Skip to Content

Novembro 2015

XORNADAS DE PROMOCIÓN DE BAILE DEPORTIVO

Xornadas de Promoción Baile Deportivo

Ximnasio Ceip Nº2 de Tui

Todos os Luns de Decembro en horario de 17:30h a 18:30h, terán lugar no Ximnasio do Ceip Nº2 de Tui, as Xornadas de Promoción de Baile Deportivo, a cargo do Mestre Miguel Abreu.  Estas Xornadas serán totalmente gratuitas para tod@s @s nen@s de Ed. Infantil e Primaria. Animádevos e vide bailar con nós!!.

2º XORNADA DE VOLEI

2ª XORNADA DE VOLEI

O Mércores día 2 de Decembro, terá lugar a 2ª Xornada da Competición escolar de Volei para @a alumn@s  da categoría alevín ( 5º e 6º). @s alumn@s de 3º e 4º non terán que asistir á competición de Volei, xa que na 1ª Xornada xogaron toda a súa ronda e pasan directamente á Xornada Final, que terá lugar o vindeiro Mércores día 9 de Decembro, onde esperamos contar con tod@s de novo. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

1ª XORNADA DE VOLEI

1ª XORNADA DE VOLEI

O Mércores 25 de Novembro, tivo lugar a primeira  Xornada de Volei, no Pavillón do CEIP de Randufe. Participamos 4 equipos Alevíns e 2 equipos Benxamíns. Pasámolo xenial, aquí vos deixamos algunhas fotos para que poidades ver.


   

IV GALA DO DEPORTE TUDENSE

IV GALA DO DEPORTE ESCOLAR TUDENSE

O vindeiro Venres, 27 de Novembro clebrarase en Tui, a cuarta edición da Gala do Deporte Tudense, será ás 20:30h no Teatro Municipal de Tui.

Os Premios Deporte Tudense 2015 reunirán a numerosos deportistas dos Clubes de Tui, e será a festa do deporte. Aquí podedes atopar máis información:

 

http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3210

 

O Equipo Alevín do Tyde F.C. xoga o VI encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. xoga o VI encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o VI encontro da Temporada o pasado fin de semana, 21 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Esta fin de semana os nenos xogaron en Atios e gañaron 0-14. Ao equipo sentoulles ben a segunda equipación azul celeste.

Adxuntamos imaxes dalgún dos goles que marcaron. Noraboa!!!!!

 

 

A Quinta Futsal alevín xoga os seus partidos de Liga

 

O Equipo Alevín  do Clube a Quinta Futsal de Tui, xogou o pasádo Martes 17 de Novembro de 2015, un novo encotro de liga. O resultado do partido foi:

Amor de Dios de Vigo-A Quinta Futsal.  3-4

Neste equipo xogan Santi, Lucas, Alex, Beltrán...do terceiro ciclo... 

Noraboa boa por este gran resultado.

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto

O Equipo Alevín do C.B. Tui xoga a liga de Baloncesto.

O equipo Alevín, do Club Baloncesto Tui, está a xogar a liga regular de baloncesto. Neste equipo xogan Laura C, Adriana, Sara e Marta, do noso cole.

O pasado fin de semana do 15 de Nov, xogaron co equipo do Celta. O resultado non acompañou as xogadoras tudenses, que a ben seguro xogaron de maravilla.

Celta-C.B.Tui. 65-14.

A seguir xogando con ilusión e facendo baloncesto coma a vós vos gusta.

 

JAVIER FERNÁNDEZ CAMPIÓN DO MUNDO DE PATINAXE

Javier Fernández Campión do Mundo de Patinaxe.

O patinador español Javier Fernández, campeón mundial e europeo, impúxose este Sábado na Copa Rostelecom de Moscú ao completar a presentación do programa libre con un total de 271,43 puntos.

A nosa noraboa a este gran campión!!!!!!!!

