Skip to Content

Xaneiro 2016

Xornada de Dinamización Intercentros Curso 15-16

Xornada de Dinamización Intercentros

Curso 15-16

Ceip Altamira-Ceip Nº2 de Tui

O pasado Venres, día 15 de Xaneiro De 2016, comezamos as Xornadas de Dinamización Intercentros.

Os Cursos de 5ºA e 3ºB visitamos @s nos@s amig@s do Cep Altamira de Salceda… Alí estivemos toda a mañá xogando a: Xadrez, Volei, Bádminton, Balonmán, Baloncesto e Fútbol-sala.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada para que vexades o ben que o pasamos.

 

1º XORNADA DE BÁDMINTON BENXAMÍN 2016

1ª Xornada de Bádminton Benxamín

Curso 15-16

O pasado, Martes 26 de Xaneiro deu  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría Benxamín ( 3º e 4º) no Pavillón do Ceip Randufe.

Do noso cole participamos moitos nenos, que como veredes nas fotos pasámolo moi ben. Tamén participou por primeira vez neste campionato o Club Bádminton Tui, do que forman parte nenos/as do noso colexio…e que se formou a comezos de curso e adestran no Ximnasio do noso colexio… A nosa noraboa a todos os participantes….quedamos para a vindeira xornada que será o vindeiro Martes 16 de Febreiro.

 

IVÁN ALONSO E ALBERTO DÍAZ

Iván Alonso e Alberto Díaz Gañan a Regata do Río Negro (Arxentina).

Iván Alonso e Alberto Díaz lograron a victoria na Regata do Río Negro en Arxentina, a proba máis dura do mundo con 273 km de percorrido… Os 2 palistas do Kayak Tudense, afrontaron a última xornada como líderes tanto na categoría senior como en veterans..

A nosa noraboa para estes dos grandes campións..

Atoparedes máis información en: http://telemarinas.com/ivan-alonso-y-alberto-diaz-logran-la-victoria-en-la-regata-del-rio-negro/

FINAIS DE VOLEI

FINAIS DE VOLEI

O mércores 9 de decembro xogaronse as finais de volei. O noso equipo benxamín quedou en cuarta posición e o eqipo alevín foi campión!!!!!!

NORABOA A TODOS/AS!!!!!!!!

 

 

 

Andaina Guillarei-Paramos.

          Andaina Guillarei-Paramos
31 de Xaneiro 2016

 

9:00h Ponte Romana( Guillarei).

Benquerid@s camiñantes:

O próximo día 31 de xaneiro, saíndo ás 9:00 da Ponte Romana ó carón da depuradora onde deixaremos os coches, organizamos a primeira andaina do ano polas parroquias de Guillarei e Paramos.

Un paseo de 11,3 quilómetros e unha subida de 124 m. de desnivel,levarannos polas ribeiras de Guillarei, o monte das Penizas en Paramos e voltaremos á Ponte Romana.

Pasa unha mañán diferente coñecendo unha parte do concello de Tui.

Rogamos puntualidade.

Podedes atopar máis información na web: http://www.andatui.es/ Como apuntarvos, a ruta…

A VOLTA 2016

A Volta 2016

Rubén de 5ºC desvélanos os seus segredos.

 

O pásado Sábado 9 de Xaneiro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a Presentación da Volta 2016. Alí estivo Rubén de 5ºC,que non perdeu detalle, para contarnos toda a noticia…

Este ano a volta volta comezar en GalicIa, o Sábado 20 de Agosto en Ourense e rematará o Domingo 11 de Setembro en Madrid…Esta será a 71ª edición da Volta…

Esta Volta terá varias etapas en Galicia, sendo a Segunda etapa a que remata moi pertiño de nós, en Baiona…

Aquí vos deixamos o enlace á páxina da Volta para que sepades máis..

http://www.lavuelta.com/

 

1ª XORNADA DE BÁDMINTON ALEVÍN

1ª Xornada de Bádminton Alevín

Curso 15-16

O pasado, Martes 19 de Xaneiro deu  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. Do noso cole participaron bastantes nenos e nenas, que como veredes nas fotos o pasaron moi ben. Tamén participou por primeira vez neste campionato o Club Bádminton Tui, do que forman parte nenos/as do noso colexio…e que se formou a comezos de curso e adestran no Ximnasio do noso colexio… A nosa noraboa a todos os participantes….quedamos para a vindeira xornada que será o vindeiro Martes 2 de Febreiro.

 

 

 

 

10 BOAS RAZÓNS PARA PRACTICAR UN DEPORTE

Os/as alumnos/as de 6ºC deixannos este artigo de Faro de Vigo, no que nos dan 10 Boas razóns para prácticar deporte….esperamos que serva para que sigades facendo moito deporte e prácticando aqueles que vos gustan…

 

Campeonato Escolar de Bádminton Curso 15-16

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 15-16

Categoría Alevín ( 5º e 6º)

O Vindeiro martes día 19 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Alevín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 5º e 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro Xoves día 14 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 2 de Febreiro e a xornada final o Mércores 24 de Febreiro.

 O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161

Categoría Benxamín ( 3º e 4º)

O Vindeiro martes día 26 de  Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª Xornada Benxamín e Infantil, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º,4º e repetidores de 6º. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:30h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro Xoves día 14 de Xaneiro. As próximas xornadas serán o martes día 16 de Febreiro e a Xornada final o Mércores 24 de Febreiro.

O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161



by Dr. Radut