Deporte na escola

DEPORTES NA ESCOLA

 

 

        

Deporte Escolar

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER COMPETICIÓN DE LOITA PARA 4º CURSO.Juegos de Andalucía: La Sogatira

13 de abril de 2023

Pav. Vello Tui.

O xoves 13 de abril de 2023, terá lugar para o alumnado de 4º de Educación Primaria, dos centros educativos de Tui. O horario será de 10:30 a 13:00h no Pavillón Vello de Tui. Na xornada levaranse a cabo distintos xogos de iniciación á defensa persoal. Todo o alumnado deberá traer equipación deportiva do colexio, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias están convidadas a presenciar a actividade. Premede na seguinte imaxe para ver o vídeo da competición. 

Agrudebam | Inscricións

Deporte na Escola

A Milla Escolar.

Actividade Física no entorno natural da escola.

Venres 3 de marzo de 2023.O pasado venres, 3 de marzo de 2023, inauguramos no entorno natural da nosa escola, "A Milla Escolar".

 Un percorrido que percorremos por clase e que trataremos de facer a diario, sempre que o tempo nolo permita. Trataremos de percorrer moitas millas para ter unha vida saudable. Nesta primeira xornada cada nivel fixo as súas delicias, incluidos os profes. Noraboa pola vosa participación.

 

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.

 Dinamización Intercentros

 Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Curso 22-23

 Martes, 31 de xaneiro de 2023.

 

 O vindeiro martes día 31 de xaneiro de 2023  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB, 4ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. 

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

 Curso 21-22

 Venres día 18 de Marzo de 2021

    O pasado venres,  día  18 de Marzo de 2021, tivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levou a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes forón 5ºA e 5ºB.

 

Pinchade sobre a imaxe que se atopa a continuación, para acceder a máis fotos e aos resultados da xornada na web da Agrupación Deportiva Agrudebam.

Deporte na Escola

Deporte na Escola

Calendario de Competición 2º e 3º Trimestre

Curso 21-22

Aquí vos deixamos a previsión de actividades para o 2º e 3º trimestre de este curso 2021-2022. Esperamos que participedes moitos. Preme na imaxe para ver con detalle.

Camiño de Santiago Portugués e paseo no Cabo Fradera.

Camiño de Santiago Portugués e paseo no Cabo Fradera.

O mércores, día 27 de maio tivo lugar para o alumnado de 1º EP, unha actividade de sendeirismo para achegarse ao Camiño de Santiago Portugués que ten a súa porta de entrada en Tui e a visita á mesma, no patrulleiro do Miño, Cabo Fradeira.

Unha xornada de colaboración do centro coas familias, a Patrulla Naval do Río Miño e o Concello, onde o noso alumnado disfrutou moito navegando.

 

Calendario de Dinamizacións Intercentros curso 18-19

Calendario de Dinamizacións Intercentros curso 18-19

Aquí vos deixamos o Calendario de Dinamizacións Intercentros para este curso 18-19. Nesta competición competirán o alumnado de 3º a 6º nunha xornada lectiva, na que irá a clase completa. Os deportes que practicarán nesta xornada xunto ao outro colexio participante serán: Minibalonmán, Minivolei, Bádminton, Baloncesto, Futbol-sala e Xadrez.

Os días de competición todos os alumnos terán que traer a equipación do colexio e chandal do mesmo, polo que é moi importante que todas as familias fagan o posible por facerse con ela. Moitas grazas polo esforzo.

Xornada- Data

Zona -Categoría

Centros

1ª Xornada de Xogade

19 Nov 18

6ºA,4ºB

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP Nº2 - CEP Pedro Caselles

2ª Xornada de Xogade

10 Dec 18

6ºC,3ºA

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP  Nº2 – CEIP Sobrada

3ª Xornada de Xogade Tui

14 Xaneiro 19

5ºB,3ºB

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

Ceip Goián - CEIP Nº2

4ª Xornada de Xogade

25Febreiro19

6ºB,4ºC

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP  Nº1 -  CEIP Nº2

  

Xornada de Atletismo en Pista

15 Marzo 19

Zona Baixo Miño:

Tui-Tomiño-Salceda

 Alumnado de 5º

XORNADA DE XOGANDO AO ATLETISMO

Instalacións de PC ou da A Macoca.

5ª Xornada de Xogade

1 Abril 19

5ºC,4ºA

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP  Nº2-CEIP Altamira

Xornada de Loita

17 Abril 19

Zona Baixo Miño:

Tui-Tomiño-Salceda

 Alumnado de 4º

XORNADA DE LOITA

Pav Vello de Tui

6ª Xornada de Xogade

6 Maio 19

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

Para as xornadas aprazadas

Xornada de Xogos Populares

24 Maio 19

Zona Baixo Miño:

Tui-Tomiño-Salceda

 Alumnado de 6º

XORNADA DE XOGOS POPULARS

Instalacións por determinar.

Calendario Competición Deportiva Anual 18-19

Calendario Competición Deportiva Anual 18-19

Aquí vos deixamos o organigrama de toda a Competición Deportiva Escolar para este curso 18-19. Este calendario tratará de axudar a levar a cabo o Proxecto Erasmus+ que está a desenvolver o centro e que ten como obxetivo Promover un Estilo de Vida Saudable e Feliz dende a escola.

 

DEPORTE ESCOLAR 2017-2018

DEPORTE ESCOLAR 2017-18

Comezamos a Campaña do Deporte Escolar 2017/18 no CEIP Nº 2 de Tui.

Nesta campaña participan todo o noso alumnado dende 3º ata 6º de Primaria.

Tamén recordarvos que é convinte facerse coa equipación do centro para participar nas actividades.

Aquí vos deixamos o enlace por se o queredes imprimir.

Calendario de Toda a Competición 17/18

Calendario de Competición 17/18.

 

NOTA DEPORTE ESCOLAR

NOTA INFORMATIVA DO MATERIAL NECESARIO PARA EDUCACIÓN FÍSICA2017-18

DEPORTE NA ESCOLA

AUTORIZACIÓN PARA O DEPORTE ESCOLAR 2017-2018

CALENDARIO ANUAL DA COMPETICIÓN DEPORTIVA ESCOLAR

 Calendario Anual da Competición Deportiva Escolar

Ceip Nº2 de Tui 2016-2017.

 

Aquí vos deixamos o calendario anual da competición deportiva que o noso centro terá durante o curso 2016-2017

Pincha aqui

 

ACTIVIDADES CLUBES DEPORTIVOS DE TUI

ACTIVIDADES CLUBES DEPORTIVOS DE TUI

Dende o equipo de Deporte Escolar queremos animar a tódol@s alumn@s do colexio a facer algunha actividade deportiva pola tarde.

O deporte é saúde tanto física como mental, e en Tui temos a sorte de contar con multitude de clubes que practican deportes moi diversos, para tódolos gustos e todalas idades.

Premendo aqui tedes a relación de todalas actividades deportivas organizadas para o curso 1016-2017.

Distribuir contido