Skip to Content

Monthly archive

Colaboración coa ONG "Educación Sen Fronteiras"

 

 O noso Centro colabora coa ONG "EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS",   dende o curso 2007/8 na súa CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (CME).

A súa labor vai encamiñada ae concienciación da importancia da Educación no mundo como un dereito humano básico, ao tempo de facer unha presión  sobre os gobernos para que cumpra as promesas en prover no mundo unha educación básica de balde, obrigatoria e pública en todas as persoas en particular na infancia, as mulleres e os factores desfavorecidos da sociedade.

O ano 2008 participamos no seu acto en Vigo, co lema "Pon a túa peza! Todas Contan", no que aportamos dúas pezas dun puzzle xigante no que reflexábamos os nosos desexos para todo o mundo.

 

   
 Aquí Aldara está lendo un anaco dun manifesto conxunto  Estamos colocando a nosa peza no puzzle xigante que entre todos os coles construímos.

 

Ata fixemos unha foto co alcalde de Vigo que tamén estaba alí no acto.

 

No ano 2009, tamén participamos con eles. Este ano o tema é a importancia da alfabetización xeral do mundo. Co lema "Abre un libro, Abre o Mundo"

 

   Primeiro tivemos no centro unha exposición itinerante sobre a importancia da alfabetización do mundo.

   O día 23 de Abril  e coincidindo coa celebración do Día do Libro, asistimos ao acto cental, organizado para celebrar a Campaña Mundial pola Educación deste ano que, como xa dixemos, este ano estaba adicado á importancia da alfabetización no mundo.

      Nesta ocasión os nenos e  nenas de 5º son os encargados de representar ao noso centro nesta xornada.

       Alí  lemos un conto que fixemos na clase anteriormente, e que tiña como argumento ese tema.

 

   
 Aquí está Paco o responsable de Educación sen Fronteiras.  Julio e Rosalía len o conto para todos os asistentes

 

  

     Aquí estamos todos escoitando as historias  que nos contaron os demáis coles asistentes. Gustáronnos moito, un que contou Antonio, un xitano xa maior, no que escribira  a súa vida nun conto, agora que está aprendendo a ler e a escribir; ou unha poesía que escribira unha avoa que  de maior vai a escola xa que de nena non poidera ir.

Ademáis, os nenos do Centro de Educación Especial de San Rafael  explicaronnos con gran entusiasmo que xa sabían ler palabras, algo para eles de gran importancia e do que estaban moi orgullosos.

Foi un acto moi emotivo e que chegou ao corazón dos nosos nenos e nenas.

Esperamos seguir colaborando nos vindeiros cursos nesta campaña.

 

Fútbol sala

 

O fútbol tamén ten o seu lugar nas competicións escolares.

Os nosos equipos tiveron sortes diferentes. O equipo de benxamíns tivo unha grande campaña. Os demáis, alegrías e penas, según o día.

   
 O noso equipo infantil.  O alevín ao completo.

 

Gala do Deporte Galego

O pasado venres 28 de Novembro celebrouse a Gala para a entrega dos Premios Nacionais do Deporte Galego en Pontevedra.

 Alí estaban para entregar os premios todos os deportistas galegos que estiveron nas Olimpiadas de Pekín. Entre os galardonados estaba un ex alumno do noso centro, Jairo Pérez Calvo que obtivera unha medalla de ouro no último Campeonato de España de Actividades Subacuáticas.

 

 En esta foto están representantes de Agrudebam que asistiron a esta gala co Xefe do Servizo de Deportes de Pontevedra D. Jesús Besteiro.

 

Plan PROA

 

 

    Dende o curso 2007/8 o noso centro desenrola un proxecto pioneiro en Galicia, o plan PROA.

           O PROA, Plan de Roforzo, Orientación e Apoio, ten como obxectivos fundamentais incidir na mellora da aprendizaxe, na motivación do alumnado e nunha maior implicación das familias no proceso educativo.

            Está dirixido a alumnos de 5º e 6º que teñen dificultades para acadar os obxectivos da etapa debido fundamentalmente a carencias relacionadas con técnicas de estudio, planificación do seu tempo, dificultades coas técnicas instrumentais, etc.

          As actividades que se desenrolan van encamiñadas a apoiar a adquisición das destrezas básicas, as técnicas de estudio, a autoestima...

        Un obxectivo tamén claro e fomentar a convivencia escolar,  e para iso actividades subvencionadas como a de comer todos xuntos no comedor do centro unha vez ao mes.

        A aplicación deste proxecto realízase fora do horario escolar, dúas tardes para cada un dos cursos, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

        En total uns 30 nenos/as acuden ao centro, e para que como temos alumnado que se despraza en autobús, o proxecto subvenciona o transporte gratuito todas as tardes.

 

   
 Aquí están os do grupo de 6º.  Facemos actividades de moitos tipos. Aquí coa pizarra dixital.

 

 

   
 A aula de informática tamén a utilizamos moitos días.  Ou a biblioteca como este grupo de  5º.

