AGASALLO DE REIS

 

Os Reis Magos trouxéronnos de agasallo para os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui o arranxo do chan do Ximnasio.

Os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, queremos darlle as grazas aos Reis Magos, porque durante as vacacións de Nadal estiveron traballando moito, no noso ximnasio, lixaron, barnizaron e arranxaron o chan do ximnasio...tamén queremos darlle as gracias ao Concello de Tui e ao Club Bádminton Tui que lles axudaron no arranxo e no pintado das pistas. Moitas, moitas gracias.