Skip to Content

Colaboración coa ONG "Educación Sen Fronteiras"

 

 O noso Centro colabora coa ONG "EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS",   dende o curso 2007/8 na súa CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (CME).

A súa labor vai encamiñada ae concienciación da importancia da Educación no mundo como un dereito humano básico, ao tempo de facer unha presión  sobre os gobernos para que cumpra as promesas en prover no mundo unha educación básica de balde, obrigatoria e pública en todas as persoas en particular na infancia, as mulleres e os factores desfavorecidos da sociedade.

O ano 2008 participamos no seu acto en Vigo, co lema "Pon a túa peza! Todas Contan", no que aportamos dúas pezas dun puzzle xigante no que reflexábamos os nosos desexos para todo o mundo.

 

   
 Aquí Aldara está lendo un anaco dun manifesto conxunto  Estamos colocando a nosa peza no puzzle xigante que entre todos os coles construímos.

 

Ata fixemos unha foto co alcalde de Vigo que tamén estaba alí no acto.

 

No ano 2009, tamén participamos con eles. Este ano o tema é a importancia da alfabetización xeral do mundo. Co lema "Abre un libro, Abre o Mundo"

 

   Primeiro tivemos no centro unha exposición itinerante sobre a importancia da alfabetización do mundo.

   O día 23 de Abril  e coincidindo coa celebración do Día do Libro, asistimos ao acto cental, organizado para celebrar a Campaña Mundial pola Educación deste ano que, como xa dixemos, este ano estaba adicado á importancia da alfabetización no mundo.

      Nesta ocasión os nenos e  nenas de 5º son os encargados de representar ao noso centro nesta xornada.

       Alí  lemos un conto que fixemos na clase anteriormente, e que tiña como argumento ese tema.

 

   
 Aquí está Paco o responsable de Educación sen Fronteiras.  Julio e Rosalía len o conto para todos os asistentes

 

  

     Aquí estamos todos escoitando as historias  que nos contaron os demáis coles asistentes. Gustáronnos moito, un que contou Antonio, un xitano xa maior, no que escribira  a súa vida nun conto, agora que está aprendendo a ler e a escribir; ou unha poesía que escribira unha avoa que  de maior vai a escola xa que de nena non poidera ir.

Ademáis, os nenos do Centro de Educación Especial de San Rafael  explicaronnos con gran entusiasmo que xa sabían ler palabras, algo para eles de gran importancia e do que estaban moi orgullosos.

Foi un acto moi emotivo e que chegou ao corazón dos nosos nenos e nenas.

Esperamos seguir colaborando nos vindeiros cursos nesta campaña.

 



page | by Dr. Radut