Skip to Content

Monthly archive

Deporte en Familia. Rianxo

Deporte en Familia

Rianxo.

Rianxo é unha vila mariñeira da que nos da conta a profe Olga. Un lugar para desfrutar en familia do seu entorno, das súas praias e sobor de todo da súa fauna: Golfiños, nutrias e moitos animais son os que se poden ver nas súas ribeiras.

Moitas gracias a Amancio Losada, o marido da profe Olga, por estas fotos tan bonitas e impresionantes, que nos dan boa conta do que en Rianxo podemos disfrutar en familia.

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da  liga da temporada 19/20 da competición. O pasado domingo 24 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo da SAR. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.

 Os parciais foron: C.B.Tui-SAR: 10-5/10-7/7-7/8-7.

Excelente partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e  logrou gañar. Noraboa

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas

Aprázase Campo a Través Provincial 18-19.

Aprázase Campo a Través Provincial 18-19.

Azucareira  de Portas

Xoves 7 febreiro 2019

         A proba de Campo a Través Provincial prevista para o vindeiro xoves 31 de xaneiro aprázase para o xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá. A proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva será nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3ºB do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Guillarei.  Todo o alumnado asistirá á proba en autobús, coas súas titoras e profesorado de apoio á mesma. @s nen@s asistirán a escola como calquera día, saíndo do centro en autobús ás 9:30h e regresando ao mesmo ás 13:00h. Tod@s @s participantes terán que traer  una mochila con calzado de reposto, equipación do colexio, se a tiveran, chándal do mesmo, roupa de cambio e merenda. Se algunha familia quixera asistir á proba, poderá facelo polos seus medios. Poden atopar máis información da proba na Web de Deporte no 2:    

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161.

Campionato Galego de Bádminton en categorías SUB11 y SENIOR.

 Campionato Galego de Bádminton

en categorías SUB11 y SENIOR.

Ponteareas domingo 17 de febreiro de 2019

O pasado domingo 17 de febreiro tivo lugar en Ponteareas o Campionato Galego de Bádminton clasificatorio para o Campionato de España.

Do Club Bádminton Tui participaron en SUB11: Lía Salvado, Roque Fernández e Guillermo Valdés; e en SENIOR Marisa Giráldez ( presidenta e alma do club)

Os grandes resultados acadados foron:

- Lia Salvado e Roque Fernández, que chegaron a cuartos de finais en Dobres Sub11.
- Lia Salvado, que tamén chegou a cuartos de final en Individual Sub11.
- Roque Fernández, que chegou a octavos Individual Sub11.

- Felicitar de forma moi especial a  Marisa Giráldez que acadou 2 medallas: PLATA na categoría Senior individual e BRONCE en dobles xunto a Julio Fernández do Athlos. 
BRAVO MARISA!

Felicitar también a Pablo Méndez, do Clube As Neves e responsable técnico do noso clube, que logrou Ouro en Individual e Prata en dobres, na categoría Senior.

Resultados Enquisa sobre hábitos de vida saudables

Resultados da enquisa sobre

"Hábitos de Vida Saudables".

Dende o proxecto Erasmus+ do Ceip Nº2 de Tui "Promovendo un estilo de vida saudable e feliz", solicitamos a vosa colaboración anónima como mestres, alumn@s e pais/nais do  alumnado do centro.

Convidámosvos a cubrir a enquisa de xeito anónimo, aló polo mes de decembro. Xa temos os resultados da mesma. Grazas por dedicar ao proxecto Erasmus+ un anaquiño do voso tempo e reflexionar sobre a importancia que ten a actividade física nas vosas vidas. Aquí vos deixamos os resultados para que valoredes.

 

Final Galega Escolar de Bádminton Plus ( 4º e 5º) 27 de Abril de 2019

 

DEPORTE ESCOLAR.

Final Galega Escolar de Bádminton Plus ( 4º e 5º)

                               27 de Abril de 2019

O Vindeiro sábado día 27 de  abril a partires das 16:00h terá lugar a Final Galega Escolar de Bádminton para alumnos de 4º e 5º  inscritos na mesma. Dita xornada terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui de 16:00h-19:30h. Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da proba.

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis..

 ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  Bádminton Tui.  Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí podedes descargar a nota informativa.

 

 

Aloiada 19

Aloiada 19.

13-14 de Xuño de 2019

Os días 13 e 14 de xuño de 2019, tivo lugar a Aloiada, unha proposta de Actividades no medio Natural: escalada, Orientación, Primeiros auxilios, acampada, piragüismo e remo, destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria de todo o Concello de Tui, que tivo unha duración de 2 xornadas, desenvolvéndose nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño, en colaboración con todos os centros educativos da nosa cidade, as familias, o Concello de Tui, Clubs deportivos, Federacións, casas comerciais e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

Grazas a tod@s por favor posible que o alumnado de 6º disfrutara de dúas xornadas de vida saudable e feliz, nun entorno como o Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño.

Campo a Traves Escolar

Proba de Campo a Través Escolar  

Benxamín 19-20.

Venres 15 Nov 2019

          O pasado venres día 15 de Novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións Cep Pedro Caselles de Tomiño. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou cos/as nenos/as de 2º, 3º e 4º.

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos vividos nesta xornada de actividade física. Noraboa a todos os participantes.

Atoparedes máis fotos e información das clasificacións en Agrudebam

 

Cross Country race

On Friday 15th, a cross country race, organised by Agrupación Deportiva Baixo Miño, took place in CEP Pedro Caselles in Tomiño. 2nd, 3rd and 4th grade students participated in this event.

Here are some pictures of the great event. Congratulations to all the participants. You can see more information in Agrudebam page.

Deporte Escolar: Volei

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 19-20

O pasado mércores día 27 de novembro deu comezo a competición escolar de volei. A 1ª xornada tivo lugar no Pavillón do Ceip Randufe.

Do colexio participamos 35 alumnos, distribuidos en 4 equipos alevíns e 3 equipos Benxamíns.

Foi unha tarde fantástica na que desfrutamos do volei, cos nenos e nenas do Cep Pedro Caselles, do Ceip Antonio Fdez de Goián, do Ceip de Randufe, do Ceip de Barrantes e do Ies Antón Alonso Ríos de Tomiño.

Moitas grazas a Agrudebam por organizar xornadas coma esta.

 

 

Volleyball 19-20

On November 27th, school volleyball championship began in CEIP Randufe.

From our school, 35 students participated. It was a great journey with the students from Cep Pedro Caselles, Ceip Antonio Fdez, Ceip de Randufe, Ceip de Barrantes and Ies Antón Alonso Ríos.



by Dr. Radut