Skip to Content

Outubro 2018

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 28 de outubro de 2018, os nosos deportistas xogaron, a segunda xornada contra o equipo da S.A.R. de Redondela. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-S.A.R: 3-4/2-2/3-4/4-3

Moi bo partido, ainda que o equipo de Redondela foi superior e gañou. Non pasa nada o importante e xogar e facelo o mellor posible.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Deporte en Familia

Deporte en Familia.

Un día en bici con Iker de 5ºB.

Iker de 5ºB quere compartir con nós, un paseo en bici co seu papá, o fin de semana do 28 de outubro de 2018. Xuntos pasaron un día de deporte en familia, no que Iker disfrutou moito. Animádevos todos os alumnos de 5º a disfrutar de moitos días de bici para prepararvos para o Tui en Ruta, que vos espera ao final de este curso.

 

 Gracias á familia de Iker por compartir con nós estes grandes momentos de deporte en familia.

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 23 de outubro os nosos deportistas xogaron, a primeira xornada contra o equipo de Bueu. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Bueu-C.B.Tui: 3-6/2-6/5-5/3-5

Moi bo partido, no que o equipo tudense xogou moi ben e ademáis gañou. Noraboa.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

 Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

O pasado venres 19 de outubro, durante toda a xornada, e con motivo do Proxecto Erasmus que se vai desenvolver no noso centro este curso e o vindeiro en colaboración con varios colexios europeos, desenvolvéronse diferentes obradoiros  para promover este estilo de vida. Todo o alumnado participou neles. Tiveron lugar cinco obradoiros diferentes que foron dirixidos por profesionais de cada temática: horticultores, deportistas, cociñeiros, nutricionistas, destistas, fisioterapeutas...

Os obradoiros foron os seguintes:

·         Ecoloxía e Sementes.

·         Nutrición e Hábitos saudables.

·         Actividade Física regular e alimentación adecuada.

·         Saude: Control Postural, Mindfullness e saúde Bucodental.

·         Reciclaxe.

Os nenos e nenas participaron nunha gran variedade de actividades como primeira toma de contacto con un estilo de vida saudable e feliz que pretendemos potenciar con oso proxecto Eramus+.

V Andaina Arume de Malvas

V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia.

Sábado 27 de Outubro de 2018

O Vindeiro sábado 27 de Outubro terá lugar a V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia. Será gratuita para tod@ aqueles nen@s que se animen a participar.Haberá xogos populares, merenda de abondo e algunha sorpresa. Dende o Equipo de Deporte no 2 animamos a todas as familias a participar nesta proposta de actividade que sirve para promover un estilo de vida saudable e feliz. Para anotarse pódese enviar un e-mail a: arumedemalvas@gmail.com ou chamar ao teléfono: 655602787

 

A MILLA EUROPEA DE LÚA

 A MILLA EUROPEA DE LÚA.

O pasado 17 e 18 de Outubro, Lúa reuniu a tod@s @s nen@s do colexio e convidounos a participar na Milla Europea de Lúa. Propúxolles facer una milla diaria no novo circuito para a milla instalado no patio do colexio. O seu obxetivo sería tentar chegar a Figueira da Foz en Portugal, a Torrevieja en Alicante, a Dublín en Irlanda, a Armagh en Irlanda do Norte e a Varese en Italia. Cada clase que consiga chegar ás vilas dos colexios socios no proxecto Erasmus+ terán un agasallo, para iso terán que realizar a Milla todos os días no recreo para acadar millas.

Esta actividade inspirada nas “ Escuelas de la Milla” é unha actividade que emprega o  entorno escolar e familiar para mellorar a saúde física, emocional e social dos nenos e nenas, por medio da diversión e o compañerismo.

Ademáis de axudarlles a levar un estilo de vida saudable, A Milla de Lúa proporciona a nenos, pais e profesores, unha morea de ventaxas e beneficios.

A actividade consiste en ir facendo millas para ir chegando aos diferente coles  que forman parte do proxecto Erasmus, e cos que estamos a traballar para unha finalidade común, que é promover un estilo de vida saudable e feliz.

O percorrido da milla pode facerse de calquera xeito, andando, correndo, en bicicleta…

Por cada milla que se faga, no colexio, na casa… conseguimos un gomet e  pegámolo nun panel de rexistro que temos en cada clase. Ao final do mes faise un reconto, e imos achegándonos aos diferentes coles. A posición na que vai cada clase tamén está recollida nun gran panel para infantil e outro para primaria no que podemos ir facendo un seguimento para motivarnos.

Para chegar:

· De Tui a Figueira da Foz: 211km-121 millas.

· De  Tui a Torrevieja : 812km-504 millas.

·De Tui a Dublín: 1267km-787 millas.

·De Tui a Armagh: 1374km- 854 millas.

·De Tui a Varese: 1457km-905 millas.

