso colexio

. Podedes atopar máis información no seguinte enlace: http://www.farodevigo.es/deportes/2017/01/09/club-remo-mino-tui-protagonista/1601235.html

Xogadores do Club Baloncesto Tui no Campionato de España de Baloncesto

 

Xogadores do Club Baloncesto Tui no Campionato de España de Baloncesto

 Huelva 3-7 de Xaneiro de 2017.

 Dende o pasado día 3 ata o 7 de Xaneiro de 2017 tuvo lugar na cidade de Huelva, o campionato de España de Baloncesto, na categoría Cadete Masculino.

 A selección galega de baloncesto contou nesta ocasión con tres grandes xogadores do Club Baloncesto Tui: Pablo Glez Sendra, Joel Martinez Rodríguez e o recen chegado a Tui Jens Larrañaga.

 Despois de un intenso campionato acadaron a quinta praza no seu grupo preferente. A nosa Noraboa a estes grandes xogadores, e ao Club Baloncesto Tui polo gran traballo que está a realizar.

 

XORNADAS INTERCENTROS

 Xornadas de Dinamizacións Intercentros en Horario lectivo 16-17.

Neste trimestre tamén dará comezo as xornadas de deporte escolar intercentros, durante a xornada lectiva. Nelas participa todo o alumnado de 3º ata 6º, indo cada curso un día.

Aqui vos deixamos o calendario da competición.

O  Vindeiro Luns día 23, en horario de 9:15-13:30h, os primeiros en participar nesta xornada serán @s @lumnos de 4ºB e 6ºB, que se desprazarán ata o colexio Altamira de Salceda para participar cos nenos/as de alí a: Minibalonmán, Minivolei, Bádminton, Baloncesto, Xadrez e Futbol-sala.

Tod@s @s participantes terán que traer chandal e equipación do colexio se tiveran, de non ter roupa deportiva, a mochila de cambio de educación física e merenda.

Se algunha familia de estes alumn@s se quere desprazar ata o Pavillón do Ceip Altamira, para acompañarnos, nos encantados de que nos acompañen e nos animen.

 

 

CRISTIANO RONALDO ELEXIDO MELLOR XOGADOR DO ANO 2016

 

Cristiano Ronaldo elexido mellor xogador do ano, nos premios The Best da FIFA

O xogador dianteiro do Real Madrid, Cristiano Ronaldo, foi galardoado co Premio 'The Best' como mellor xogador do mundo 2016, este galardón recibido nestes primeiros días do mes de xaneiro de 2017, engadeseao Balón de Ouro que lle foi entregado en decembro pola publicación 'France Football'.

Cristiano ten catro Balóns de Ouro, é este foi un dos mellores anos da sua carreira deportiva.

 A nosa noraboa a este gran xogador. Podedes atopar máis información en: http://www.20minutos.es/deportes/noticia/premios-the-best-fifa-2017-directo-2929139/0/#xtor=AD-15&xts=467263

 Información facilitada por Andrés e os seus compañeiros de 3º A

 

 

 

 



by Dr. Radut