1ª XORNADA DE VOLEI

1ª Xornada de Volei

Curso 16-17

O pasado Mércores día 16 de Novembro de 2016, tivo lugar a 1ª Xornada da competición escolar de Volei. Tivo lugar  no Pavillón do Ceip Randufe  en horario de  16:30h a 19:30h. O noso centro participou con 3 equipos Benxamíns e 2 equipos Alevíns, foi unha tarde divertida onde xogamos moitos partidos, tal como podedes ver nas fotos que vos deixamos a continuación.

Recordade que a vindeira xornada será o Mércores 30 de Novembro e xa será a gran Final.