Dende aquí animamos a tódalas familias a unirse a este reto.

CAMPIONATO DO MUNDO DE PATINAXE ARTÍSTICA

 

CAMPIONATO DO MUNDO DE PATINAXE ARTÍSTICA

Os pasados días (do 3 ao 13 de outubro) ven de desputarse na cidade francesa de La Vendée o Campionato do Mundo de Patinaxe Artística, no que a federación española obtivo, una vez mais, uns resultados excelentes.

Comezando pola categoría de Solo Danza, Natalia Baldizzione proclamouse Campiona do Mundo, pasando a ser historia desta modalidade.

En categoría Junior Masculina, Pau García tamén se proclamou Campión do Mundo, logrando remontar o terceiro posto acadado na execución do programa corto.

Na categoría Senior Masculina, Pere Marsinyach proclamouse Subcampión do Mundo.

Pasando xa a Modalidade de Grupos Show, en Grupos Pequenos o CPA L´aldea subiuse ao terceiro caixón do podio co seu fantástico programa “Tame me”. 

Nestes intres, cabe facer especial mención ao grupo Galego CPA Gondomar, que despois dunha fantástica actuación logrou acadar o séptimo posto.

 

Para rematar o campionato e colocar a guinda ao seu inmellorable palmarés, na modalidade de Grupos Show Grandes o CPA Olot proclamouse Campión do Mundo por decimosegunda vez co seu programa “Without options”, por diante do CPA Girona que logrou acadar o segundo posto do caixón co programa “Here I Am”.

 

 

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

O pasado sábado 20 de outubro as profes Eli, Noe, Patri e Sara participaron na V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS, na que camiñaron 8kms terroríficos polos montes de Parderrubias e recibiron algún que outro susto no camiño, de iso se trataba.

Ao rematar, repuxeron forzas cun chocolate quentiño e chouripan!

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença

Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

O pasado domingo 14 de Outubro tivo lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. Foron varios @s alumn@s e familias do noso centro que se animaron a participar, entre eles os alumnos de 5º: Roque, Raúl, Gonzalo e Héctor, tamén se animaron Carolina de 6ºB e o seu pai, a familia Iglesias de Martina de 1º e Carmen de 4º, etc... Todos eles disfrutaron moito da proba, unha sorte poder disfrutar dunha proba de este tipo en Tui e unha sorte que todos os participantes o disfrutaran moito.

 Grazas ás familias de Carolina de 6ºB e de Carmen e Martina Iglesias Estévez por facilitarnos esta información.

Camiño de Santiago. Ponte das Febres

Deporte en Familia.

Camiño de Santiago Portugués. Ponte das Febres.

Carolina de 6ºB e a súa familia, disfrutaron no mes de outubro de 2018 de este entorno natural excepcional e propóñennos disfrutar de deporte familia no Camiño de Santiago Portugués, no tramo da Ponte das Febres. Esta é unha zona moi fermosa, chea de vexetación autóctona, ao lado do río que está moi perto de Tui e que é unha oportunidade única para disfrutar en familia.

Grazas á familia de Carolina por facilitarnos esta información.

Promoción Kayak Polo

Promoción Kayak Polo

O pasado mércores 19 de setembro tivo lugar a promoción de Kayak Polo no noso centro, para o alumnado de 5º e 6º. Contamos coa colaboración de Marcos do Club Piragüismo Penedo, el ensinounos verdadeiras aventuras do Kayak Polo e todas as súas posibilidades para practicalo. Moitas gracias Marcos.

 

Promoting  Kayak Polo

 

Last Wednesday, the 19th of September, the promotion of Kayak Polo took place in our center, for the students of 5th and 6th. We have the collaboration of Marcos from Club Piragüismo Penedo. He taught us real adventures of Kayak Polo and all its possibilities. Thank you very much Marcos.

Promoción de Natación

Promoción de Natación.

O pasado Mércores 19 de setembro de 2018, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pertiño. Moitisimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

Promoting  Swimming

 

Last Wednesday ,19th of September 2018, Juanjo España visited us. Juanjo is a swimming monitor in the pools of Valença and Monçao. He explained in detail how important it is to learn how to swim, it is as important as walking and running, especially when we have the Miño River so close. Thanks you for telling us such interesting things.

Promoción de Padel

 Promoción de Padel

O pasado martes 18 de setembro de 2018, tivemos a Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

 

Promoting  Padel

 

Last Tuesday, September 18th , we were with Samuel from Club Padel 8, which is based in the sports facilities of Guillarei. We learnt a lot about paddle with them and enjoy playing with their equipment. We were also invited to visit the facilities of Padel in Guillarei and enjoy a free session. Thank you very much.