 

 

Visita ao Clube de Remo

 

   Os alumnos/as de 6º visitamos o Clube de Remo de Tui. Marchamos paseando pola beira do río ata chegar as súas instalacións. Alí ensináronnos moitas cousas, os barcos, o ximnasio, un video de competicións, e ata medaias e copas conseguidas polos campións que o clube tivo ao longo da historia.

Aquí estamos un grupo diante das instalacións.
   
 Visitamos o seu ximnasio e explicáronnos para que serven os aparatos.  Ata nos deixaron probar os bancos de remo.

 

 

 

   
 Despois acudimos ao galpón onde están os barcos.  Alí comprobamos o grandes que son os barcos para 8 remeiros.

 

 

Actividades de Nadal

 

                                                                                                               

Co fin do 1º trimestre e con motivo do Nadal, no centro celebramos o festival no que houbo de todo.

 

   
   

Coa axuda da profe Rosa, Ana e Lola preparamos unha obra de teatro " El Zapatero Juan" na que participaban nenos e nenas de varios cursos.

 

  

 Os nenos e nenas de Educación Infantil cantaron unhas panxoliñas con coreografía e todo.

 

   

O Coro do CEIP Nº 2 de Tui fixo a sua primeira actuación. Un coro formado por uns 80 nenos e nenas de toda Primaria que ensaiou a profe Marta a que axudou o profe Óscar coa guitarra e que tivo un gran éxito entre toda a comunidade escolar.

O propósito é seguir co coro para novas actuacións ao longo do curso.

Claro que tamén non podía faltar Papá Noel este ano.

   

Visitou aos mestres e aos pais e nais.                                         

 

E claro tamén nos visitou a nós e ata o invitamos a nosa cuchipanda. Seguro que este ano nos traen moitas cousas.

 

 

 

Campaña Mundial pola Educación

 

    Con motivo da celebración do "Día do Libro", e coincidindo coa Campaña Mundial pola Educación, o pasado 23 de Abril os nenos /as de 5º saímos a Vigo para acudir na Casa do Libro a un acto que co lema de "Abre un libro, abre o mundo"organizaran ONGs coma Educación Sen Fronteiras coa que o centro colabora.

   Alí compartimos cos asistentes, un conto que fixeramos na aula e que lemos para todos, un conto no que o argumento era a importancia da alfabetización no mundo.

 

   
 Rosalía e Julio lendo o noso conto.  Aquí estamos todos escoitando os contos de todos os coles.

    Ademáis do noso conto, outros coles asistiron ao acto e leron o seu. Gustounos moito un conto que leu Antonio, un señor xitano que está aprendendo a ler, e que era autobiográfico, ou o dunha avoa que agora de maior vai a escola porque non poido ir de pequena.

   Tamén foi moi emotivo cando saíron nenos do Centro de Educación especial de San Rafael e contaban que xa sabían ler palabras, algo que para eles significaba moito.

      Xa que estabamos en Vigo aproveitamos para visitar a Rúa do Príncipe.

   
   

 E tamén demos unha volta polo Castro que estaba un día moi bo para ver a cidade dende arriba.

 

 

 

 

Viaxe ao Parque de Salvaterra dos nenos/as de Educación Infantil.

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha excursión ao Parque de Salvaterra que nos gustou moito.

 

Mirádenos chegar a todos coas gorras postas.

   
 Poidemos xogar no parque.  Había xogos moi bonitos e divertidos.

 

   
 Ata poidemos debuxar,  e ver unha peli sobre a Natureza.

   
 Despois fomos ver os animais que había alí.  Tamén había un horto con un  montón de plantas.

 

Pero o máis divertido foi un paseo que demos polo lago en barca.
Gustounos moito a saída. Para o ano queremos voltar!!!

 

 

POR FIN NEVE NO COLE!!!!!!

 

 

Non o podemos crer. Chegou a neve a Tui !!!

Unha acasión así non a podiamos deixar pasar. Todos a ver nevar que non pasa todos os días.

   
 As pistas brancas!  Menos mal que estabamos ben abrigados con gorros, guantes...
   

 O parque de infantil cuberto de neve.

Que bonito !!!

 As profes cheas de frío vendo como veva.

 

Durou pouco, logo se desfixo a neve pero esta experiencia seguro que a imos recordar tempo.

 

 

 

Taller de escritura en galego

 

    Os alumnos de 6º estivemos ao longo dunha semana, facendo un taller de escritura en galego. Estaba organizado pola Asociación de Escritores Galegos, e quen estivo dándonos a taller foi o escritor Marcos Calveiro.

  O taller estaba ideado como un espazo de intercambio no que a partires do traballo en equipo, Marcos transmitía os seus coñecementos como escritor para traballar a creación literaria.  Aprendemos moitas cousas interesantes, e construímos historias e contos moi inxeniosos a partir dos comentarios do esritor e as discusións dos nenos/as participantes.

 

   
 Marcos Calveiro revisando os nosos escritos  Momento de discusión sobre o tema do próximo escrito.

 

 



by Dr. Radut