Skip to Content

Xaneiro 2018

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 27 de xaneiro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de Salceda. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: C.B.Tui- Caselas: 2-2/11-9/3-2/10-9

Moi bo partido, as nosas xogadoras seguen a colleitar victorias. Noraboa Campionas.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

DEPORTE ESCOLAR. Competición de Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 17-18

 O Vindeiro martes día 30 de  Xaneiro terá lugar a 2ª Xornada da  competición escolar de Bádminton Alevín ( 5º e 6º), que terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 16:30h a 19:30h. O autobús sairá do colexio ás 16:00h e a volta será ás 19:30h. Os nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h.

CLUBE BALONMÁN TUI

 

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 20 de xaneiro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo do Porriño A. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: C.B.Tui-Balonmán PorriñoA: 12-3/9-1/4-4/10-2

Moi bo partido e un gran resultado. Moitas felicidades equipo.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

 

 

CARLOS SAINZ CAMPIÓN CONTRA TODOS E CONTRA TODO

Carlos Sainz proclamouse campión do seu segundo Dakar, o piloto madrileño escribe un novo capítulo na historia do automobilismo o convertirse no bicampión do Rally Dakar

NORABOA CAMPIÓN!


Aquí deixámosvos o enlace para poder ver máis da noticia!

http://www.abc.es/deportes/abci-carlos-sainz-campeon-contra-todo-y-contra-todos-201801210854_noticia.html

Campo a Través Provincial 17-18.

Campo a Través Provincial 17-18.

Circuito da Azucareira Concello de Portas

Martes 23 de Xaneiro 18

            O Vindeiro martes día 23 de Xaneiro vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito da Azucareira no Concello de Portas. Este ano por primeira vez vai a ser en horario lectivo, soamentes para centros educativos. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron na proba de Campo a Través zonal de Soutelo. A saída será ás 9:00h do Ceip Nº2 de Tui e o regreso ás 14:15h. Todos os participantes asistirán á proba, en bus con profesorado do centro, convidando ás familias a disfrutar tamén da xornada con nós. Todos os participantes deberán traer equipación do cole, chándal do mesmo se tiveran e roupa de cambio se chovera. Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161

 

 

JAVIER FERNÁNDEZ CONQUISTA O SEU SEXTO CAMPIONATO DE EUROPA CONSECUTIVO

Javier Fernández afrontou o Campionato de Europa como o mellor entrenamento de cara os Xogos Olímpicos. O madrileño escribiu unha nova páxina na historia do patinaxe e do deporte español.

Xa é seis veces campión continental de forma consecutiva.

Noraboa campión!


Aquí os deixamos o enlace para poder ver máis da noticia! 

http://www.marca.com/deportes-invierno/2018/01/19/5a62081ee5fdea6f758b461b.html

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

O vindeiro, martes 23 de xaneiro dará  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría Benxamín e Infantil (3º,4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, teredes que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

 

 

O pasado, martes 16 de xaneiro deu  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos alguns momentos do ben que xogaron os nenos e nenas do noso colexio. Recordade que a vindeira xornada será o martes 30 de xaneiro e non podedes faltar.

 

Campeonato Europeo de Balonmano Masculino de 2018

Campeonato Europeo de Balonmano Masculino de 2018

Estase a levar a cabo oXIII Campeonato  Europeo de Balonmano Masculino que se celebra en Croacia entre o 12 e o 28 de Xaneiro de 2018, baixo a organización da Federación Europea de Balonmano (EHF) e da Federación Croata de Balonmano.

16 equipos europeos compiten neste evento polo título europeo, sendo o actual campión de europa Alemania, vencedor do Europeo de 2016.

Queremos desexarlles moita sorte aos Hispanos e podemos seguir os seus partidos en teledeporte ou pinchando aquí.

 

Circuito Galego de Bádminton

Circuito Galego de Bádminton

Club Bádminton Tui

21 de Xaneiro de 2018

Pav. Ies San Paio

O vindeiro domingo, 21 de xaneiro de 2018 vai ter lugar no Pavillón do Ies San Paio, unha proba do Cirucito Galego de Bádminton, onde ser van dar cita os mellores xogadores galegos de Bádminton. Esta proba ademáis é puntuable para o ranking nacional.

A proba dará comezo ás 10:00h e prolongarase ao longo de todo o día, nela participarán numerosos alumn@s do Ceip Nº2 de Tui. Animamos a tod@s alumn@s do colexio e as súas familias a disfrutar dunha proba tan importante en Tui. A nosa Noraboa ao Club Bádminton Tui polo seu gran traballo.

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño

Curso 17-18

Venres día 19 de xaneiro de 2017

 O vindeiro venres día 19 de xaneiro de 2017 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB, 4ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda. 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 13 de xaneiro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo do Novás de O  Rosal. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: Balonmán Novás-C.B.Tui: 9-9/5-2/9-8/6-5

Moi bo partido ainda que os resultados non acompañaron ao noso equipo.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

DEPORTE ESCOLAR. Competición de Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 17-18

 O Vindeiro martes día 16 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, que terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 16:30h a 19:30h. Aquí vos deixamos o calendario de competición que como veredes comeza coa competición Alevín o martes 16, e seguirá coa competición Benxamín e Infantil o martes 23. Animamos a todos os nenos e nenas de 3º a 6º a participar.

A autorización da Categoría Alevín podedes descargala aquí.

autorización da Categoría Benxamín e Infantil podedes descargala aquí.

Rally París-Dakar

 Rally París-Dakar.

Estase a levar a cabo a proba de automovilismo “Rally París-Dakar”, dende o 6 ata o 20 de Xaneiro.

Este ano ao igual que na pasada edición estase a realizar en Sudamérica, comezando en Lima ( Perú) pasando por Bolivia e rematando en Córdoba ( Arxentina). Nesta proba participan coches, motos, camións, Quads, etc…sendounha proba con participación masculina e feminina, sendomoi dura porque circula por dunas, deserto e terreosmoi complicados.

 

Podedes atopar máis información en www.dakar.com

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 20 de Decembro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de Salceda. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: Balonmán Salceda-C.B.Tui: 6-13/9-8/3-10/2-9
Unha merecida victoria para os xogadores tudensen que deixa un gran sabor de boca.
 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias


by Dr. Radut