Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

 O vindeiro martes  11 de febrero, terá lugar a 2ª xornada da competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Entroido

Entroido.

O venres día 21 de febreiro de 2020, tivemos o entroido na escola. Este ano foi un entroido saudable, xa que estamos traballando co Proyecto Eramus+ a importancia de unha alimentación sa e saudable. Este ano voltamos a saír a rúa cun desfile fantástico.Cada curso elexiu o seu disfraz con moitos alimenticios. 

A importancia das verduras representadas polo alumnado de 3 anos.

Os utensilios de cociña, tan necesarios para cociñar foron representados polo alumnado de 4 anos.

Para facer un uso axeitado dos utensilios de cociña, o alumnado de 5 anos convertíronse en grandes cociñeiros/as.

O alumnado de 1º eran as sementes tan importantes para prantar na nosa horta froitas, verduras, cereais, etc...

O alumnado de 2º representaros unha froita riquísima, as uvas.

E seguindo coas froitas O alumnado de 3º transformáronse en fresas deliciosas.

 O alumnado de 4º decidiu representar as zenorias, unha verdura imprescindible na nosa dieta saudable.

Tamén tivemos panadeiros con moita experiencia, que foron os alumnos e alumnas de 5º. Eles ensinaronnos a importancia do pan na nosa dieta.

e para rematar o alumnado de 6º, con todas as froitas, verduras e sementes elaborou unha axeitada Pirámide de alimentos axeitada ao noso Proxecto e para que tod@s tomemos conscicencia de unha alimentación sá e saudable.

Despois do desfile e xa no centro, disfrutamos da tradicional cuchipanda de entroido con filloas, orellas e suculentos manxares preparados polas familias, ás que lles temos que agradecer a súa colaboración con estas delicias.

 

Carnival

On February  21st we had the carnaval aprty at school. This year it was a “healthy carnaval”, as we are working with the Erasmus Project “Happy and Healthy Lifestyle”. Every grade chose their costumes related to food.

3 yeard old students were different vegetales, 4 years kitchen tolos, 5 years were great chefs. In primary, 1st grade were differet sedes to grow in our vegeable garden, 2nd grade were a delicious fruit “grapes”, 3rd grade strawberries, 4th grade were so important vegeable as carrots,. We also had incredible bakers in 5th grade. And with all these fruits,seed and others, 6th grade created their costume, “food pyramids”.

After the parade that we did, we enjoyed our tradiional “chupipanda” with some traditional carnaval dishes.

Sara queda na casa, practicando actividade deportiva.

Sara queda na casa,

practicando actividade deportiva.

O pasado venres día 3 de abril, recibimos máis noticias deportivas de Sara Riveiro de 3ºB, facíanos chegar  dous vídeos, practicando  actividade física no seu xardín, xunto a súa familia. Pero tamén practicando no salón da súa casa con toda a familia. Gustounos ver a  Suso o seu irmá maior, que cando viña ao noso colexio foi un excelente deportista, que siga practicando actividade física tamén é fantástico. Ver a toda a familia practicando xunta é xenial, Sara grazas polo teu esforzo. Sodes unha familia admirable.

 Aquí vos deixamos as imaxes para que  vexades como se divirten e o pasan ben na casa. Moitas grazas a Sara e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos. Sodes uns campións. 

MINDFULNESS

 

GUÍA DE PRÁCTICA DE MINDFULNESS PARA MOMENTOS DE ESTRÉS

Camiño de Santiago Portugués Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Camiño de Santiago Portugués

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

O Camiño de Santiago Portugués, é unha importante ruta  xacobea, que entra en Tui dende Valença pola vella ponte internacional. Nos últimos anos gañou moita afluencia de peregrinos que a pé, en bicicleta ou a cabalo fan o camiño para rematar en Santiago de Compostela. O alumnado de 3º do colexio percórrea cada ano ,dende a cidade ata a Ponte Romana. Ten moitos recunchos con encanto, moita fauna e flora digna de coñecer e pasalo ben, ímosvolos ensinar:

Andrea de 5ºA está no punto de partida do camiño, 116 Km, para chegar a Santiago, a distancia mínima para conseguir a Compostela.