Aquí vos deixamos un enlace onde podedes saber máis de esta noticia.

http://www.elmundo.es/deportes/2015/11/21/565089ee268e3ece218b4587.html

 

 

A Quinta Futsal alevín comeza os seus partidos de Liga

O Equipo Alevín  do Clube a Quinta Futsal de Tui, xogou  a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu  encotro de liga. O resultado do partido foi:

A Quinta Futsal-Gondomar Futbol-sala.  0-5

Neste equipo xogan Santi, Lucas, Alex, Beltrán...do terceiro ciclo... 

Ainda que o resultado non foi moi favorable, imos a darlle moitos ánimos para que nas vindeiras xornadas o resultados ao seu favor vaian chegando.

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

RESULTADOS DO CROSS ZONAL DA MACOCA

Xa temos os resultados do Cross que se levou a cabo o sábado 21 de Novembro no campo da Macoca.

Podedes consultar as distintas clasificacións neste enlace de agrudebam.

http://www.agrudebam.es/21.html

Contarvos que contamos con dúas axudantes excepcionais: Marta e Carla de 6ºB

 

 

Contamos que na edición de Faro de Vigo, na sección Campeóns do Mércores 25 de Novembro, se publicou un especial da nosa proba de Campo a Través, na que  saen todos os participantes do noso colexio.

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LALÍN

O Equipo Alevín A do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 15 de Novembro de 2015, o seu segundo encotro de liga. O partido foi C.B. Tui- Lalin, con resultado favorable para o equipo tudense de 5-3/3-3/4-5/8-2. Neste equipo xogan Diego Rodríguez de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

O Equipo Alevín B do Tyde F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín B do Tyde  F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o V encontro da Temporada o pasado fin de semana, 15 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
  Celta-Tyde B F.C.Resultado 3-4.

Con este resultado, os equipo tudense segue con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín A do Tyde  F.C. xoga o V encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o V encontro da Temporada o pasado fin de semana, 15 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
  Tyde A F.C.- Pontellas F.C Resultado 2-0.

Con este resultado, os equipo tudense segue con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

 

XORNADA DE XOGOS POPULARES E BAIXADA DE CARRILANAS

XORNADA DE XOGOS POPULARES E BAIXADA DE CARRILANAS

Coa chegada do Outono....xa cheiran as castañas...e con elas as carrilanas e os xogos!!!!

Este ano debido a choiva tivemos que facer estas actividades en días diferentes, pero non por iso foron menos divertidas

O pasado 27 de outubro fixemos o magosto e tamén un clásico xa na nosa escola: A BAIXADA DE CARRILANAS.

Só podemos agradecer a gran implicación de moitas familias que axudaron aos seus fillos/as a fabricala. O esforzo vale a pena... e senón mirade a cara de felicidade dos rapaces ese día.

Tivemos que deixar, por culpa do tempo, os Xogos Populares para outro día...

O luns 9 de Novembro estivo un día moi soleado...así que... alá nos imos a xogar!!!!!!!.

Aquí temos unhas cantas fotos dos xogos:

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o IV encontro da Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. xoga o IV encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o IV encontro da Temporada o pasado fin de semana, 7 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
 Rosal F.C- Tyde F.C. Resultado 0-5.

Con este resultado, os equipo tudense segue con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

   
   

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LAVADORES

O Equipo Alevín B do Clube Balonmán Tui, comezou a temporada a fin de semana do 7 de Novembro de 2015. O partido foi C.B. Tui- Lavadores, con resultado favorable para o equipo tudense de 13-7. Neste equipo xogan Maia, Lucía, Lucía e Aya.

Noraboa por este gran comezo de liga.

 

O equipo Alevín B do Club Balonmán Tui está a xogar a liga de Balonmán Alevín

     
 

 O equipo Alevín B do Club Balonmán Tui está a xogar a  liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín B do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 1 de Novembro de 2015, no Pavillón de Redondela, contra o equipo da S.A.R. o partido correspondente a liga da competición da Federación Galega de Balonmán

C.B. S.A.R-C.B.Tui O resultado  foi favorable ao equipo Redondelán: 8-4

Neste equipo xogan Lucía, Lucía, Maia e Aya. Imos animalas que de seguro moi pronto chegarán os resultados favorables!!