 

 

 

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença. Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença

Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

O vindeiro domingo 14 de Outubro via ter lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. En Valença será pola mañá, as 10:00h e en Tui será pola tarde ás 16:00h. @s nen@s e familias que desexen participar, poden facelo nas dúas probas ou soamentes nunha soa.

As Categorías serán:

Iniciación nenos (individual ou grupo) , categoría pensada para os nenos cun nivel de esixencia física e técnica baixo. Se son menores de 10 anos, recomendamos que a fagan acompañados dun adulto. Se son de 10 ou máis anos, poden ir en grupo ou sós.

Iniciación adultos (individual ou grupo) e Avanzado (individual). Adultos ou nenos con experiencia.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario.

O prazo de inscrición remata o mércores 10 de outubro ás 22:00 horas.

EUROCIDADE 2018 - TUI (tarde)

16:00 Recepción de participantes.

16:15 - Comezo das charlas técnicas (faremos varias ao longo da mañá)

16:30 - Primeiras saídas (existirá horario de saída).

18:30 - Últimas saídas (non se poderá tomar a saida despois desta hora).

19:30 - Peche de meta.

19:45 - Entrega de trofeos.

Podedes consultar o reglamento neste aquí.

Seguimos o Deporte. Tiro

Seguimos o Deporte. Tiro.

O alumno Angel José, quere compartir con nós a súa gran afección polos deportes de Tiro. Esta paixón chégalle da mán do seu pai. O  pasado 29 de setembro Angel José participou no campionato de tiro con Carabina e de Aire comprimido onde gañou dúas medaias de Ouro, proclamándose campión na súa categoría. Noraboa A.J.

Monção e Melgaço Granfondo by Trek. “Aceitar os desafíos faz-nos grandes, Vencê-los torna-nos imortais”.

 Monção e Melgaço Granfondo by Trek.

Aceitar os desafíos faz-nos grandes,

Vencê-los torna-nos imortais”.

O pasado domingo 24 de setembro de 2018, tivo lugar en Monçao e Melgaço unha proba ciclista de Granfondo, baixo o lema "Aceptar os desafíos fainos grandes, vencelos volvenos inmortais". En esta proba a maior parte dos participantes facíano con bicicletas de carretera, sen embargo tamén se podía disfrutar de outros tipos de bicicletas. Podiase elexir entre  tres percorridos ou una camiñata, que cada participante escolleu según a súa condición física, a súa forza mental e o seu afán de superación:

  • Granfondo (131 km  ).
  • Mediofondo ( 106 km ).
  • Minifondo (62 km).
  • Camiñata solidaria.

Nesta proba participaron ciclistas de tódalas idades nas categorías masculina e feminina, un total de 2000 participantes aproximadamente. Unha proba con moita expectación, digna de disfrutar como público ou como participante.  Entre os participantes soaban nomes como o de Juan Antonio Flecha,  Raúl Alarcón ou o galego Gustavo Cesar Veloso, grandes ciclistas.

Pero hoxe para nós, os protagonistas van ser eses ciclistas anónimos que fan posible que estas probas se leven a cabo; esas persoas que cada día collen a súa bicicleta, preparan a proba, visualizan o percorrido e que disfrutan o día da mesma, todo iso unido aos seus traballos diarios. Eles realmente son os heróes de estas grandes probas. Este grupo de amigos apaixoados da bicicleta que decidiron disfrutar esta gran proba, en función das súas posibilidades físicas, mentais e do seu afán de superación. Ti cal escollerías? Con cal de estes ciclistas te identificarías?.

Julián ( O avó de Martín da clase de 3 anos) e o seu amigo Copena dous ciclistas con moita experiencia na volta ciclista a España, decidiron achegarse coa súa bicicleta ata a liña de saída e disfrutar da expectación da proba e animar aos seus amigos que decidiran participar. Algún día, igual eles se animan a participar nunha proba de esta dificultade.

Bego unha ciclista veterana, con moitos kilómetros nas súas pernas, que esta vez optou pola camiñata solidaria, disfrutar e relaxarse nas paisaxes naturais de Melgaço e Monçao .

Juan un ciclista moi experimentado e moi constante que optou pola proba de Mediofondo (106km), onde estaba a meirande parte dos participantes, proba moi intensa, con moita calor e con moitos deportistas profesionais.

Soco unha apaixoada da bicicleta, loitadora e con moita garra, decidiu conquistar a proba do Granfondo (131Km), unha proba moi longa e moi dura, onde demostrou que era das poucas mulleres que se atreveron con esta proba. É moi difícil ver como deporte e muller van collidos da man; Soco ven de demostrarnos que iso é posible.

Todos eles son persoas anónimas que escollen facer deporte, como parte dunha vida saudable e feliz subidos nas súas bicicletas. Un referente para todos nós, para que nos animemos a facer o deporte que nos gusta, sempre escollendo a opción que nos permita disfrutar do mesmo. 



by Dr. Radut