O Club Balonmán Tui fai historia

O Club Balonmán Tui fai historia.

O Club Balonmán Tui fai historia na tempada 14-15. Despois de varias tempadas, o equipo Senior Masculino acada o ascenso a Primeira división autonómica, proclamándose campeón de liga e copa. Noraboa ao equipo de Jaime Alfaya.

Tamén se proclamou Campeón de liga e copa o equipo Cadete Feminino, de Alexander Colix, regresando a máxima categoría cadete.

Os equipos Benxamín e Alevín federados proclamáronse segundo nas súas ligas respectivamente.

A nosa noraboa ao Club Balonmán Tui polo seu gran traballo. Felicitar a súa nova directiva que comeza un novo reto neste gran Club, que con gañas e ilusión seguramente acadarán grandes éxitos e grandes resultados.