Skip to Content

Novembro 2016

URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE

 

Urban Trail Night Eurocidade

 26 Novembro 2016

 Tui -Valença.

 A Eurocidade Tui Valença levou a cabo a primeira proba Urban Trail Night, con un circuito nocturno espectacular pola Fortaleza de Valença, antiga ponte internacional e zona histórica de Tui. 
Esta proba consistiu nun trail Urbano Nocturno que uniu os Concellos de Valença do Miño e Tui.

Tivo lugar o 26 de Novembro a partir das 20:00h ( 19:00h en Portugal), cuns 14 km de percorrido que combinou distintos tipos de terreos: brandos, asfalto, escaleiras, ladeiras, a través dos cales poideronse coñecer e disfrutar os cascos históricos tanto de Tui como de Valença.

Tamén houbo unha andaina de 10km para aquelas persoas que optaron por camiñar e non correr.

Antonio Toucedo (50’17”) e María Jesús Fernández (1h09’14”) proclamaronse vencedores da primeira edición da Urban Trail Night Eurocidade.

A nosa noraboa tanto aos gañadores coma a organización de este evento, un gran traballo e unha gran proba que esperemos que poidamos voltar a disfrutar na eurocidade.

 Podedes atopar máis información en:

 www.urbantrailnight.com

https://www.facebook.com/UrbanTrailNight/?hc_ref=PAGES_TIMELINE

 

 

 

V GALA DO DEPORTE EN TUI 2016

V Gala do Deporte en Tui 2016.

Recoñecer o traballo dos deportistas, clubs, directivos.. no deporte local é o obxectivo da V Gala do Deporte Tudense que tivo lugar o pasado Venres día 25 de Novembro no Teatro Municipal de Tui.

Dende o Ceip Nº2 de Tui queremos felicitar aos antigos alumnos do noso centro Oscar Carrera,  Lucía portela e Raúl Mansinho, ambos galardoados nesta gala do deporte tudense. Oscar Carrera recibiu o Premio Deportista Masculino, Lucía Portela recibiu o Premio Promesa feminina e Raúl Mansinho recibiu o Premio de Deporte Adaptado. A nosa noraboa para estes grandes deportistas.

Na gala tamén houbo outros premios, e non queremos deixar de facer extensible a nosa felicitación aos mesmos, pola súa labor, polo seu traballo, a súa dedicación e o seu bo facer.

  • ·         Mención Especial a Comandancia Naval do Miño coma entidade colaboradora nos diferentes eventos que se realizan ó longo do ano en Tui.
  • ·         GADISA recibíu o premio á firma comercial nesta V Gala do Deporte Tudense pola súa colaboración cos clubes e actividades deportivas da cidade.
  • ·         O Premio Promesa masculina recaeu nas figuras de Adrián Malheiro(Piloto de karts) e Daniel Pérez(Padeeiro). En féminas o premio recaeu en Lucía Portela(Campo a Través) e Lara Feijóo(Padeeira).
  • ·         O Clube Piragüismo Penedo recibíu un galardón na categoría de Promoción do deporte base.
  • ·         Homenaxe a título póstumo a Ángel Barros, quen se iniciou no futbol co Tyde e mesmo creou un equipo de tenis de mesa.
  • ·         Mención especial solidaria para o colectivo SOS Tomiño-Baixo Miño, entidade que traballa coas familias máis necesitadas da nosa comarca.
  • ·         O premio ó Veterano femenino recaeu en Susana Fontán Verde(Tiro) e en masculino Enrique Míguez Gómez(Kayak).
  • ·         O premio ó mellor clube deportivo foi para o Kayak Tudense, cunha longa traxectoria e galardóns a nivel galego, nacional e internacional.
  • ·         Mencións honoríficas ós históricos tudenses: Antonio Giráldez, Lito Pintos, Juan Carlos Pintos, Salvador Iglesias(Vita), Antonia Romero e Dolores Pedrares.
  • ·         Na categoría de deporte adaptado o premio recaeu en Raúl Mansinho Bernárdez, coa práctica de cross no Clube Deportivo do San Xerome de A Guarda.
  • ·         O premio ós mellores adestradores recaeu unha vez máis nas figuras dos adestradores principais do Kayak Tudense, Esteban Alonso e Manuel Pedrares.
  • ·         Na categoría deportista masculino o premio foi para o padeeiro Óscar Carrera Amandi(diploma olímpico 2016) e deportista femenina para Ana Varela, padeeira en k-4.

