Skip to Content

Monthly archive

Elia queda na casa e fai unha pelota con material de refugallo, para practicar actividade física .

Elia queda na casa e fai unha pelota con material

 de refugallo, para practicar actividade física.

Hoxe xoves día 2 de abril, Elia quixo compartir con nós a súa pelota ruidosa, feita con material de refugallo. Fabricouna con bolsas de plástico, un ovo onde veñen as sorpresas dos ovos Kinder e contas para facela soar. Con ela xoga con Manuel o seu irmá. Gran traballo e fantástica idea Elia. Sodes uns campións.

Aquí vos deixamos as súas fotos e o seu vídeo, para que vos animedes a fabricar os vosos propios materiais deportivos, para facer moita actividade física na vosa casa, tamén.

Moitas grazas a Elia e a súa familia por compartir todos estes fantásticos materiais con todos nós.

 

Manuel queda na casa practicando actividade física

Manuel queda na casa

practicando actividade física .

O pasado xoves día 30 de abril, Manuel de 4ºA compartiu con nós a súa actividade física diaria. Fai bicicleta estática tódolos días, entre 5 e 10 km diarios. Moi bo traballo Manuel.

Aquí vos deixamos as súa foto para que vos animedes a facer actividade física na casa ou na rúa vós  tamén. Sempre con moita responsabilidade.

Moitas grazas a Manuel e a súa familia por compartir con nós os seus momentos deportivos.

Yago queda na casa practicando actividade física .

Yago queda na casa

practicando actividade física .

O pasado venres 8 de maio, Yago de 4ºB compartiu con nós a súa actividade física diaria de esta semana. Nesta ocasión coa bicicleta, sabemos que lle encanta e que o pasa xenial practicando. Como agora xa estamos na fase 1 do descofinamento, Yago aproveitou para sair con ela. Moi ben Yago, bo traballo.

CAMBIO DE ETAPA EDUCATIVA

 Estamos a piques de rematar este curso 2019 /2020. Un ano académico que, sen dúbida, quedará na memoria de pequenos e maiores.

 Hai nen@s que no próximo curso van comezar unha nova etapa educativa, continuando no colexio ou pasando a un centro de secundaria. Para tod@s el@s e para as súas familias achegamos esta información sobre o cambio de etapa, realizada polo psicopedagogo Jesús Jarque.

 

 

 

POR FIN AO INSTITUTO. GUÍA PARA FAMILIAS 

(orientadora Montse Alonso álvarez)

 

 Asemade, alumnado de tres anos incorporarase por primeira vez ao colexio, comezando o segundo ciclo da Educación Infantil. Esperamos con ilusión o momento de darlles a benvida ao CEIP Plurilingüe Nº 2.

 

 

CURSO 2020-2021.....COMEZAMOS!!

 

 

E xa estamos de volta!

Benvidos un curso máis ao blogue de Dinamización da Lingua Galega.

Despois do curso anterior temos postas moitas ilusións neste, agardamos que as cousas saian sempre ben e poidamos traballar pola nosa lingua como sempre.

O equipo encargado de dinamizar a lingua galega este ano está formado por: Eli, Nuria, Luis, Mª José, Merce e Montse.

Vémonos pronto!

PANXOLIÑAS DE NADAL

 

PANXOLIÑAS DE INFANTIL

 

3 ANOS A

3 ANOS B

  4 ANOS    5 ANOS

 

(PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO)

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 19-20

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 19-20

 O pasado martes  11 de febrero, tivo lugar a 2ª xornada da competición escolar de Bádminton para    Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos partidos que xogaron @s nen@s do noso colexio cos outros participantes. Moita sorte a tod@s para a xornada final.

 

 

Badminton 19-20

On February 11th, 2nd journey of badminton championship was played by 3rd, 4th grade and some students from 6th grade. It was in CEIP Randufe pavillion.

Here you hace some pictures of the students that participated.

QUEDÁMONOS NAS CASAS

VOLVEREMOS A JUNTARNOS,

VOLVEREMOS A BRINDAR,

UN CAFÉ QUEDA PENDIENTE EN NUESTRO BAR...

(Volveremos a Brindar. La Oreja de Van Gogh)

 

      Neste momento  que nos toca vivir convirtamos as nosas debilidades en fortalezas e loitemos todos xuntos, uns dende a primeira liña e outros dende as nosas casas, para defender o noso estilo de vida. 

     Enlazamos ao blog de Daniel Novoa onde o psicólogo vigués nos proporciona

20 IDEAS PARA COIDAR A SAÚDE PSICOLÓXICA DURANTE O CONFINAMENTO

 

 

Decálogo para las familias fronte ao coronavirus da Asociación Española de Pediatría

Yago Pazo queda na casa practicando actividade física .

Yago Pazo queda na casa

practicando actividade física .

O pasado xoves día 16 de abril, Yago Pazo de 4ºB compartiu con nós a súa actividade física diaria. Fai no xardín da súa casa bádminton, baloncesto, pero coñecendo a Yago o que máis practica é fútbol, sabemos que lle encanta e que o pasa xenial practicándoo. Moi ben Yago, bo traballo.

Aquí vos deixamos as súa foto e o seu vídeo para que vos animedes a facer actividade física na casa, vós  tamén.

Segue así Yago, eres un campión. Moitas grazas a Yago e a súa familia por compartir con nós os seus momentos deportivos.



by Dr. Radut