Skip to Content

Monthly archive

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

COMO DESENVOLVER AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES NO FOGAR

         Calendario editado por CAREI Aragón (Centro Aragonés de Recursos para la Educación Inclusiva), con información e actividades para que as familias podan contribuír ao desenvolvemento das intelixencias múltiples.

 

Concurso de Creación Novo Logo Agrudebam

A Agrupación Deportiva Baixo Miño convoca un concurso no que poden participar tódolos nen@s do noso cole o Ceip Nº2 de Tui, para a realización dun novo logo da nosa entidade co fin de renovala e para publicala na nosa web no facebook.
 

Todos os participantes deberán cubrir e seguir as instruccións que aparecen marcadas nas bases do concurso. e que aquí tedes adxunto. Así como tamén o modelo no que se debe facer o debuxo.

Nas bases do concurso aparece ben detallado que os participantes que entreguen o seu debuxo, dará autorización para a súa publicación. Asimesmo, que o que resulte gañador terá que entregar o seu orixinal.

Dende a Agrupación Deportiva Baixo Miño animámosvos a participar no concurso para a elaboración dun logo máis moderno da Agrupación para a nosa páxina no FACEBOOK.

Para iso, hai que ter en conta as seguintes bases:

 O traballo que se presenta a concurso consistirá nun debuxo relacionado co DEPORTE e que teña como protagonista a unha mascota (pode ser o que vos queirades animal, ser fantástico, persoa, …)

 Asimesmo o debuxo terá que vir acompañado coa palabra AGRUDEBAN.

 A palabra AGRUDEBAM ten que vir ben lexible e perfilada con rotulador para que poida destacar.

 Todo isto farase no modelo adxunto que podedes descargar e imprimir.

 Dito traballo debe ser orixinal e o máis coidadoso posible na súa elaboración e, ademais, acorde á idade do nen@.

 Cos traballos entregados realizarase un sorteo entre todos os participantes e entregaráselle un agasallo ao gañador ou gañadora e tamén para o colexio ó que pertenza o gañador ou gañadora.

 Ao traballo gañador pediráselle o debuxo orixinal.

 Poderán participar tódolos nen@s de tódolos colexios aos que pertence á nosa Agrupación (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda)

 Todos os traballos presentados a concurso terán autorización do seu autor para ser publicado na nosa páxina web, citando a súa orixe.

Os alumn@s que participedes deberedes entregar o traballo escaneado e envialo ao seguinte correo electrónico: tonyreyan@agrudebam.es con asunto CONCURSO LOGO AGRUDEBAM.

É moi importante que no correo electrónico escribades, de novo, os datos persoais (nome, apelidos, idade, centro no que estuda o nen@ e curso) que figuran no modelo adxunto e que estes veñan ben cumprimentados para poder realizar o sorteo de xeito satisfactorio.

A data límite de entrega será ata o 30 de abril

Animádevos a participar!

A Agrupación Deportiva Baixo Miño

Bases do Concurso podes descargalas aquí.

O modelo que tedes que usar para o voso debuxo podes descargalo aquí

V Xornada de Dinamización Intercentros Ceip Nº2 de Tui- Cep Altamira de Salceda

     V Xornada de Dinamización Intercentros

Ceip Nº2 de Tui- Cep Altamira de Salceda

O vindeiro Xoves día 21 de Maio de 2015 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Altamira de Salceda. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºC e 3ºB.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Invitamos as familias que queiran a disfrutar da xornada.

SELECCION BALONMÁN FEMENINA

Partido da Selección Española Feminina de Balonmán

España –Austria

en Santiago de Compostela

 

O vindeiro Mércores, día 7 de Outubro a Selección Feminina de Balonmán xogará en Santiago de Compostela o seu partido contra a Selección de Austria. Este partido pertence a fase de Clasificación para o Campeonato de Europa 2016.

España xogará contra Austria, no pavillón Multiusos Fonte do Sar, ás 22.45h e as entradas para o partido terán un custo de 5 euros.

O partido tamén será televisado por teledeporte. Animádevos a disfrutar coas Guerreiras e a súa clasificación.

 

CALENDARIO DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON

Este é o calendario da competición de Bádminton para o vindeiro trimestre.

 

Aínda tedes tempo de practicar. Animádevos!!!!!!!!!!!!

Aprendemos a reciclar

Temos no patio do cole diferentes contenedores para botar o lixo. Tedes que estar moi atent@s para non confundirse. Ánimo, entre tod@s podemos ter un mundo mais limpo.



by Dr. Radut