 

 

 

RUN VIGO. VIGO CONTRA Ó CANCRO

Run Vigo. Vigo contra o Cancro.

O pasado 6 de Novembro de 2016 tivo lugar a carreira Run Vigo. Vigo contra o Cancro.

Nesta edición participaron Ruth Vázquez , Adriana de 5ºC e Daniela de 2ºB. A proba tivo lugar en Vigo ás 10:00h cun percorrido de 5km.

Unha xornada de deporte en familia, onde esta carreira benéfica tiña como obxetivo entregar as donacións a proxectos de investigación locais, contra esta enfermidade.

A nosa noraboa a estas 3 grandes atletas.

Información facilitada pola familia de Adriana e Daniela de Jesús Vázquez. Moitas gracias.

CLUBE BALONMÁN TUI XOGOU CONTRA O ATLETISMO GUARDÉS B

O Equipo Benxamín do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 26 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17, sendo o último da primeira volta.

 O partido foi C.B. Tui-Guardes B, con resultado favorable para o equipo Guardes de 3-5/3-7/6-6/1-7 resultado final 7-1. Neste equipo xogan Uxía, Yosra e Lía Salvado de 3º

Moito ánimo para a segunda volta. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias.

 

FINAIS DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 16-17

 O Mércores día 30 de Novembro,  terá lugar a última xornada da competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Suprimíndose a xornada do día 14 de Dec. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

HISTÓRICOS DO 2

HISTÓRICOS DO 2

A semana pasada recibimos unha gran noticia, Desireé González Cancelas de 2ºC, achegabanos a medalla que gañou o seu pai, Fernando González González, no ano 95-96, cando era alumno do Ceip número 2 de Tui... un recordo para todol@s atletas que ao longo da historia do noso colexio, formaron parte dos equipos que participaron no deporte escolar, acadando grandes resultados para o colexio.

Gracias a Desireé e Fernando por achegarnos aos grandes recordos deportivos do colexio.

 

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

Camping Santa Tegra ( A Guarda)

26/11/16             

O pasado Sábado 26 de Novembro levouse a cabo o Cross Zonal da presente campaña escolar de Campo a Través, no Camping Santa Tegra de A Guarda.

A participación do Ceip Nº2 de Tui foi moi numerosa, e os resultados foron moi satisfactorios……..

Aquí tedes unha pequena mostra da participación dos rapaces e rapazas.

Podedes ver un video da proba e os resultados na páxina: www.agrudebam.es/campo-a-través

 

V GALA DO DEPORTE DE TUI

V GALA DO DEPORTE DE TUI

Recoñecer o traballo dos deportistas, clubs, directivos.. no deporte local é o obxectivo da V Gala do Deporte Tudense que se celebrará este Venres, 25 de novembro, ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui.

Será un evento dinámico, emotivo, de homenaxe e sobre todo a festa do deporte tudense. Amais da entrega dos galardóns de 2016 aos deportistas promesas, veteranos, e seniors nas categorías masculina e feminina tamén se premiará a  clubs, adestradores, deportistas históricos e colaboradores. Tamén está prevista a actuación do grupo Pelepau e Matissando.

A gala contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, e doutras autoridades.

