Skip to Content

Monthly archive

PROXECTO DON QUIXOTE

Esta semana apareceu un  muíño na porta das aulas coa  frase : " En un lugar de..."

Estivemos a falar entre todos para averiguar algo sobre o muíño e sobre esa frase.  Algunhas das ideas que foron saíndo eran moi interesantes, pero non resolvemos o misterio do muíño.

Marchamos para a casa coa dúbida, e gracias as nosas familias conseguimos resolver parte do  enigma, está relacionado co libro de Don Quixote, escrito por Miguel de Cervantes. 

Sabemos que Don Quixote cando se atopaba muíños, pensaba que eran xigantes que o querían atacar, pero... non sabemos os motivos. Seguiremos investigando...

Deixámosvos un enlace a un xogo interactivo que nos dará máis pistas. Preme na imaxe.

 

http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm

Campeonato de España de Remoergómetro

Campeonato de España de Remoergometro.

Sábado 31 de Xaneiro de 2015

Amposta Cataluña.

O antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Jesús González ven de proclamarse medalla de bronce, no Campionato de Remoergometro, que o pasado sábado, 31 de Xaneiro tivo lugar en Amposta. Nese mesmo campeonato Jesús acadaba o record do mundo na idade 40-49 de peso lixeiro.

Así mesmo a tudense Nuría Domínguez, acadaba a medalla de prata, neste mesmo campionato.

A nosa noraboa a estes dous grandes remeiros.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu décimoterceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado Sábado 21 de Febreiro de 2015, tivo lugar o décimo-terceiro encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron en campo propio contra o Rápido de Bouzas, con victoria clara dos tudenses 4-2.

Tamén xogaron nesta xornada o equipo Alevín do Tyde B, que se enfrontaba en dobre xornada  nesta fin de semana: primeiro ante o equipo das Neves, selaba a victoria cun resultado de 2-0, e despois voltaba a gañar contra o equipo de Goián 6-3.

Noraboa Campeóns.

Thillos Eurocidade Valença-Tui

Thillos Eurocidade Valença-Tui.

A Eurocidade organiza coma todos os anos as andainas saudables, para as familias que queiran disfrutar delas, serán ao longo de todo ano en Valença e Tui. Adxuntamos o calendario das mesmas para que vos animedes a participar.

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui está a xogar a Fase de Copa na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 24 de Maio de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo do Luceros, o seu sexto partido de Copa.

C.B. Tui-Luceros. O resultado  foi favorable ao equipo do Teucro: 5-6/3-7/1-6/5-3.

Noraboa Campións!!

Promoción badminton

XORNADA DE PROMOCIÓN BADMINTON

 Este ano visitaronnos no cole o profe Jacobo e a profe Marisa que puxeron en marcha un Club novo na nosa cidade. Trátase de un clube de Badminton...

    Animádevos a probar este deporte tan divertido!!!!!

Se che apetece aqui tes os horarios

                                                          Preme aquí

 

David Baquero práctica Deporte en Familia

David Baquero práctica Deporte en Familia

 

No Camping de San Vicente do Mar no Grove.

O alumno David Baquero, disfruta de Deporte en Familia, no Camping de Espiño en San Vicente do Mar, no Grove. Xunto a súa familia, disfruta da autocaravana que teñen instalada no Camping.

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos, para que vos animedes a disfrutar de este maravilloso lugar.

 

 

 

Nova facilitada por David Baquero de 5ºA. Grazas David

 

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LALÍN

O Equipo Alevín A do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu segundo encotro de liga. O partido foi C.B. Tui- Lalin, con resultado favorable para o equipo tudense de 5-3/3-3/4-5/8-2. Neste equipo xogan Diego Rodríguez de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

3trimestre experimentos

 EXPERIMENTO

 

 

imagen sacada de:https://www.google.es/search?q=fluido+no+newtoniano&newwindow=1&tbm=isch&tbas=0&source=lnt&sa=X&ved=0ahUKEwiIk6Tw0KTNAhWCPRQKHVH2C8kQpwUIFg&dpr=1&biw=1366&bih=618#imgrc=Ap7Xe7KwFHtyLM%3A

 

 Primer paso:

 Para hacer este experimento necesitamos:agua,harinade maiz(maicena),una cuchara y unrecipiente.

 

Segundo paso:

 Primero, echamos agua hasta la mitad del recipiente. Luego,vamos añadiendo harina de maiz hasta formar una

papilla espesa. Esto es una mezcla homogénenea,no se puede separar a continuacion,golpeamos la mezcla como

un solido . Sin embargo,si echamos la cuchara,se hunde.Ahora, coge un poco de papilla parece líquido, porque

resbala de las manos, pero si hacemos  una bola , parece sólido. ¿ Es sólido o líquido ?

 

 Tercer paso :

 Esto debe a que es un fluído no neutoniano. Un fluído no neutoniano cambia de consistencia y viscosidad según la presión que se ejerza.Se investiga con estas substanciaspara hacer chalecos antibalas u otros objectos de seguridad.

¡Pueden ser muy útiles !

 



by Dr. Radut