Campionato Galego de Bádminton en categorías SUB11 y SENIOR.

 Campionato Galego de Bádminton

en categorías SUB11 y SENIOR.

Ponteareas domingo 17 de febreiro de 2019

O pasado domingo 17 de febreiro tivo lugar en Ponteareas o Campionato Galego de Bádminton clasificatorio para o Campionato de España.

Do Club Bádminton Tui participaron en SUB11: Lía Salvado, Roque Fernández e Guillermo Valdés; e en SENIOR Marisa Giráldez ( presidenta e alma do club)

Os grandes resultados acadados foron:

- Lia Salvado e Roque Fernández, que chegaron a cuartos de finais en Dobres Sub11.
- Lia Salvado, que tamén chegou a cuartos de final en Individual Sub11.
- Roque Fernández, que chegou a octavos Individual Sub11.

- Felicitar de forma moi especial a  Marisa Giráldez que acadou 2 medallas: PLATA na categoría Senior individual e BRONCE en dobles xunto a Julio Fernández do Athlos. 
BRAVO MARISA!

Felicitar también a Pablo Méndez, do Clube As Neves e responsable técnico do noso clube, que logrou Ouro en Individual e Prata en dobres, na categoría Senior.