Unha hora antes na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a exposición itinerante Olímpicos Pontevedreses organizada pola Deputación de Pontevedra e que na que figuran os dous tudenses que participaron este ano nos Xogos de Río: Óscar Carrera e Frank Casañas. 

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

Camping Santa Tegra ( A Guarda)

26/11/16

                                                                                         

O vindeiro Sábado 26 de Novembro levarase a cabo o Cross Zonal da presente campaña escolar de Campo a Través, no Camping Santa Tegra de A Guarda.

A saída para tódolos nenos/as que participan nesta competición será ás 9:00h do C.E.I.P. Nº 2 de Tui, ás 9:10h nas paradas de Rafi e Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.

A Chegada  será aproximadamente entre as 14:30 h.

A competición dará comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:45h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 11:00h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:15h para a categoría Alevín Masculina(4º,5º),  ás 11:35h para a categoría Infantil Feminino ( 6º) e ás 11:55h para a categoría Infantil Masculino ( 6º).

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), e a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

            ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 30 de Novembro.

            Podedes atopar máis información da proba na páxina web www. agrudebam.es. ou na sección Deporte no 2 da Web do Ceip Nº2 de Tui.

            Para calquera dúbida chamar o tlfno 650602161.

 

URBAN TRIAL EUROCIDADE

 

Urban Trail Night Eurocidade

 26 Novembro 2016

 Tui -Valença.

A Eurocidade Tui Valença promove a primeira proba Urban Trail Night, cun circuito noturno espéctacular pola Fortaleza de Valença, antiga ponte internacional e zona histórica de Tui.

Esta proba consiste nun trail Urbano Nocturno que une os Concellos de Valença do Miño e Tui.

Terá lugar o 26 de Novembro a partir das 20:ooh ( 19:00h en Portugal), serán 14 km de percorrido que combina distintos tipos de terreos: brandos, asfalto, escaleiras, ladeiras, a través dos cales poderase coñecer e disfrutar os cascos históricos tanto de Tui como de Valença.

Animadevos a participar.

Podedes atopar máis información en:

www.urbantrailnight.com

www.cm-valenca.pt

www.visitvalenca.com

 

 

 

 

CAMPO A TRAVÉS ZONAL 2016-2017

 

 Campo a Través Zonal 16-17.

Camping Santa Tegra ( A Guarda)

26 Nov 2016

            O Vindeiro Sábado día 26 de Novembro vai ter lugar a proba de Campo a Través Zonal da presente campaña Deportiva no Camping Santa Tegra en Salcidos ( A Guarda). Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 18 de Novembro. Atoparedes máis información na web: www.agrudebam.es

Aquí vos deixamos a nota de Inscripción por se vos animades a participar.

 

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO RASOEIRO

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou  a fin de semana do 19 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

O partido foi Rasoeiro do Grove- C.B. Tui, con resultado favorable para o equipo tudense de 2-6/1-4/3-3/5-8/ Resultado final:11-21. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia, Marta de 5ºC, Maya de 6ºB e Lucía de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria de 5ºC e Maya de 6ºB. Moitas gracias.

1ª XORNADA DE VOLEI

1ª Xornada de Volei

Curso 16-17

O pasado Mércores día 16 de Novembro de 2016, tivo lugar a 1ª Xornada da competición escolar de Volei. Tivo lugar  no Pavillón do Ceip Randufe  en horario de  16:30h a 19:30h. O noso centro participou con 3 equipos Benxamíns e 2 equipos Alevíns, foi unha tarde divertida onde xogamos moitos partidos, tal como podedes ver nas fotos que vos deixamos a continuación.

Recordade que a vindeira xornada será o Mércores 30 de Novembro e xa será a gran Final.

XORNADA DE XOGOS POPULARES EN PRIMARIA

Xogos Populares

Despois de un par de intentonas, fallidas por causa da chuvia, o martes 15 de novembro levamos a cabo a xornada de xogos populares con todo ó alumnado de Primaria.