O equipo Alevín A do Club Balonmán Tui está a xogar a liga de Balonmán Alevín

 O equipo Alevín A do Club Balonmán Tui está a xogar a  liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín A do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 1 de Novembro de 2015, no Pavillón de Tui, contra o equipo Seis do Nadal o partido correspondente a liga correspondente a competición da Federación Galega de Balonmán

C.B. Tui A-Seis do Nadal B. O resultado  foi favorable ao equipo tudense: 12-0/10-0/7-1/10-2.

Neste equipo xoga Diego Rguez de 6ºC.Noraboa Campións!!

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, segue a xogar a liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, 1 de Novembro de 2015 obtivo este resultado:

 Coruxo-Gondomar F.C  Resultado 4-2

A segundaderrota, coa que se atopa o equipo do Val Miñor, nesta tempada. Ainda así segue no máis alto da taboa clasificatoria. Os nosos parabens.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

 
   

O Equipo Alevín do Tyde F.C. Xoga o III encontro da Temporada 15-16.

 

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. xoga o III encontro da Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xogou o III encontro da Temporada o pasado fin de semana, 1 de Novembro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na III xornada de liga o encontro foi: 
 Tyde F.C.- Tomiño F.C.  Resultado 4-1.

Con este resultado, os equipo tudense comeza con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

CROSS ZONAL NA MACOCA

 CROSS ZONAL NA MACOCA

Xa queda pouco para o 21 de Novembro!!!!!!

E que pasa ese día????

Temos o Cross Zonal na Macoca...

Animádesvos todos e todas.... É unha xornada na que o pasamos moi ben, xogamos, corremos e coñecemos a un montón de nenos doutros colexios.

Aquí tedes o papel para poder inscribirvos o antes posible!!!!

 Tamén xa temos os horarios de cada carreira para que vexades a que hora corre cada un. Fai clic aquí

 

FERVENZA DO ÉZARO

A familia de Mónica Prieto Sánchez de 3ºA, deixanos una proposta excepcional, para prácticar deporte en familia. Fai uns días toda a familia disfrutou de este paraiso natural, a Fervenza do Ézaro que está no Concello de Dumbría. O río Xallas remata con esta impresionante fervenza, despois de percorrer numerosos kilometros, para enviar as súas augas directamente ao Océano Atlántico dende esta impresionante Fervenza.

Mónica e a súa familia, anímannos a disfrutar de este entorno maravilloso. Aquí vos deixamos as fotos que nos achegaron e tamén vos deixamos un enlace para que poidades acceder a máis información.

http://www.dumbria.com/texto.php?ids=33&i18n=1

 

 

   

 

 

 

 

 

CAMPO A TRAVÉS NA MACOCA

O vindeiro sábado 21 de novembro, celebrarase na Macoca, a proba Zonal de campo a través. Xa vos iremos deixando máis información polo de agora mirade o cartel de este ano.

 

CALENDARIO DA COMPETICIÓN DE FÚTBOL SALA

En Xaneiro comeza a competición de fútbol sala, aqui tedes o calendario da mesma.

CALENDARIO DA COMPETICIÓN DE TENIS DE MESA

Temos aquí o calendario da competición do terceiro trimestre........é o de tenis de mesa.

Animádevos a xogar!!!!!!!!!!!!

CALENDARIO DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON

Este é o calendario da competición de Bádminton para o vindeiro trimestre.

 

Aínda tedes tempo de practicar. Animádevos!!!!!!!!!!!!

CALENDARIO COMPETICIÓN DE VOLEI

Aquí vos deixamos o calendario da competición de volei no que imos a participar no primeiro trimestre.

Animádevos todos/as a participar!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aquí vos deixamos a folla de inscripción para esta actividade.



by Dr. Radut