Jorge de 6ºA fixo varios quilómetros, para mostrar as distancias e los puntos quilométricos. Se decidides facer o camiño esta será a vosa guía.

Alba vai ensinarnos o tramo dende Tui ata a Ponte Romana.

Izan de 6ºB e Nayara de 3ºB ensinan dende a Ponte das Febres ata Budiño.

Sara de 3ºA e a súa familia fixeron tres etapas do Camiño de Santiago, aquí no lo ensinan esperamos que vos guste e vos animedes a facelo.

Uxía de 6ºA ensínanos dende a Ponte das Febres ata Ribadelouro. Moitas grazas Uxi.

 

ARRINCAMOS.....E NON SÓ MALAS HERBAS!!!

Benvidos un curso máis a este recuncho adicado ao proxecto Voz Natura do centro!!

Neste 2020-2021 temos moitas novidades.....estade atentos.....nós xa temos a maquinaria engrasada e lista para botar a andar....botar sementes...

Polo de agora xa temos a nosa hortiña limpiña, grazas a que o noso conserxe mantivo á raia as malas herbas no verán.

 

Faltan uns cantos traballiños para tela lista de todo.

 

E neste curso 2020-2021....o noso centro animouse a traballar unha nova proposta dende Voz Natura e que ten que ver co Camiño de Santiago, a sostenibilidade, a reciclaxe........se esquecer a oferta de vida saudable que a ruta do Camiño nos achega no seu transcorrer pola nosa vila.

Sabíades que.....Ultreia ou ultreya (do latín ultra -máis alá- e eia -interxección para mover-) é un saúdo entre peregrinos do Camiño de Santiago?.

Antigamente o saúdo entre peregrinos era "Ultreia, suseia, Santiago" [sigue adiante, que máis alá está Santiago]. Cando un peregrino saudaba a outro dicíndolle "Ultreia" ("sigue adiante") e o outro respondía con "Et suseia!" ("e máis alá!").

Na actualidade o saúdo que se utiliza é "Bo Camiño!!"

Sabedes que lugar da nosa vila aparece na seguinte foto?

Que pon no cartel??

 

 

Estade atentos....pronto máis novas destes proxectos!!!

 

 

 

 

A Milla de Lúa

A Volta ao Mundo de Lúa

Dende o mes de novembro cada clase estamos a percorrer a milla un día a semana. Este ano coas medidas Covid-19 non podemos facelo a diario coma ata o de agora. Pero imos tentar rematar con Lúa a volta ao mundo en Millas.

 

 Lua's world tour

This year we cannot help Lua as much as we can because of the covid but anyhow, we always help Lua to walk a little bit more. 

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián

Curso 19-20

Venres  día 17 de xaneiro de 2020

O vindeiro venres día 17 de xaneiro de 2020  terá lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián.  A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºB,  5ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Os alumnos de 3 anos panadeiros por un día.

Os alumnos de 3 anos panadeiros por un día.

O pasado xoves día 6 de febreiro, o alumnado de 3 anos visitaron a Panadería Rollo, que está cerquiña da escola. Alí con Moisés un excelente panadeiro fixemos masa, preparamos os nosos boliños e vimos como se coce o pan. Foi fantástico, agora xa podemos facer pan no restaurante de Lúa ou na nosa casa. Que rico! Gracias Moisés por transmitirnos a túa paixón por este alimento saudable.

 

Bakers for a day

On February 6th, 3 year old students visited Rollo’s bakery, near our school. Moises, a master Baker help us to make a great dough with which they prepared delicious bread buns. It was great! Now we can prepared it in Lua’s restaurant at school. Thank you Moises for teaching us so well.



by Dr. Radut