Foi unha xornada de convivencia, e de xogo moi divertida. Da man do alumnado de 6º que foron uns mestres e mestras excepcionais, poidemos practicar xogos de sempre como as canicas, o tres en raia, a corda, a goma, os cromos, as tabas, o pano, o brilé... e xogos tradicionais como a chave, a petanca, a ra, os trompos, carreira de carretillos, zancos...Ademáis este ano que estamos a traballar o barro, aproveitamos este material para xogar con tellas, macetas...con imaxinación calquera cousa sirve para inventar un xogo e pasalo ben cos compañeiros/as.

Aqui tedes unha pequena mostra da cantidade de xogos que fixemos.

III TORNEO DE BAILE DEPORTIVO EUROCIDADE

III Torneo de Baile Deportivo Eurocidade.


O vindeiro Domingo, 20 de Novembro celebrarase  o“Circuito Eurocidade” que constará este ano 2016 de unha única proba que se celebrará xunto ao Trofeo Eurocidade que  se celebrará tamén ese mesmo día

Na proba participaran parellas de Portugal e de España, e o circuito será para competir con diferentes bailes cos que posteriormente se disputarán os Trofeos nacionais e os Open Internacionais.

Animamos  a todo o alumnado do noso centro que xunto ás súas familias disfruten de esta oportunidade de ver o mellor Baile Deportivo do momento en Tui.

 

EQUIPO DE BALONMÁN TUI

O clube de Balonmán Tui gaña ao Galicia Social

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 12 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

 O partido foi C.B. Tui-Galicia Social, con resultado favorable para o equipo tudense de 6-0/5-1/1-9/3-3 resultado final 7-1. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia, Marta de 5ºC, Maya de 6ºB e Lucía de 6ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria de 5ºC. Moitas gracias.

EQUIPO ALEVÍN DO TYDE

O Equipo Alevín A Tyde F.C. xogan a liga federada da tempada 16-17.

O equipo Alevín do Tyde F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da  pasada fin de semana, 12 de Novembro de 2016, foi o seguinte, con estes resultados:

Salceda C- Tyde A F.C. Resultado 0-4

Neste equipo do Tyde xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns a todos os xogadores.

Información facilitada pola familia de Jorge Pascual de 5ºC.

XORNADAS DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 16-17

O Mércores día 16 de Novembro,  dará comezo a competición escolar de volei, a 1ª xornada terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. Este tamén será o horario para as xornadas dos días 30 de Nov e 14 de Dec. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

 

EQUIPO BALONMÁN DE TUI

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LAVADORES

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 5 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

 O partido foi Balonmán Lavadores-C.B. Tui, con resultado favorable para o equipo tudense de 4-5/3-4/0-5/2-5 resultado final 0-8. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia e Marta de 5ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria e polos alumnos de 5ºC. Moitas gracias.

EQUIPO BALONMÁN DE TUI

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO LAVADORES

O Equipo Alevín  do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 5 de Novembro de 2016, o encotro de liga correspondente a liga federada 16-17.

 O partido foi Balonmán Lavadores-C.B. Tui, con resultado favorable para o equipo tudense de 4-5/3-4/0-5/2-5 resultado final 0-8. Neste equipo xogan Iria, Marcos, Lucia e Marta de 5ºC

Noraboa por este gran comezo de liga. 

Información facilitada pola familia de Iria e polos alumnos de 5ºC. Moitas gracias.

EQUIPOS ALEVÍNS DO TYDE

Os Equipos Alevíns A e B do Tyde F.C. xogan a liga federada da tempada 16-17

Os equipos Alevíns do Tyde F.C., xogan a liga federada da Temporada 16-17 Os partidos da  pasada fin de semana, 5 de Novembro de 2016, foron os seguintes, con estes resultados:

Tyde A F.C.- Caldelas Resultado 10-0 

Guardes- Tyde B F.C.-Resultado 7-1

Nestes equipos do Tyde e do Caldelas xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns a todos os xogadores, independentemente do resultado.

