Skip to Content

Marzo 2020

Julián queda na casa, practicando actividade física.

Julián queda na casa,

practicando actividade física.

O pasado luns día 30 de marzo, Julián de 4ºB, quedou na casa practicando actividade física coa súa familia. Ao aire libre, a familia organizou probas en circulo do máis creativo, apto para tódalas idades. O que descubrimos é que son do máis veloces, xa veredes no vídeo que vos achegamos.

Estou segura que de seguir  practicando actividade física así, estes días pásanse do máis divertido. Sodes uns campións.

Sara queda na casa, practicando Running.

Sara queda na casa,

practicando Running.

O pasado venres dá 27 de marzo, recibimos noticias deportivas de Sara Riveiro de 3ºB, facíanos chegar  un vídeo, practicando running no seu xardín, xunto a súa familia.

Aquí vos deixamos as imaxes para que  vexades como se divirten e o pasan ben na casa. Moitas grazas a Sara e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos. Sodes uns campións.

Silvia queda na casa, practicando Bádminton.

Silvia queda na casa,

practicando Bádminton.

O pasado mércores día 25 de marzo,Silvia de 6ºB, facíanos chegar algunhas fotos practicando bádminton, na casa coa súa irmá Marta, un deporte que lle encanta.

Aquí vos deixamos un par de fotos, para que vexades como se divirten e o pasan ben na casa. Moitas grazas a Silvia e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

 

Elena queda na casa, practicando actividade física .

Elena queda na casa,

practicando actividade física .

Elena de 3ºA, práctica cada día actividade física, na súa casa co seu irmá, para seguir sendo fantásticos  deportistas.

Aquí vos deixamos un par de vídeos coa súa actividade física creativa, coa que se divirten e pásano ben durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Elena e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.

Xiana queda na casa, practicando actividade física .

Xiana queda na casa,

practicando actividade física .

O pasado mércores día 25 de marzo, Xiana de 3ºB, quedou na casa practicando actividade física coa súa irmá. Pero algo que lle gusta moito e que practica todos os días coa súa familia é actividade física nunha cinta de andar e correr.

Aquí vos deixamos as súas fotos para que vós tamén vos animedes a compartir as vosas. Estou segura que tod@s practicades estes días moita actividade física creativa coa vosa familia. Noraboa Xiana. Sodes uns campións.

Elia queda na casa practicando actividade física .

Elia queda na casa

practicando actividade física .

O pasado luns día 23 de marzo, Elia de 4ºA durante o recreo da súa xornada escolar na súa casa, decidiu facer actividade física, preparou quecemento, despois sesión de Just Dance e finalmente relaxación muscular. Ademais tamén conseguiu que fixera  actividade física a súa familia. Gran traballo Elia. Noraboa.

 Aquí vos deixamos as súas fotos para que vos animedes a facer actividade física na vosa casa, tamén.

Sodes uns campións.

 

 

Xenxo queda na casa, practicando actividade física .

Xenxo queda na casa,

practicando actividade física .

O pasado venres día 20 de marzo, Xenxo de 4ºA decidiu practicar actividade física no seu xardín. Aquí nos deixa un vídeo moi interesante de unha rutina deportiva que el practica de seguido. Xenxo é un deses nenos afortunados da nosa escola que ten un xardín onde practicar actividade física.

Aquí vos deixamos a súa practica creativa, para que a vexades e a tentedes facer vos, enteira, modificándoa, ou facendo a vosa propia.

Noraboa  Xenxo e moitas grazas por achegarnos a túa forma divertida de quedar na  casa.

A educación emocional a través do Mindfulness

 A educación emocional a través do Mindfulness

Este curso dentro do Proxecto Erasmus+, levamos a cabo un curso de formación para mestres e levamos á aula o Mindfulnes. Unha experiencia fantástica para traballar a educación emocional e a relaxación.

 Nas sesións coa poñente tivemos clases teóricas e prácticas. Nas teóricas tratamos as bases do mindfulness, todos os datos necesarios para entender en que consiste, o seu proceso ou os beneficios que pode aportar, entre outros. Na parte práctica elaboramos cousas como apoio ás clases teóricas e traballamos co noso propio corpo.

As sesións do profesorado:

 Traballamos prácticas onde experimentamos sensacións o noso corpo e co dos compañeiros.

Elaboración de cerebros para entender os procesos polos que pasamos e o seu posterior traballo sobre eles, separamos as súas partes e indagamos sobre elas.

 

 Coñecemos os noso sistema nervioso e os órganos, a relación de todo isto na práctica do mindfulness e os seus principios.

Recomendacións de libros por parte da persoa encargada da nosa formación.

Prácticas de respiración con molinillo e globo.

As sesións co alumnado:

O alumnado de educación infantil tivo momentos de relaxación e de sentir o corpo.

Taller de mindfulness para o alumnado de educación primaria no ximnasio do centro.

Iniciación o Mindfulness do alumnado de 6º, respiración profunda. Usando unha corda como elemento para interiorizar o movemento do abdome.  

 O alumnado realizando a práctica de respiración procurando ser conscientes da respiración abdominal e da torácica. Por outra parte, tamén se fixo a práctica de respiración tapando unha fosa nasal e logo a outra.

Alumnado de primaria na iniciación ó Mindfulness, tomar consciencia do estado de calma, quietude, silencio e gozar da respiración pensando en algo agradable e que nos cause unha boa sensación.

 O alumnado de infantil experimenta coas texturas e as sensacións que lles transmiten algúns obxectos descoñecidos.

Unha experiencia moi importante para a vida, coa que esperamos continuar no vindeiro curso.

 

 Mindfulness

We worked Mindfulness in our school in order to improve our way of relax and our emotions.

We had several lessons were we learned how to practice Mindfulness and how to show it to our students.

Teachers practice some exercices themselves or with the help of their mates, such as breathing with the help of a ballon. Besides we learned how our body and organs work.

On the other side, students practice those exercices at the gym, focusing on the breathing with some exercices as breathing with the help of a rope or blocking one nostril.

Suspéndense todas as actividades de Deporte no 2

Suspéndense todas as actividades  de Deporte no 2.

Debido as últimas medidas de protección tomadas dende a Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral para o deporte, debido a pandemia que está a producir polo Covid-19, quedan suspendidas ata novo aviso todas as actividades organizadas dende Deporte no 2.

Sentimos as molestias que isto lles poida ocasionar.

Tenis de Mesa 19-20.

Tenis de Mesa 19-20.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

11 de marzo  de 2020

O vindeiro,  Mércores día 11 de marzo de 2020,  vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 19-20 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 19:30h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Tenis de Mesa 19-20.

Tenis de Mesa 19-20.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

11 e 25 de marzo e 1 de abril  de 2020

        Os Vindeiros mércores 11 e 25 de marzo e 1 de abril, vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º que queiran participar. A data límite de inscripción remata o vindeiro, luns 9 de marzo de 2020. Aquí vos deixamos a folla de inscripción.



by Dr. Radut