Skip to Content

Monthly archive

AUTONOMÍA E RESPONSABILIDADE

CUATRO PÁJAROS Y UN PATO SOBRE EL CABLE DE LA LUZ

    Conto de Clara Redondo, editado pola CEAPA co obxectivo de aportar un instrumento ás nais e pais para promover a autonomía e a responsabilidade dos seus fillos e fillas de entre 6 e 12 anos.

    

I Xornada de Bádminton da Categoría Alevín

I Xornada de Bádminton Alevín

Martes 20 de Xaneiro de 2015

Pav Ceip Randufe

Onte martes, tivo lugar a I Xornada de Bádminton, da categoría Alevín, no pav do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o pasamos.

O vindeiro Martes, día 10 de Febreiro teremos a II Xornada, clasificatoria para o Campeonato Zonal.

   
   

ORIENTACIÓN FAMILIAR

    O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pon a disposición das familias esta páxina de axuda e orientación na educación das nenas e dos nenos en idade escolar.

 

ORIENTACIÓN FAMILIAR

Torneo de Verán de Balonmán

 

Torneo de Verán de Balonmán

 Pav. Novo de Tui de 16:00h a 19:00h

 Martes 26 de Maio para Benxamíns 3º e 4º e Prebenxamíns 1º e 2º

 Mércores 27 de Maio para Alevíns 5º e 6º

 

Os vindeiros Martes 26 e Mércores día 27 de Maio, terá lugar o Torneo de Verán de Balonmán da presente competición escolar de Balonmán, terá lugar no Pavillón Municipal Novo de Tu.

 

O Martes 26 será para os nenos das categorías Prebenxamín e Benxamín ( Ed Infantil, 1º,2º,3º e 4º).

 

O Mércores 17 será para os nenos da categoría Alevín ( 5º e 6º).

 

O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.Todos os /as nenos/as serán levados e recollidos polas súas familias ao pavillón. Terán que levar calzado para cambiarse e merenda. Se tiveran calquera dúbida poden chamar ao Tlfno:650602161

 

O Club Balonmán Tui fai historia

O Club Balonmán Tui fai historia.

O Club Balonmán Tui fai historia na tempada 14-15. Despois de varias tempadas, o equipo Senior Masculino acada o ascenso a Primeira división autonómica, proclamándose campeón de liga e copa. Noraboa ao equipo de Jaime Alfaya.

Tamén se proclamou Campeón de liga e copa o equipo Cadete Feminino, de Alexander Colix, regresando a máxima categoría cadete.

Os equipos Benxamín e Alevín federados proclamáronse segundo nas súas ligas respectivamente.

A nosa noraboa ao Club Balonmán Tui polo seu gran traballo. Felicitar a súa nova directiva que comeza un novo reto neste gran Club, que con gañas e ilusión seguramente acadarán grandes éxitos e grandes resultados.

 

CORRENDO CON 105 ANOS

Atleta de 105 Anos recorre 100m en 42"

 

O Atleta Xaponés Hidekichi Miyazaki celebrou o seu 105 aniversario correndo 100 m lisos en 42,22 segundos, convertíndose no novo récord mundial de esta categoría e idade.

Hidekichi comezou a correr cando cumpliu 90 anos de idade, leva unha década e media facendo running. Na actualidade entrena 3 ou 4 veces por semana nos parques da ciudade de Kyoto onde corre cargando unha mochila con un peso de un kilo.

Esta información foi facilitada polos alumnos/as de 5ºC.

PROXECTO " OS XIRASOLES"

Este ano comezamos cun proxecto relacionado coa horta. Imos  investigar aos xirasoles.

Trouxemos uns á aula e sacámoslle as sementes, as pipas. Témolas secando e sobre marzo xa as teremos listas para prantar.

Hai un pintor moi famoso que lle encantaba debuxar xirasoles, sabedes quen é?

DIEGO FERNÁNDEZ PARTICIPA NO MARATHÓN DE FLORENCIA 2015

Diego Fernández Coordinador de Deportes  do Concello de Tui participa no Marathón de Florencia 2015.

O Coordinador de Deportes do Concello de Tui, participou xunto a expedición de atletas do Concello da Guarda, no Marathón de Florencia, que tivo lugar o pasado día 29 de Novembro, en dita cidade italiana.

Os nosos parabéns para todo o equipo, esperamos que o disfrutasen…

Aquí vos deixamos uns enlaces onde podedes atopar máis información sobre esta noticia.

http://infogauda.blogspot.com.es/2015/11/a-guarda_49.html

http://www.infominho.com/index.php/id/69/objeto/28157

 

 

O equipo Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana o último encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 7 de Xaneiro de 2015, tivo lugar o penúltimo,  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo do Seis do Nadal 52-48

Por outro lado, o domingo día 8 de Xaneiro de 2015, volvían xogar ante equipo Porriño B, gañando  por 24-82.

Isto fai que o equipo tudense remate a liga como Subcampeón da mesma, do seu grupo. A partires de agora darán comezo os cruces.

Noraboa campións!.

Información facilitada por Jorge Carballo de 6ºB. 



by Dr. Radut