Información facilitada polos alumnos de 5ºC.

EQUIPO BENXAMÍN DE BALONMÁN TUI

 

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, xoga o Terceiro encontro da temporada

O pasado Sábado 5 de Novembro o equipo Benxamín do Club Balonmán Tui xogou o terceiro encontro da liga Benxamín federada de Balonmán.

O equipo tudense xogou na Guarda co seguinte resultado.

Guardés B- Tui . 14-2/7-3/5-8/15-10

 O equipo formado polas alumnas do noso colexio Lia Salvado, Uxía Soliño e Yosra Baatti, está moi ilusionado e con gañas de seguir xogando os vindeiros partidos...

Seguro que pouco a pouco os resultados irán chegando...poñédelle moitas gañas e ilusión.

Noticia facilitada pola familia de Uxía Soliño, moitas grazas.

 

 

 

 

EQUIPO BENXAMÍN DE BALONMÁN TUI

 

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, xoga o segundo encontro da temporada

O pasado Sábado 29 de Outubro o equipo Benxamín do Club Balonmán Tui xogou o segundo encontro da liga Benxamín federada de Balonmán.

O equipo tudense xogou en Tui co seguinte resultado.

Tui -Guardés A. 4-6/6-11/3-8/3-13

 O equipo formado polas alumnas do noso colexio Lia Salvado, Uxía Soliño e Yosra Baatti, está moi ilusionado e con gañas de seguir xogando os vindeiros partidos...

 Seguro que pouco a pouco os resultados iran chegando....poñedelle moitas gañas e ilusión..

Noticia facilitada pola familia de Uxía Soliño, moitas gracias.

 

BAIXADA DE CARRILANAS

O pasado venres 4 de novembro, a choiva deunos unha tregua e permitiunos facer a tradicional baixada de carrilanas e o magosto no cole.

Os nenos e nenas trouxeron unhas auténticas obras de enxeñería para tirarse pola costa do colexio, mentres tódolos compañeiros/as os animaban.

Foi moi divertido!!!!! Aqui vos deixamos unha pequena mostra da baixada das carrilanas.

CAMPIONATO GALEGO DE BÁDMINTON

 

Telmo Portela Medalla de Bronce

no Campionato galego de dobres de Bádminton en Ourense.

 

O alumno Telmo Portela ven de acadar a Medalla de Bronce no Campionato galego de Bádminton na modalidade de dobres no campionato que tivo lugar en Ourense a pasada fin de semana. Noraboa a Telmo e ao Club Badminton Tui, pola gran labor que está a facer neste deporte.

 

 

 

COMPETICIÓN DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 16-17

O vindeiro Mércores día 16 de Novembro de 2016, dará comenzo a competición escolar de Volei. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso serán Mércores día 16 e 30 de  Nov e 14 de Dec. Terán lugar  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro Venres día 11 de Novembro. Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.

 Aquí vos deixamos a folla de Inscripción.

 

XOGOS POPULARES INFANTIL

Xornada de Xogos Populares Infantil

O  Xoves día 3 de Novembro de 2016, tivemos a Xornada de Xogos Populares para os nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole.

Os alumnos/as de 6º foron os encargados de ensinarnos aos máis pequenos todos os xogos aos que xogaban os nosos avós: á Chavé, á Rá, ós Trompos, ó Truco, á goma, os Zancos.....foi xenial, con eles e coas nosas profes disfrutamos unha xornada divertida xogando e recordando como se xogaba antes...

Aqui vos deixamos algunhas imaxes desta divertida xornada de xogos e do ben que o pasamos.

VISITAS GUIADAS POR TUI

O concello de Tui organiza unhas visitas guidadas pola cidade, e a varios monumentos. Estas visitas saen da praza do concello e non precisan de inscripción.

 



by Dr. Radut