Skip to Content

Decembro 2017

Actividades de Nadal en Tui

Actividades de Nadal en Tui

 

O próximo martes, 26 de decembro, comezan as actividades de dinamización infantil de Nadal e Reis promovidas pola concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui.

 

Por unha banda no Cárcere Vello, na rúa Sanz, haberá obradoiros infantís cuxo obxectivo é que os nenos redescubran a cidade histórica. Optouse por este emprazamento por tratarse dun espazo que reúne unha serie de características que o fan apto para os xogos e disfrute da infancia, de xeito que os cativos participantes asuman valores de respecto e recoñecemento cara el. Desenvolveranse actividades nas que os nenos se poidan achegar dun xeito ameno ao coñecemento das formas arquitectónicas dese espazo e que despois poidan trasladar ao debuxo ou modelado, xunto outro tipo de actividades como obradoiro de chapas, adornos de nadal con diferentes materiais, creación de tarxetas ou disfraces, karaoke, etc. Outras actividades previstas será a visita ás exposicións de Beléns na Catedral ou mesmo a interpretación dalgunha peza cun instrumento musical medieval.

 

Por outra parte a Sala Xacobeo na Área Panorámica acollerá outros obradoiros infantís que permitirán aos cativos coñecer de preto a fisionomía e características de diferentes

especies de réptiles e anfibios que, xunto cunha didáctica amena, proporcionarán ao nenos unha serie de valores de respecto cara a vida animal. Levaran a cabo actividades de debuxo e modelado das especies que poden observar para despois crear unha pequena exposición.

 

Os obradoiros terá lugar o martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29 de decembro, así coma o martes 2,mércores 3, xoves 4 e venres 5 de xaneiro en horario de 10.30h a 13.30h. 

Máis información en :http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=4096

 

Deporte en familia

Actividades de Nadal en Familia na Eurocidade Tui-Valença

 Este nadal disfruta das actividades en familia, que nos ofrece a Eurocidade Tui-Valença. Una oportunidade de disfrutar xunto coas nosas familias, da programación cultural, deportiva e lúdico-festiva que nos ofrece  o nadal na Eurocidade.

Dende o 1 de Decembro e até o 8 de Xaneiro, a Eurocidade acollerá a celebración de máis de 40 actividades de ocio e deportivas.Música. 

  1. A música será  protagonista nestas datas na cidade. O 22 de decembro o Teatro Municipal de Tui acollerá o Concerto da Orquesta Sinfónica de Tui. A actuación comezará ás 21:00 e a entrada será de balde.1.
  2. Tren Turístico da Eurocidade. A Eurocidade Tui – Valença seguirá funcionando este Nadal de xeito conxunto o Tren Turístico da Eurocidade namentres que o 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata Internacional de Reis con saída ás 17:00 (hora española) de Valença e chegada ao paseo da Corredoira ás 19:00 horas.
  3. Valença :Duendelandia en Valença. Pista de patinaxe en Valença. Fortaleza de Valença de Chocolate. Máis información en:http://www.littlevigo.com/valenca-do-minho-navidad-2017/

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 17-18

Luns día 4 de Decembro de 2017

 O pasado, luns día 4 de Decembro de 2017 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes foron 5ºA e 3ºC. Aquí vos damos conta do ben que resultou a xornada e do ben que o pasamos.

Bádminton

TTR Sub 17 de Bádminton

Escola Rosalía Vigo

17 de decembro de 2017

O pasado domingo, 17 de decebro de 2017, tivo lugar nas instalacións da Escola Rosalía de Castro de Vigo, o Torneo Sub 11 organizado polo Club da Escola Rosalía de Castro de Vigo, puntuable para o ranking nacional.

Neste torneo partiparon moitos alumnos do noso colexio e do Club de Báminton Tui, todos chegaron á fase de cuartos de final. Mención especial para Noa que se proclamou campiona do torneo na categoría individual e foi terceiro posto en dobres co seu compañeiro Lucas.

Noraboa a todos os participantes e ao Club Bádminton Tui.

 

 

Bádminton

1ª Concentracion Programa Nacional Se Busca Campeón

Pontevedra 8-12-17

 

Noa de 5ºA, Andrea e Telmo de 6ºB, acompañados por Marisa Giráldez, asistiron o pasado venres día 8 de decembro, en representación do Club Bádminton Tui, á primeira concentración territorial en Pontevedra do programa nacional SE BUSCA CAMPEÓN.
A nosa noraboa a estes grandes xogadores cun futuro moi prometedor e a nosa noraboa ao Club Bádminton Tui, pola gran labor e traballo que está a facer. 

CAMPIONATO DO MUNDO DE BALONMÁN FEMININO

Campionato do Mundo de Balonmán Feminino

 

Dende a semana pasada estase a levar a cabo en Alemaña o Campionato do Mundo de Balonmán Feminino, do 1 ao 17 de  decembro de 2017.

Un total de 24 Seleccións nacionais compiten por facerse co título de Campiona do Mundo.

 

A Selección Española Feminina, está a competir tamén, a primeira fase fixoa no grupo A. Podedes seguir o campionato a través de teledeporte o na web: https://es.wikipedia.org/wiki/Campeonato_Mundial_de_Balonmano_Femenino_de_2017

 

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 17-18

       O pasado mércores día 29 de novembro,  tivo lugar a 2ª xornada de Volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Esta foi  a última xornada.

Os nosos 2 equipos Benxamíns foron: 3º Clasificado e 4º Clasificado respectivamente.

Os nosos 2 equipos Alevíns foron: 3º Clasificado e 6º Clasificado.

 Felicitar a tod@s nen@s do colexio que participaron na competición e tamén por suposto aos compañeiros do Cep Pedro Caselles, Ceip Barrantes e Ceip Pintor Antonio de Goián por animarse a vir participar tamén.

Moitas gracias aos profes do equipo de deporte no 2 pola súa axuda e especialmente gracias á profe Lore e a Susi, que sempre están axudando e colaborando nas actividades deportivas do cole

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Cep Pedro Caselles de Tui

Curso 17-18

Luns día 4 de Decembro de 2017

 O vindeiro Luns día 4 de Decembro de 2017 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Cep Pedro Caselles. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºA, 3ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda. 



by Dr. Radut